A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 27 de enero de 2014

CRISE NA INDUSTRIA DA ENERXÍA. A EXPLOSIÓN DO OLIGOPOLIO




Roberto Laxe

O goberno, asustado ante a reacción social que podería provocar o anunciado “tarifazo” do 11% no prezo da electricidade, sumado ao 63% desde o comezo da crise, decidiu anulalo. O goberno da liberalización total da economía para “saír da crise” fíxose intervencionista anulando a poxa do 19 de decembro, e impuxo por decreto un prezo notablemente inferior, o 2.3% no trimestre.
Nesa decisión influíu o que remata o período de “graza” electoral que o PP tivo estes dous anos. En 2014 son as eleccións europeas, un verdadeiro referendo das políticas de recorte e axuste, e no 2015 son as municipais, onde este referendo pódese concretar na perdida de poder de concellos e deputacións.

lunes, 20 de enero de 2014

NO MES DE MAIO ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO EUROPEO. UNHA PRIMEIRA APROXIMACIÓN.


Carlos Dafonte

A maquinaria de propaganda das oligarquías nacionais estase a poñer en marcha para convencernos de que as próximas eleccións ó Parlamento Europeo, a celebrar a finais de maio do presente ano, van ser moi importantes para tod@s nós. Aducirán entre outras razóns, que nos atopamos nun momento histórico, que vai ser o primeiro que asuma as modificacións introducidas no chamado “Acordo de Lisboa”, que outorga maiores competencias a esta institución, e un longo etc de argumentos. Pero no fondo o que se está a xogar nestas eleccións e si a cidadanía recupera certa confianza nas institucións europeas, pequena antes da crise, ou si continuou o proceso de deterioro das mesmas.
Polo tanto vamos presenciar nos próximos meses como monarcas e raíñas, xefes de estado e de goberno, primeiros ministros, chanceleres, presidentes de partidos que se autodenominan de esquerdas, por suposto os de dereitas, algúns sindicalistas, intelectuais...medios de comunicación falados, escritos, televisións, en resumo, todos os aparellos ó servizo dos que mandan, vanse poñer en movemento para convencernos da importancia do evento.

viernes, 3 de enero de 2014

GALICIA NO SEU LABIRINTO


Carlos Dafonte

Recoñezo non terlle pedido permiso a García Márquez por utilizar un título dunha das súas novelas para inicia-lo presente artigo; pero pareceume adecuado sitúa-lo noso país nun labirinto de difícil saída a pesares dos “mantras”, consignas ou quizais é mellor chamalas fantasías, que acotío repiten tanto o presidente da comunidade, como conselleiros e militantes do PP, anunciándonos a “boa nova” de que a economía galega atópase, grazas as medidas por eles tomadas, no bo camiño para a saída da crise, o que vai acontecer denantes e en mellores condicións que no resto do estado.
Habería que preguntarlles en primeiro lugar, que entenden eles “por saír da crise” no sistema capitalista. Posiblemente non nos poñeríamos de acordo, do mesmo xeito que non nos poñemos nas medidas que se están a tomar; en particular opino que para os traballadores asalariados, a grande maioría da sociedade galega, como veño repetindo desde hai tempo, só se sairá da crise se cambiamos de modo de produción e o capitalista deixa de ser hexemónico na formación social galega.