A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 29 de abril de 2017

UMHA OUTRA AVALIACIÓN DAS ELECCIÓNS FRANCESAS

Roberto Laxe
Hai unha máxima que di: "canto máis vello, máis pelello"... Pois como bo tópico ten un elemento de verdade. A experiencia que dá o tempo permite diferenciar o que é "novo" de verdade do que non é máis que um "reciclado" de vellas teorías.
Para o prol Melenchon en Francia perderon as organizacións políticas "tradicionais", seguindo o ronsel de cando o ascenso de Podemos afirmouse que a "nova" política desbancara á "vella" política das organizacións tradicionais, ou na Grecia con Syriza.
Que é a "vella" política; pois o neoliberalismo, porque que eu saiba desde 1991 no mundo non hai outra alternativa que políticas neoliberais nas súas máis diversas variantes; neo liberalismo puro ou a súa variante progresista, o social liberalismo. Así que en todo caso, os que perderon son as vellas políticas "neoliberais", sexan a través da dereita ou da "esquerda" (admitindo o PS como animais de compañía).

viernes, 21 de abril de 2017

RENDA BÁSICA, SEMENTEIRO DE SUBVERSIÓN?




Roberto Laxe
É un feito indiscutible que o desenvolvemento do capitalismo xerou un nivel tecnolóxico e capacidade produtiva que pon en perigo, non só à natureza, senón à base de sustentación do ser humano, o posto de traballo; afectando a todo tipo de nivel de cualificación profesional. As dúas forzas produtivas fundamentais que Marx sinalaba,a terra e o ser humano, están en perigo pola supervivencia das relacións sociais de produción capitalistas.
Ante esta ameaza máis que real, coas consecuencias de aumento das desigualdades sociais, distúrbios e crises sociais, púxose na axenda política o debate sobre a necesidade de estabelecer unha Renda Básica, presentada, por certo, polos seus sectores máis progresivos, comosementeiro de subversióne que xera ilusións en sectores sociais de que é posible unha saídapacificaá crise do sistema.

Dúas visións da Renda Básica
Neste cadro xurdiron voces expondo que a sociedade xera riqueza suficiente como para que exista unharenda básica, igualitaria e incondicional para todos os cidadáns /as, independentemente dos seus ingresos ou de se teñen traballo ou non. Neste camiño, países como Finlandia cun goberno de centro dereita, xa comezaron a experimentar cunha renda básica, universal, de 560 euros, para pasar nun segundo momento, aos 800; independentemente da situación laboral do cidadán / a.
Pola súa banda, grandes empresas do Silicon Valley e sectores do capital, están a estudar introducir propostas semellantes e introducen unha variante, que modifica o carácterincondicionalda proposta, transformándoa nun Ingreso Mínimo, condicionado ao cumprimento duns requisitos, a que se cumpran unhas condicións de pobreza, traballo,... , como fan agora as Rendas de Inserción.
Esta concepción non deixa de ser a caridade cristiá elevada á categoría de política de estado. Os pobres, os ameazados deexclusión socialcomo se di agora, non terían que mendigar unha esmola na porta dunha igrexa, fariam na porta dunha institución do estado (ou dunha ONG subvencionada para tal fin) para recibir esa esmola. O drama social é que aexclusión social, a pobreza, este camiño de deixar de converter-se nun feito marxinal e ser a forma de vida de máis da metade da clase obreira. Hoxe,ter traballo xa non é garantía de non ser pobre.

domingo, 16 de abril de 2017

UNHA ANÁLISE DA SITUACIÓN POLÍTICA INTERNACIONAL NA PRIMAVERA DE 2017



Carlos Dafonte.

Algúns dos seus elementos.

