Roberto Laxe
(O que é incrible de España, é que cunha clase política tan inepta
aínda exista o país) (von Bismarck)
A dimisión de Esperanza Aguirre tras o rexistro da sede do PP de Madrid
a pasada semana chegou despois da imputación/investigación de todos os
concelleiros populares de Valencia capital, menos á súa “xefa”, Rita Barberá,
ben parapetada tras o seu cargo de senadora e as súas cortinas. Na comisión de
investigación da Asemblea de Madrid, a preguntas dun deputado, Aguirre
espetou: “dos 500 cargos que nomeei, só dous “saíron ra”. Vaia dous, o
“xerente” do PP Madrid e o Secretario Xeral, Granados, xa no cárcere.