A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 23 de diciembre de 2021

A LENTA AGONÍA DO IMPERIALISMO DOS USA.

Carlos Dafonte


Vai ser longa e perigosa e nos vai facer sufrir moito ós pobos do planeta; debemos ser conscientes de que así vai ser. Polas últimas noticias que chegan, os seus dirixentes, institucións e poderes económico-militares están dispostos a facer todos os esforzos posibles para manterse a frote, e obriga-los seus aliados a seguilos na súa carreira desesperada para non perde-la hexemonía.

Unha primeira conclusión dos seus actos levados a cabo estes días, as ameazas a Rusia si invade Ucraína. De que datos dispoñen para facer esas afirmacións?. Que Rusia mobilizou tropas no seu territorio  despois de manobras conxuntas entre exércitos ucraínos e norteamericanos?. Calquera país ten dereito a facer cas súas tropas no seu territorio o que crea conveniente. Pero que fai o exército norteamericano en Ucraína, preto da fronteira con Rusia?. Provocar, conscientes de que instalados no que se denominaba a “guerra fría” vivíase mellor e polo tanto a teñen que tentar reproducir ó custo que sexa, sobre todo despois das derrotas de Iraq e Afganistán, onde quedou claro que, o mesmo que aconteceu en Vietnam, que unha primeira potencia industrial-militar, por moita tecnoloxía de destrución que posúa, pode ser derrotada e ter que abandona-lo terreo sen acada-los seus obxectivos, a non ser que queira meter ó planeta nunha conflagración atómica..

martes, 7 de diciembre de 2021

SE ABRE UN NOVO CICLO ELECTORAL CHEO DE INCERTEZAS.

Carlos Dafonte


Sen darnos conta é posible esteamos a entrar nun novo ciclo electoral, cas case seguras eleccións para a primavera en Andalucía e Castela e León, preludio das xerais do ano 23.

En Andalucía pola negativa do socio do PP, VOX, de aprobarlle os orzamentos, nun endurecemento das súas esixencias e de que consolidan cada vez máis a idea de deixar de ser a organización que lles asegura ó PP, a cambio de nada,  a gobernabilidade, resultado do naufraxio electoral de Ciudadanos.

Están en certa medida, os “neofranquistas” a pasa-la factura pola verbas de Pablo Casado no moción de censura presentada por Abascal contra o goberno “bolivariano, separatista, terrorista e comunista” presidido por Pedro Sánchez, verbas moi críticas e moi duras contra VOX, posición a de Pablo Casado que se foi disolvendo como “azucre no café quente”, a partires da entrada no goberno de Murcia e as boas relación co goberno da Comunidade de Madrid que preside Díaz Ayuso, que pon en cuestión todo o afirmado no discurso de Pablo Casado no devandita moción de censura.