A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 28 de mayo de 2021

O "CASO" PABLO IGLESIAS

Carlos Dafonte.


Non teño a intención de poñer a Pablo Iglesias a altura do capitán francés Dreyfus, acusado inxustamente de traizón por ser xudeu, que foi a causa de que o escritor Emil Zola escribira o célebre artigo titulado “Eu acuso”, nin ó do matrimonio Rosemberg, en plena efervescencia da  denominada “guerra fría”, cando nos países capitalistas onde os comunistas que foran quen con máis vigor loitaran contra a invasión da Alemaña nazi e pola liberdade, foron expulsados dos gobernos, e este matrimonio acusados de pertencer ó Partido Comunista dos Usa, tamén o foron de traizón, condenados e  asasinados na “cadeira eléctrica.

Non, non teño a intención de comparar ó que lle ten acontecido a Pablo Iglesias nos curtos anos da súa vida política despois do 15 de maio de 2011, cando ducias de milleiros de persoas tomaron as prazas de moitas cidades e vilas no territorio do estado, para proclamar, berrar, que estaban fartos da política levada a cabo polo bipartidismo rampante, que a crise seguira a caer sobre as costas d@s traballador@s, dos xubilados, das clases populares, dos que en verbas moi utilizadas en Galicia “sofrían a historia”; movemento que se concretou nunha frase, ó marxe doutras moitas que se acuñaron por esa época, “non nos representades”. Non teño dicía intención de comparalo con nada acontecido con anterioridade, pero penso que é un síntoma que debe preocupar.

viernes, 14 de mayo de 2021

10 ANOS DESPOIS. O 15 M, A "NOVA POLÍTICA", PODEMOS E A CLASE OBREIRA.

Roberto Laxe

Cando a chamada “nova política” adquiriu un grande protagonismo, a mediados da década pasada, con éxitos electorais senlleiros como o de AGE, As Mareas e Podemos, semellaba que as vellas organizacións era un feito a sua morte. Hoxe é evidente para calquera que non se pode repartir a pel do oso antes de que este morra.

Algunhas das “vellas” organizacións, e nomeadamente o BNG, sobreviviron o terremoto, mentres a “nova política” é un recordo que só conseguiu a decepción e a crise de centenas de activistas que honestamente creron que ía cambialo todo. Alén mais, o final, non so non cambiaron nada, senón que todas as forzas políticas que xurdiron nese fenómeno están integradas de cheo no réxime e no sistema, comezando pola que chegou mais alto, Unidas Podemos.

sábado, 8 de mayo de 2021

GAÑA EN MADRID O MODELO DE POPULISMO TRUMPISTA. ISE É O MODELO A EXPORTAR A TODO O ESTADO?


Carlos Dafonte.


Un modelo que ademais non lle fai ascos a pactar co “neofranquismo”, pois para sacar adiante algunhas leis, necesita a maioría absoluta e só a ten, si Vox lle apoia e coñecemos que agás en poucas ocasións, en política os apoios non se dan gratis. Pablo Casado debe clarexar a contradición entre o seu discurso cando Vox presentou unha moción de censura contra o goberno presidido por Pedro Sánchez e as posicións actuais en certas Comunidades do partido que preside.

A min gústame falar de “neofranquismo” máis que nomear a Vox como fascista ou nazi; en iso son moi conservador e dende hai moitos anos teño moi gravado como caracterizou o XIII Pleno do Executivo da Internacional Comunista ó fascismo, que recolle Jorge Dimitrov no seu informe ó Plenario da Internacional Comunista en agosto de 1935. Como “a ditadura terrorista aberta dos elementos máis reaccionarios, máis  chouvinistas e máis imperialistas do capital financeiro”. En ese mesmo informe Dimitrov cualifica ó “nazismo” como “a variedade máis reaccionaria do fascismo”. E o fascismo como o instrumento a utilizar contra o avance do movemento obreiro tanto no plano sindical como político, en momentos en que lle disputa á oligarquía o poder.