A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 23 de diciembre de 2021

A LENTA AGONÍA DO IMPERIALISMO DOS USA.

Carlos Dafonte


Vai ser longa e perigosa e nos vai facer sufrir moito ós pobos do planeta; debemos ser conscientes de que así vai ser. Polas últimas noticias que chegan, os seus dirixentes, institucións e poderes económico-militares están dispostos a facer todos os esforzos posibles para manterse a frote, e obriga-los seus aliados a seguilos na súa carreira desesperada para non perde-la hexemonía.

Unha primeira conclusión dos seus actos levados a cabo estes días, as ameazas a Rusia si invade Ucraína. De que datos dispoñen para facer esas afirmacións?. Que Rusia mobilizou tropas no seu territorio  despois de manobras conxuntas entre exércitos ucraínos e norteamericanos?. Calquera país ten dereito a facer cas súas tropas no seu territorio o que crea conveniente. Pero que fai o exército norteamericano en Ucraína, preto da fronteira con Rusia?. Provocar, conscientes de que instalados no que se denominaba a “guerra fría” vivíase mellor e polo tanto a teñen que tentar reproducir ó custo que sexa, sobre todo despois das derrotas de Iraq e Afganistán, onde quedou claro que, o mesmo que aconteceu en Vietnam, que unha primeira potencia industrial-militar, por moita tecnoloxía de destrución que posúa, pode ser derrotada e ter que abandona-lo terreo sen acada-los seus obxectivos, a non ser que queira meter ó planeta nunha conflagración atómica..

Do que se trata para os USA, é de recupera-lo liderado mundial moi maltreito despois do acontecido en oriente medio cas súas tropas, pero tamén o liderado do seu modelo de democracia que tentaban exportar como o mellor, o máis aberto, a solución para aqueles países onde segundo o elo forte da cadea imperialista, necesitábano aplicar para acadar a máxima eficacia, transparencia institucional, a felicidade en suma: despois da presidencia de Trump e da traca final do seu mandato co asalto ó Congreso, se viu con claridade nidia que é un modelo rexeitable, que xa o sabíamos polo tema da integración das minorías, a brutalidade policial, o machismo imperante, a corrupción e o control das grandes empresas sobre os lexisladores, etc, pero sobre todo que unha democracia avanzada, que é o que nos tentan vender, non pode sistematicamente exportar ditaduras, impoñer bloqueos e actuar dun xeito caprichoso, ruín e só co obxectivo a nivel internacional, de defender a boa saúde das súas empresas transnacionais.


Teñen que fabricar un inimigo.

É o obxectivo actual dos USA, que poda acreditar como tal no seu propio país e resulte fácil convence-los seus aliados na OTAN, que non teñan dificultades con eficaces campañas nos medios de comunicación de convence-los pobos, da xusteza da acción e do perigo que representa para o “mundo libre”, e poder así levar adiante unha política agresiva e recupera-lo liderado perdido, que permita esquece-las derrotas militares e centre ó seu propio pobo, o pobo norteamericano, axudada a administración pola maioría dos medios de comunicación, en como enfrontar ese reto. Do que se trata e non permitir unha reflexión,  con vagar, sobre o que está a acontecer e o que aconteceu nestes anos, debilidade do seu liderado, crise económica, trunfo de ideas que estaban ó marxe do guión establecido, quebra do seu modelo de democracia, e os centre inmediatamente no novo problema; fronte a un perigoso inimigo exterior, Biden e a súa administración chaman a unidade do pobo, hoxe dividido, tentando así supera-la actual situación interna.

O inimigo escollido é Rusia, que é fácil vender como tal no país, que agás minorías pouc@s coñecerán as diferencias ca antiga URSS, cando Rusia hoxe é un estado rexido por leis neoliberais, capitalista e resultado da derrota e o desmembramento da antiga URSS.

Pero serve de inimigo pois ademais hai un tema pendente de solución, creado despois do golpe contra o constitucionalismo ucraíno de 2014, patrocinado e organizado sen ningunha reserva polos USA, que levou ó poder ós neonazis; pensamento moi estendido no país que prestou un grande apoio á invasión da URSS polas tropas de Hitler en 1941. Apoio que tamén prestou ás algaradas montadas nese ano, que obrigaron a dimiti-lo ó presidente legal e democraticamente elixido, pero que era aliado de Rusia, contrario á OTAN e miraba con certo distanciamento á Unión Europea. 