Os “novos EEUU” da era Trump
O elemento político máis novidoso e o afondamento das contradicións, que cada vez máis se poñen de manifesto entre as potencias imperialistas centrais e a viraxe na estratexia deseñada por Obama e os demócratas introducida pola administracións republicana, respecto ás relacións con Rusia e China.
A pesares de ter dado “marcha atrás“ na súa posición inicial respecto a China, parece que a ofensiva levada a acabo por Obama, simultánea contra China e Rusia, se vai centrar máis sobre a primeira, pois os resultados da política anterior, potenciaron o acercamento ruso-chino, aspecto que se quere debilitar.
Pero de ser así, esta nova política vai deixar un flanco aberto na UE, que da man de Obama tomou medidas contra os perdedores da revolta inducida polos EEUU, en Ucraína, é dicir contra Rusia, e agora o acercamento Trump-Putin deixa á UE en “fora de xogo”.
Esta situación tamén es percibida polo goberno de ultradereita-nazi de este país que nos últimos meses, posiblemente para concitar a axuda dos EEUU está a lanzar ataques militares contra a zona que se declarou independente, o Donbass, e bloqueando todas as vías de comunicación para os produtos industriais da zona, cuxos medios de produción son propiedade de capitalistas ucraínos, que teñen visto como as súas empresas como resultado desta nova presión realizada polo goberno ucraíno, lles son ocupadas e  arrebatadas polos independentistas. Esta reactivación do conflito busca que Rusia reaccione dun xeito que obrigue ós EEUU a volver á política de enfrontamento levada a cabo por Obama. Non hai que esquecer que volver ó enfrontamento armado é un xeito de libera-la presión, busca-lo patrioterismo, en momentos nos que o FMI exixe, rebaixa de pensións e salarios, e privatización de terras e servizos para facer efectivo a última parte do préstamo concedido. A poboación en Ucraína atópase ó límite; o presidente do Consello da Asociación Empresarial Europea, fixo unhas declaracións, nas que aseguraba que o ucraíno era o mercado de traballo máis barato, que se pagaba a hora a mitade do que se paga en China.

lunes, 10 de abril de 2017

GALICIA: A CLASE OBREIRA EN ESCENA, CONSTRUÍNDO A UNIDADE DESDE A BASE



Xulia Mirón
Algúns poderían esperar que a maioría absoluta do PP nas últimas eleccións galegas ían garantir paz social, e nada máis lonxe da realidade. Desde que as gañou, as mobilizacións sociais non deixaron de crecer en extensión e cantidade de xente mobilizada, cunha dinámica de aumento de resistencia aos plans da Xunta de Feijóo.
Comezaron en decembro as traballadoras de política social contra a perda dos seus postos de traballo, como persoal laboral da Xunta, folgas en Ferroatlántica contra as ameazas sobre os postos de traballo, traballadoras do téxtil e Pescanova, traballadores/as de Correos, que se sumaron ás folgas nacionais e estatais no ensino, Telemarketing e a conflitividade nos Portos.
Pola súa banda, as Marchas da Dignidade convocaron unha importante manifestación que foi aproveitada por sectores sociais para expresar a súa unidade fronte aos ataques, cos e as pensionistas á cabeza, mentres o domingo 5 e o 8 de marzo, miles de mulleres saían á rúa para esixir os seus dereitos, continuou o 10 de Marzo, Dia da Clase Obreira Galega e seguiu o 16 de marzo coa manifestación unitaria de varios sectores, en Santiago contra a precariedade laboral do persoal das administracións públicas, convocada desde a base.

domingo, 2 de abril de 2017

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO E A "NOVA" POLÍTICA.

Roberto Laxe

Ana Ponton, no discurso final da XVII Asemblea do BNG na Coruña, fixo un chamado a loitar por "un governo nacionalista", num mar de críticas à "nova" política, defendendo o caráter rupturista do programa do BNG. Partindo dum acordo com essas críticas à "nova" política -por certo, falta umha referencia non ao militar de Podemos, senón ás declaracións mais perto de nós, de Villares e a relixión-, está claro que xurdem questiones que fan dubidar do verdadeiro caráter desse "governo nacionalista".