A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 24 de noviembre de 2020

O "DESTINO MANIFESTO" E TRUMP.

Carlos Dafonte.


A primeira potencia imperialista do mundo actual, leva moitos anos creando mitos para colonizar as nosas mentes e facernos crer que son dignos de imitación. Dende que se constituíron como os EEUU de Norteamérica, son diversos os intentos de aparecer como unha nación exemplar, loitadora contra o colonialismo das potencias europeas, impulsora da democracia fronte as monarquías absolutas e capaz de entrar en guerra civil, que lles custou máis mortos  que todas as guerras que ían vir xuntas, por unha causa xusta, poñer fin á escravitude.

Hai moitos anos que un presidente dos Estados Unidos de Norteamérica formulou, ó principio da etapa imperialista dos estados que constituían a nación e o formulou baixo obxectivo estratéxico, como non podía ser doutro xeito cunha frase, “América para os americanos”, e dicir os americanos do norte, en concreto a nación que se formara agregando diferentes estado que loitaran contra Inglaterra e constituíran un país dotado dunha constitución, por uns individuos a quen se lles considera os “pais fundadores” a grande maioría escravistas sen escrúpulos, tentaban expulsar ós países colonialistas de todo o continente americano para facelos máis ceibos, pero a razón fundamental era aproveitarse en exclusiva das inmensa riquezas do territorio, como quedou amosado en toda unha serie de ditaduras salvaxes que os USA fomentaron en determinados países e en diferentes épocas para asegurar os negocios das súas empresas.  

miércoles, 18 de noviembre de 2020

QUE POLÍTICA FISCAL HAI QUE FACER?


Roberto Laxe

Nunha sociedade sem clases, sen propiedade privada dos medios de produción, distribución e financeiros, baseada na súa propiedade colectiva, con planificación democrática da economía en función das necesidades sociais, o financiamento non será necesaria, porque o diñeiro como medio de acumulación de capital e de intercambio desaparecería.

As relacións sociais basearanse no principio de equidade, “de cada cal segundo as súas capacidades, a cada cal segundo as súas necessidades”, nunha sociedade onde non se repartirán entre os pobres as migallas que caen das mesas dos ricos, porque non existirán nin pobres nin ricos.

Unha sociedade onde o estado non será necesario, nin fonte de gastos como até agora, senón que a produción será social, e repartida entre ela en termos de equidade, non de igualdade. Este é un concepto burgués, que presupón igualdade entre todos os seres humanos, cando en realidade somos todos distintos e diferentes, cada un ten as súas capacidades e necesidades individuais.

lunes, 9 de noviembre de 2020

A ÁRBORE DA PANDEMIA DÉBENOS DEIXAR VE-LO BOSQUE


Carlos Dafonte

Parece que ninguén quere pensar no despois de que teñamos “dominada a curva”; estiveron dende o inicio e aínda están instalados uns, a dereita conservadora e a ultradereita neofascista ou neofranquista en dicir, dentro do obxectivo de desgasta-lo Goberno, as barbaridades e ocorrencia que lles petasen, instalados en constatar quen di a maior, por exemplo que o estado de alarma era comparable “á ditadura bolivariana”, cualifica-lo Goberno de asasino ou que no estado español tentábase impoñer unha ditadura aproveitando a existencia do virus; mintiras e bulos nas redes sociais, outras veces poñendo atrancos a toda iniciativa do goberno, centrados en discusións de prazos, da extensión das medidas, recursos diante de tribunais, etc. Descentrando en suma o problema real.

E o Goberno, pola súa debilidade, non contar con maioría absoluta e estar formado por forzas distintas aínda que non antagónicas, moi ocupado en dar resposta ás barbaridades e constantes ataques que recibe dende a súa dereita, en lugar de estar en posicións ofensivas.