Naquel momento Victoria Nuland ocupaba un posto relevante na administración dos USA, Subsecretaria de Estado Para Asuntos Europeos e Euroasiáticos,  estabamos na presidencia de Obama; pero antes con Bush tamén o tivo, como hoxe na administración Biden; é un “todoterreo” que serve a calquera administración nos traballos sucios, neta de xudeus ucraínos que tiveron que fuxir da persecución do antisemitismo. Casada con Robert Kagan un dos teóricos máis influentes da rama máis conservadora do Partido Republicano.

Hoxe se lembra de novo unha das conversas desta señora co embaixador do seu país en Ucraína, Geoffrey Pyatt, publicada en You Tube, onde a señora Nuland se implicaba como organizadora dos balbordos que estaban a acontecer, pero sobre todo, coñecendo a incomodidade que a situación ía crear na UE dixo aquel expresivo “¡Fack the EU!” que por si alguén non o entende,    “¡que se foda a Unión Europea!”, amosando o desprezo polos seus “aliados”, ós que se lles debe dar a categoría real de “servos” e sendo consciente de que o resultado final tiña que ser un enfrontamento Rusia-UE, como aconteceu.

Dadas as medidas que os novos gobernantes neonazis xurdidos co golpe fixeron explícitas, de deixar sen dereitos á minoría rusa, a maioría desta cultura existente en Crimea, mediante referendo decidiu separarse de Ucraína, que lle fora regalada polo tsar, e integrarse en Rusia, do mesmo xeito que outra parte do país tamén de maioría rusa, o Donbás, se declarou independente e defendeu cas armas a súa posición. Neste conflito chegouse a un acordo, asinado en Minks, pero ninguén obriga ó goberno de Kiev a cumprir.

Esta situación fixo que a UE como bo sipaio dos USA, tivera que segui-los pasos de quen manda e tomar medidas sancionadoras contra Rusia, que sospeito teñen máis repercusión na UE; por exemplo co tema dos gas, que nos fai subir o prezo da electricidade, cando Rusia está disposta a facer acordos a 15 anos e prezo fixo, mentres o compramos máis caro e a prezos variables sobre todo o licuado ós USA, e como aconteceu hai uns meses, os barcos que viñan para a UE, desviáronse en alta mar cando recibiron unha mellor oferta de China. O peche do gasoduto que dende Alxeria cruzaba por Marrocos, tamén vai influír no prezo deste produto e a cantidade que se nos pode subministrar. Pero ser servos da grande potencia ten estes “contratempos”, hai que seguila en todas as súas aventuras.

   

É comprensible que Rusia se intranquilice ca presenza da OTAN nas súas fronteiras?

Non temos máis que mira-lo mapa para comprende-la importancia do problema; dende que a URSS desapareceu, entraron na OTAN, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Hungria, República Checa, Bulgaria, Romanía e algún outro país máis cativo como Eslovaquia, Albania, Montenegro, que se unen a Turquía para completa-lo cerco con armas da OTAN. Posiblemente dotados con mísiles de cabeza nuclear.

Se miramo-lo mapa, comprenderemos perfectamente tamén a campaña en todos os medios contra Bielorrusia e o intento varias veces de desestabiliza-lo país, que xunto con Ucraína, son os que quedan por entrar na OTAN, esa organización agresiva, antidemocrática que nunca debeu existir e que serve dun xeito fiel os intereses dos USA.

Campaña na que se asegura que en Bielorrusia hai un réxime cruel que é necesario tirar abaixo,   nembargantes en Ucraína, tanto os USA como a UE, afirma Rodolfo Bueno nun artigo publicado en Rebelión “Dicen que desde 2014, los gobiernos de Kiev son democráticos y ocultan que los nazis que están en el poder queman vivos, arrancan ojos, descuartizan y disparan a los miembros de la oposición; propagan ideas chovinistas, antisemitas, anti rusas, anti polacas; saludan al estilo nazi y portan sus insignias; profesan culto a los que colaboraron con los ocupantes alemanes en el exterminio de millones de soviéticos durante la Segunda Guerra Mundial...”.

Rusia, cuxo réxime non esperta en min o máis mínimo entusiasmo, debe estar preocupada polo acoso á que a somete a OTAN, do mesmo xeito que @s traballador@s da Unión Europea, debémolo estar pola nosa pertenza a ese organismo e a actitude servil dos nosos gobernos cos USA.

Polo tanto a idea de “OTAN non, bases fora”, así como retoma-la loita por unha alternativa ó sistema capitalista na súa fase imperialista, deben tentar arrexuntar, despois dunha campaña de explicación levada a cabo polo miúdo, a unha parte importante da xente que quere vivir tranquila, sen ter sobre a súa cabeza o perigo dunha confrontación, que só pode beneficiar a quen é o elo forte dunha cadea imperialista, en franca decadencia.


En Galicia no mes de decembro de 2021


No hay comentarios:

Publicar un comentario