Roberto Laxe
Hai uns anos, cando en calquera parte do mundo producía-se un golpe, ou
un intento de golpe, todo o mundo miraba inmediatamente cara a Washington,
buscando ao responsable; foi en Chile, foi en Arxentina, foi en Nicaragua, foi
máis recentemente en Honduras ou en Venezuela no 2002... O mundo tiña un
goberno claro, e este residía na Casa Branca.
A pasada semana produciuse un intento de golpe de estado en Turquía,
aliado estratéxico da EE UU (non esquezamos que Turquía é membro da OTAN e
Erdogan, que se saiba, nunca expuxo saírse da Alianza), e medio mundo quedou no
aire buscando o responsable... Desde a Casa Branca saíron, cando o golpe xa estaba
medio derrotado, condenándoo, nun alarde de oportunismo, esperaron a ver cal
das dúas fraccións da burguesía turca gañaba, para se situar; porque ningunha
das dúas fraccións cuestionaba esa alianza estratéxica co imperialismo
euronorteamericano que é a OTAN.