A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 24 de octubre de 2020

O FIN DOS EXPERIMENTOS CON GASOSA DA "NOVA POLÍTICA"


Roberto Laxe

«Os experimentos, con gasosa» (Eugenio D'Ors filosofo nacional católico)

Desde que a forza social xerada pola crise do 15M transformáse-se en partido, Podemos e o que se deu en chamar as súas "confluencias", miles de activistas, non só españois, miraban cos anteollos da chamada "nova política". A entrada de Unidas Podemos no goberno da monarquía, da man dun dos principais apoios do réxime, o PSOE, e os resultados electorais de Euskadi e principalmente Galiza, significa o principio do fin da "nova política" que durante os últimos anos fora o centro do debate na construción da alternativa aos partidos do réxime.

Agora toca facer balance, e ver se as bases teóricas da "nova política" eran realmente "novas" ou só un remedo de vellas receitas, adornadas cunha linguaxe nova, que non escondían máis que conceptos baleiros de contido, que ao chocar coa realidade transformában-se en "experimentos con gasosa".

Os “marxismos” e a eclosión da nova política

A reacción stalinista e a restauración do capitalismo nos estados obreiros burocráticos alimentaron a contradición que Perri Anderson sinala-se, de que tras a burocratización da URSS nos 30/40, a teoría (a loita teórica como parte integrante da loita de clases, como a concibía Engels) quedou reducía a unha “guía/catecismo para a acción”; nunha concepción que lembra aos teólogos da Idade Media respecto ao cristianismo, o marxismo era xa un “corpo teórico acabado” que só cabia interpretalo: todo aquel que quixese criticar o que a Vaticano / Academia das Ciencias de Moscova dixese, era acusado de “herexe trotskista” e anatemizado como pequeno burgués prol imperialista. Este desprezo pola elaboración teórica conduciu á reclusión dos teóricos marxistas nas universidades.

miércoles, 7 de octubre de 2020

O BECHO NOS SITÚA DIANTE DA REALIDADE

Carlos Dafonte


A pandemia que padecemos nos está a situar diante dunha realidade, que en algúns aspectos non ten moito que ver co partido que se atope no goberno, pero en outros moitos si ten que ver co xeito das políticas que aplicaron durante todos estes anos.

En primeiro lugar destacaría a debilidade da nosa economía a nivel do estado e polo tanto, sendo Galicia unha economía dependente dentro do mesmo,  tamén se reflicte na nosa. Non é só pola nosa dependencia do turismo, que parece é o que no reparto internacional do traballo nos teñen asignado, ser un país no seu conxunto de servizos e onde se poda vir de vacacións en busca dun clima benigno e con moito sol e numerosas costas; no caso da nosa terra por sufrir por parte da administración autonómica, a deixadez de non defender os nosos sectores tradicionais, gandaría, pesca,  forestal, sector naval, etc

Lémbrome cando nun extenso artigo dun dos diarios máis importantes, hai máis de 20 anos, establecían as prioridades de investimentos no territorio do estado, segundo a UE. Trazaban un eixo Barcelona-Madrid -Sevilla e todo o que quedaba a súa esquerda, agás Euskal Herría, non había perspectiva algunha de desenvolvemento; o consideraban como un espazo que nunha perspectiva temporal, non debía atraer investimentos dunha magnitude considerable.