Carlos Dafonte
O relevo na presidencia
dos USA se ten producido; un intermediario do capital, un xestor dos
seus intereses, foi substituído por un capitalista que coñeceu
tempos mellores para os seus negocios e chega para liderar a primeira
potencia mundial militar, cuxa economía tamén coñeceu mellores
épocas, agora en declive, rodeado dun goberno formado
maioritariamente por persoas ricas, das que aparecen na revista
Forbes.
Atrás quedan oito anos
que crearan grandes expectativas, tantas que a burguesía mundial,
concedeulle o Premio Nóbel da Paz ó comezo do seu mandato ó
primeiro home negro que chegaba á Casa Branca, case tantas como as
que levantara a señora Tatcher pola súa condición de muller. Cedo,
tanto neste caso como no de Tatcher, a lóxica do capital e da loita
de clases impuxéronse por enriba de calquera outra consideración de
xénero ou raza. Como nos casos de Mandela en Sudáfrica e Mugica en
Uruguai.