A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 3 de septiembre de 2013

OS MEDIOS CONVIRTEN O CASO BÁRCENAS NUN "CULEBRÓN" PARA OCULTAR A CRISE POLÍTICA

Roberto Laxe

Lendo os medios de prensa e vendo as noticias, xurde a sensación de que o “caso” Barcenas semella máis un Culebron tipo Dallas, que un debate político entre responsabéis dos proxectos que, din, van sacarnos da crise.

As informacións que se Cospedal “odia” a Barcenas, que a Soraya “non sabe non contesta”, que se Rajoy faise o tonto, que se Aznar cala, e o seu alter ego, Espe Aguirre apuntase a un bombardeo. Semella que en vez dun partido político, onde se debate, por definición, de politica, é dicer, dos asuntos que atinxen o conxunto da poboacion, falamos dun grupo de amigos que xuntaronse para facer negocios e agora que as cousas ven mal dadas, comezan a pelexar entre eles.


Para non falar do que ha tras todo isto, confundir á poboación e, sobre todo, evitar a politización do proceso, os medios, conscientemente, teñen convertido o “caso Barcenas” nun culebron xudicial, onde os pagamentos parece que faciánse a un individuo, non ao partido ao que éste sr representaba como Tesoreiro.

É preciso acabar coa version frívola do caso Barcenas, e ir ó fondo, ao que realmente é, a putrefacción do partido fundamental no rexime herdado do franquismo, por elo xurde a pregunta obvia, qué ha tras esas acusacións cruzadas de uns con outros, que interese esconden as suas liortas?

Cada época social constrúe e ten os seus protagonistas, mas, mentras non xurden, as inercias inflúen mantendo os do pasado. Os Rajoy, Aznares, Barcenas, Cospedales,…. Como noutro lado os Rubalcababas ou Pepiños Blancos, Chacon e Chavez, etc., son todos fillos dunha época moribunda. Dos anos 90 cando o falar de política, de loita social e proxectos sociais estaba “pasado de moda”, pois según todos os “teóricos” tiñamos chegado o Fin da Historia, e do que se trataba, como recoñeceu un PePero de pro, Zaplana, era “facer negocios”.

A iso adicaronse con forza todos eles, a facer negocios… a xestion da cosa publica, o “facer politica” era a ferramenta para se enriquecer. Confundían conscientemente “política” con “xestion dos talonarios e as subvencións estatais”. Por iso non falan de política, por son uns ignorantes na política, nunca tiveron o menor debate que non fose mais alo de quen ía de primeiro ou segundo na listaxe electoral.

Agora, cando as marxes dos talonarios e a subvencións fanse mais pequenos comezan os problemas e as liortas, sae a relucir toda a súa ignorancia, o seu carácter de capitalismo lumpen, e o unico que saben é facer é o culebron, co metodo dos “tertulianos”, de manobras, insidias, calumnias,….

O que achamos tras estas pelexas é a reubicación –a recentralización do estado é umha das suas patas fundamentais- dos sectores do capital ligado ao aparello estatal, algun chamou-lle “capital castizo”, que procuran manter o poder de saquear as contas publicas, o control sobre os “talonarios e as subvencións”, agora que a tarta estreitase froito dos recortes e axustes. Mas non pensemos que son marxinais á vida economica e politica no Estado Español, nada mais lonxe da realidade, falamos das grandes constructoras e empresas de servizos, OHL, ACS, FCC, etc., falamos dos grandes bancos como o BSCH, o BBVA ou La Caixa, falamos do nucleo duro do capitalismo español.

Mas todo isto, que esta nos chamados “papéis de Barcenas”, non o poden dicer porque terían que recoñecer que levan 35 anos asaltando os orzamentos, como demonstra  a recente nova de que as obras publicas no Estado Español paganse o duplo que na Alemaña, tendo en conta que os salarios son mais baixos; e a isto respostan os despilfarros como os 50 mil millons de euros no AVE e demáis obras faraonicas.  

O culebrón do PPSOE ten como pano de fondo a crise dun modelo de acumulación de capital que chegou o seu final, e pon numha guerra aberta de “todos contra todos”, que a despolitización da sociedade dos ultimos anos convirte nun culebron que daria para ducias de “Dallas”.

A rexeneración democrática pola que abogan alguns pasa pola destrucción de acima abaixo de todas as interrelacions entre os partidos do rexime (PPSOE, CiU, …), as cupulas sindicais de CCOO e UXT, que son parte do problema, e as institucions como concellos, xustiza ou a mais importante, a monarquía, co capital, as suas empresas e bancos. A limpeza de corruptos supon, nin mais nin menos, que pór fin a este rexime, e abrir un proceso constituínte que remate nunha Asemblea Constituínte, onde todas estas institucions sexan revocadas, e a poboacion constrúa umhas novas institucions, libres de calquer ligazon corrupta.

Galiza, no mes de setembro do 2013


No hay comentarios:

Publicar un comentario