A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 23 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.



Xulia Mirón
Dúas políticas opostas para enfrontalas
Estamos ás portas dun novo 25N día Internacional contra a violencia de xénero, e os sectores máis oprimidos da sociedade seguen sendo protagonistas das loitas que se están dando a nivel mundial, contra a corrupción dos gobernos e en defensa dos seus dereitos.
Nos últimos anos, datas tan significativas como o 8 de marzo e o 25 de novembro enchen as rúas para denunciar a situación de desigualdade  e a violencia que sofren as mulleres todos os días; a toma de conciencia entre o conxunto da poboación fai que se convoquen minutos de silencio diante das institucións cada vez que se produce un asasinato, onde saen todos os partidos, desde o PSOE, que se di feminista, até o máis afastado das teorías do feminismo como o PP.

martes, 19 de noviembre de 2019

PAISAXE DESPOIS DA XORNADA ELECTORAL DO DÍA 10 DE NOVEMBRO


Carlos Dafonte

A sorpresa do pacto de goberno
O que non se conseguiu en varios meses, concretouse, pouco, nun documento que abre múltiples interrogantes e que permitirá un goberno formado polo Psoe e Unidas Podemos si se acadan os apoios necesarios, aínda que sexa en segunda volta no Congreso dos Deputados; si, o Psoe de hai poucos días que convocou eleccións, pois había firmes razóns para non fiarse de Unidas Podemos e das que o separaban moitas cuestións programáticas, como eran a cuestión territorial, unha grande parte do programa económico e o tema da fiscalidade ou a Unión Europea, despois do batacazo electoral do partido que apoia a Pedro Sánchez, todo se soluciona, en menos de 48 horas e o que antes non era posible agora o é; pero todo hai que dicilo, con menos apoios que antes.

miércoles, 13 de noviembre de 2019

É A POLÍTICA, ESTUPIDOS!



Roberto Laxe
Acabáronse os debates. Fixadas as posicións, o próximo minuto de ouro será o de cada votante”. Esta é a última frase da crónica do diario dixital “elplural” é do debate de onte entre varias candidatas.
Con ela define meridianamente o que é a democracia baixo este sistema; unha sucesión de mitenes, de frases e ideas forza transmitidas polos medios, nos que a participación real da poboación redúcese ao “un minuto de ouro”; o tempo de botar a papeleta na urna. Ao día seguinte da chamada “festa da democracia”, que en realidade é un minuto, a poboación deixa de ter a menor importancia, e a “política” volve onde gústalles que estea, nos despachos, nos corredores ou na baratísima cafetaría do Congreso dos Deputados.
Vaiamos por partes, porque a frase ten calado

martes, 12 de noviembre de 2019

PANORAMA POLÍTICO DESPOIS DAS ELECCIÓNS DO 10 DE NOVEMBRO. QUE FACER?.


Carlos Dafonte

(Rematei estas reflexións onte a noite; hoxe ás dúas da tarde Psoe e U.P, presentan o que pode ser un futuro goberno de coalición; aínda que poda parecer que non debía publicalas en Alternativa, coido que para @s que están a seguir os nosos razoamentos, pódenlles servir.)

Os resultados electorais producidos onte, é necesario explicalos desde a perspectiva da derrota histórica da esquerda acontecida hai 30 anos, estes días o capital a celebra e a lembra; derrota que significou a restauración do capitalismo en numerosos países onde a burguesía fora expropiada. Derrota nos países onde dicían avanzar cara ó socialismo, pero tamén derrota non só ideolóxica, moi importante nos países capitalistas, que permitiu situar ás forzas de esquerda fora de xogo, tamén no campo electoral. E cando na perspectiva do pensamento transformador, desde a teoría da praxe que dicía Gramsci, se fala de derrota histórica, se quere dicir que é o tipo de derrota a causa da cal toda unha xeración deixa de considerar que poda cambia-la súa vida a traveso da mobilización social. O que pode explicar que as campañas electorais se produzan nun clima de tranquilidade social e so onde a mobilización se leva a cabo, caso de Cataluña, onde a loita pola República e a independencia considérase un obxectivo posible, ou no País Vasco onde estes obxectivos atópanse latentes, os resultados se poden considerar fora do establecido para o resto do Estado.
Son varios os elementos que habería que considerar despois dos resultados electorais:


martes, 5 de noviembre de 2019

UNHA SITUACIÓN POLÍTICA REACCIONARIA QUE VAI CONSOLIDAR UN NOVO CICLO ELECTORAL E POLÍTICO.


Carlos Dafonte

A situación política de estabilidade da que gozaba o réxime, quebrou e os trazos máis importantes que a indican, as causas desta quebra, son a crise económica, e sobre todo a resposta á mesma que se deu dende as institucións, que fixo apreciar a moit@s que os Estados non son neutrais; o problema sen solución polo de agora, da configuración territorial do propio Estado, o tema de Cataluña, cuxo proceso de independencia comenzou como unha mobilización contra os recortes sociais levados a cabo polos partidos que hoxe encabezan o “procés”; as mobilizacións de sectores de traballadores contra a súa perda de dereitos de todo tipo e a defensa dos servizos públicos, que se poden exemplificar nas chamadas “marchas da dignidade”, mobilizacións que neste período foron moi numerosas; a consciencia por parte de millóns de traballadores da corrupción institucional e o enriquecemento ilícito dunha parte de polític@s dos dous grandes partidos; o movemento coñecido como 15 M ca ocupación de prazas públicas e a crítica aceda ó propio réxime e o sistema de partidos. Todos estes elementos e algúns máis, levaron á quebra do bipartidismo, a dimisión do anterior Xefe do Estado e conseguiu, que o réxime entrase nunha fonda crise cuxa resposta á mesma foi no transcurso destes anos, non hai que esquecer que ocupou o Goberno o Pp por un período de catro anos con maioría absoluta, de carácter eminentemente reaccionario, apoiado en determinadas circunstancias, polo Psoe.