A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 29 de enero de 2016

SOBRE O XOGO DE DEREITAS E ESQUERDAS NO ESTADO ESPAÑOL (II)



Carlos Dafonte

Lectores do meu anterior artigo co mesmo título que o de hoxe, dirixíronse a min, podíano facer poñendo un comentario no blog pero non o fixeron, no senso de que clarificase máis os conceptos de dereitas e esquerdas, necesidade imperiosa cando unha parte da sociedade e en moitos medios de comunicación, afirmase con moita lixeireza, que tal ou cal partido é de esquerdas ou de dereitas. Ou tamén se fai a afirmación, segundo conveña, de que xa non existen nin dereitas nin esquerdas nunha posición moi parecida á de Francis Fukuyama cando nun célebre artigo “decretou” a fin da historia, pois a partir da queda das sociedades que expropiaran á burguesía e a súa incorporación ó espazo capitalista, xa non habería alternativa algunha ó mesmo. Si buscamos máis atrás, esta posición podía conectar cun dos ideólogos do franquismo, Fernández de la Mora, cando afirmou a fin das ideoloxías.
A crise actual, cas consecuencias de fame, desigualdades, perda de dereitos de todo tipo, paro estrutural, étc, deixou clara a necesidade de atopar unha alternativa que non se pode dar, é a miña opinión, dende dentro do sistema; modificando algúns aspectos do mesmo; a única alternativa á situación actual dende o propio sistema, é para seguir afondando nas desigualdades, facelas cada vez máis evidentes, para que unha minoría acade máis poder político e económico.

jueves, 14 de enero de 2016

SOBRE O XOGO DE DEREITAS E ESQUERDAS NO ESTADO ESPAÑOL(I)



Carlos Dafonte

Inmediatamente despois de coñecidos os resultados da xornada electoral do 20 de novembro, puxéronse en marcha dúas operacións políticas, que aínda que pareceran contraditorias, tiñan como obxectivo a estabilidade do réxime actual moi enfeblecido pola crise económica mundial e as particularidades da mesma no estado, e a crise política e social no mesmo, que vai dende a falla de credibilidade da maioría das institucións nadas ca Constitución de 1978, ata poñer en cuestión o poder da clase hexemónica, a oligarquía, e os políticos que a representan. Inestabilidade á que axuda que unha parte importante tanto de sectores da clase burguesa, como dos políticos, incluída a monarquía, inmersos en numerosos casos de corrupción económica, de roubo sistemático dos fondos públicos.

jueves, 7 de enero de 2016

PODEMOS E A REACCIÓN DEMOCRÁTICA



Roberto Laxe
Nos anos 70, cando o mundo debatíase entre unha profunda crise económica despois dos “gloriosos” anos 60, e a extensión dos procesos revolucionarios a todo mundo, que comezasen co maio do 68, tendo como momento cume a derrota da EE UU nun pequeno país do Extremo Oriente, Vietnam, o imperialismo viu perigar o seu poder.