Carlos Dafonte
Estes días, nos que coñecimos a morte do antigo secretario xeneral do PCUS, Mikhail Gorvachov, se están a reproducir os debates, con moita menor intensidade, que os levados a cabo no tempo da desaparición da URSS, da independencia de moitas das repúblicas que a conformaron, a volta ao capitalismo en todas elas e a liberdade para elixir o seu camiño daqueles países que pertencían o Pacto de Varsovia.
O debate entre os contrarios a actuación de Gorvachov e os partidarios do mesmo, se centraban en acusalo de traidor ó socialismo, renderse ó imperialismo os seus detractores e os que o defendían, que tentara “renovar o socialismo”, darlle un novo pulo por medio do que se coñecía como a “perestroika” e a “glasnost” que non era outro proceso que a democratización da sociedade, o control da mesma sobre todas as actividades dos organismos gobernamentais.