Carlos Dafonte
O ano que ven imos celebrar eleccións para renovar o Parlamento de Galicia e elixir unha nova Xunta. Após de 14 anos de control absoluto do PP das dúas institucións, agás os militantes máis sectarios do partido fundado por Manuel Fraga, unha grande parte da poboación galega, aínda que o seu voto concédanllo ao PP, están convencidos que non se pode seguir sen proxecto de país que é a realidade na que vivimos en todos estes anos de goberno conservador, e que hai unha necesidade urxente dun cambio de rumbo
E para o mes de xuño, anúncianse eleccións para renovar o Parlamento Europeo e elixir novos cargos que ata o de agora repartíanse entre “populares”, “socialdemócratas” e “liberais”.