O calendario electoral vai marcar dun
xeito determinante os procesos políticos do ano próximo; en
primeiro lugar vai despexar se o réxime xurdido ca aprobación da
constitución séguese a cambalear, afectado polo retroceso dos
dous máis firmes alicerces sobre o que se asenta, o PP e o PSOE,
pola corrupción, o desprestixio da institución monárquica e a
fonda crise económica que esta a beneficiar ós sectores
oligárquicos, a consecuencia das medidas aprobadas nestes once
últimos anos, polos dous partidos que monopolizan o control das
institucións; en segundo se comézase a albiscar unha alternativa,
dentro do propio sistema, que abra como mínimo un proceso
constituínte que sen grandes traumas, poña remedio dun xeito máis
democrático a algunhas chatas do réxime xurdido despois da
desaparición da ditadura.
A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.
G. Lukács
miércoles, 17 de diciembre de 2014
miércoles, 10 de diciembre de 2014
EXTRADICIÓN DE MARTÍN VILLA E UTRERA MOLINA: UNHA ORDE CONTRA O RÉXIME DO 78
Roberto
Laxe
A
orde de extradición emitida pola xuíza arxentina Servini contra 20
ex-altos cargos do franquismo, a instancias de descendentes de
represaliados do franquismo, é un torpedo á liña de flotación do
réxime do 78. Cuestiona unha das súas columnas vertebrais, a lei de
amnistía / Punto Final que permitiu reconverterse en demócratas aos
que participaran activamente da ditadura.
O
franquismo en 1970 viuse na obriga, pola mobilización social interna
e externa, a conmutar as penas de morte do Xuízo de Burgos contra
militantes de ETA. A partir dese momento dá comezo realmente a
Transición; pois é cando a burguesía española busca un recambio a
un réxime agónico, para salvar os mobles. Non quería aventuras que
conducisen a situacións irreversibles nunha década, os 70,
caracterizada polas explosións revolucionarias. Nesa década
prodúcese a vitoria do Vietnam, a revolución portuguesa, a caída
da ditadura grega, a revolución nicaraguana, ... todo como resaca do
maio do 68 francés.
miércoles, 3 de diciembre de 2014
O TRATADO DE LIBRE COMERCIO UE-EEUU CADA VEZ MÁIS CERCA E O SILENCIO SOBRE O MESMO, CADA VEZ MÁIS CÓMPLICE
Carlos Dafonte
Polo seu nome en inglés,
o Trasatlantic Trade and Investment Partnership (TTIP) que eu
denominarei “Tratado de Libre Comercio UE-EEUU”, supoño segue a
negociarse entre a máis absoluta desinformación. Por parte da Unión
Europea, negocia un chamado “Grupo de Traballo de Alto Nivel para o
Emprego e o Crecemento” (HLWG), creado en 2011. Cando o
“Observatorio da Empresa Corporativa”, preguntoulle á Comisión
Europea quen formaba parte do mesmo, contestoulle despois dun tempo
que o grupo “non ten membros identificables” e que “non hai
ningún documento que conteña a listaxe dos autores dos informes”.
Tampouco houbo resposta cando se lle preguntou polos “expertos
externos” nin cando solicitaron listaxe das xuntanzas cos grupos
empresariais, que segundo parece, son os que están a marcar a
axenda.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)