Carlos Dafonte.
Se algo debe preocupar aos sectores da esquerda, e cando digo esquerda non identificar cos sectores progresistas a quen os medios de comunicación dominados polas grandes empresas, cualifican de “esquerda” nun intento de confundir aos sectores populares e a propia clase traballadora, é que nunha situación tan complexa como a actual, derivada dun cambio na hexemonía e dunha guerra de agresión máis dos USA e os sionistas, no complexo taboleiro de oriente próximo e medio, a actitude da clase traballadora sexa non ter unha posición propia, non xa a nivel internacional, senón a niveis nacionais onde aparece completamente desdibullada e apoiando aos sectores da pequena e media burguesías nacionais, que por moi progresistas que sexan, nunca defenderán os intereses estratéxicos d@s traballador@s.
As xentes de esquerda nunca deben esquecer o que esquecen a maioría dos progresistas, que atopámonos en sociedades capitalistas que non van durar para sempre, divididas en clases sociais onde o papel da clase traballadora que non é propietaria de medios de produción, que vende a súa forza de traballo a cambio dun salario no que non percibe o que lle correspondería polo producido, acción que permite o beneficio de quen a explota; clase traballadora que é mediante o seu traballo a única que crea a riqueza da que outros se apropian e debe producir para soster a toda a sociedade nas súas necesidades materiais, culturais, de protección, etc.