A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 14 de mayo de 2021

10 ANOS DESPOIS. O 15 M, A "NOVA POLÍTICA", PODEMOS E A CLASE OBREIRA.

Roberto Laxe

Cando a chamada “nova política” adquiriu un grande protagonismo, a mediados da década pasada, con éxitos electorais senlleiros como o de AGE, As Mareas e Podemos, semellaba que as vellas organizacións era un feito a sua morte. Hoxe é evidente para calquera que non se pode repartir a pel do oso antes de que este morra.

Algunhas das “vellas” organizacións, e nomeadamente o BNG, sobreviviron o terremoto, mentres a “nova política” é un recordo que só conseguiu a decepción e a crise de centenas de activistas que honestamente creron que ía cambialo todo. Alén mais, o final, non so non cambiaron nada, senón que todas as forzas políticas que xurdiron nese fenómeno están integradas de cheo no réxime e no sistema, comezando pola que chegou mais alto, Unidas Podemos.

No camiño, teñen deixado un deserto social, con organismos baleiros de contido, sen perspectiva política e activistas en crise absoluta. 

Non serve de nada laiarse do que “puido ser e non foi”, e analizar as causas de como chegouse a esta situación.

O 15 M, as suas debilidades

Cando o 15 M centenas de miles de persoas no Estado Español ocuparon as prazas de todo o estado, baixo influencia das revolucións árabes en Tunez e Exipto, había dous lemas co definían, un, “non nos representan”, dous, “chámanlle democracia e non o é”.

Ambas eran a manifestación do rexeitamento social á traizon do goberno de ZP ao famoso “non nos falles” do 2004, cando gaña as eleccións. ZP e o PSOE dacordo coa Unión Europea, en maio do 2010, desatan umha verdadeira guerra social contra a clase traballadora decretando duras reformas laborais, de pensións, da Constitución (artigo 135 para o pago da debeda), etc., alén do “cepillado” da reforma do Estatut catalán, que esta na orixe da agudización da crise política do réxime do 78, como despois se vería no 1 de outubro do 2017.

Fronte a esta ofensiva do goberno central, en acordo coas políticas restritivas da UE impulsadas por Merkel e o capital europeo, as centrais sindicais, os partidos da esquerda, nacionalista ou non, fican en silencio. Ate ese momento eran o apoio fundamental do goberno de ZP tras a derrota de Aznar nas eleccións do 11 M do 2004 e os atentados de Atocha, polo que quedaron descolocados ante ao xiro manifestamente antiobreiro e anti popular do goberno que apoiaban.

Nesta situación de crise económica, social e política, a xuventude, á que lle prometeran que se formaba, estudaba carreiras e facía masters, tiña un futuro de “traballo fixo, adosado e vacacións pagadas”, sintese traizoada. Nin traballo fixo, nin chalet adosado nin vacacións, o unico que lle ofrecen é precariedade e emigración.

O 15 M é a explosión social dumha xuventude sen tradicións políticas e de loita, educada na paz social do neoliberalismo, esa “longa noite de pedra” dos 90 no que co “auga suxa” do estalinismo, tiraron “o neno” do marxismo. A demostración práctica de que tras o Muro de Berlin non existía socialismo tivo esta contraditoria consecuencia, as vellas organizacións que dexeneraran burocráticamente (os Pcs) non existían ou eran moi debiles, mas nas mentes desa xuventude xa non existía 

Un capitalismo que ate o 2007 / 8 dixera-lles que tiñan un futuro esplendoroso, se se facían “emprendedores”, se esforzaban, se traballaban moito. No 2011 comprobaron que eso era mentira; que foron defraudados, como berraban nas manifestacións: “non é umha crise, é umha fraude”. Non entendían que “crise e fraude” son dúas formas de se manifestar o capitalismo como sistema social.

O 15 M, como despois o Occupy Wall Street, foi un berro de indignación ante a estafa polo incumprimento das “promesas” que o sistema fixera-lles. Mas era umha indignación sen fines sociais, pois non rompían coas causas estruturais que levara-lles a esta situación: foran educados no capitalismo como única sociedade “realmente existente”, e non eran capaces de ver mais alo dos seus limites expresado na teoría de que a “clase obreira desaparecera”, e con ela a loita polo socialismo.

Como moito eran capaces de ver mundos pos apocalípticos e un mundo cheo de conspiracións, alimentado pola cultura cinematográfica dos anos 90, no que os filmes políticos non reflectían a loita de clases, como acontecera no cine dos años 60 e 70; senó n que estaban cheos de conspiracións no que a loita de clases non existía, todo era resultado duns individuos que pelexaban polo ou contra o poder.

A imaxe de Pablo Iglesias regalándolle ao rei Felipe VI a serie Xogo de Tronos define graficamente a experiencia política da xeración protagonista do 15M, e que despois encheran as listaxes electorais da “nova política”. Esta concepción da loita política como un “xogo de tronos” entre individuos, sen relación algumha coa loita das clases, é o pior do que o 15 M puxo de manifesto.

O comezo do fin do ciclo do 15M: as Marchas das Dignidade

O momento mais agudo, e progresivo, do proceso aberto o 15 M foron as Marchas da Dignidade e a convocatoria da manifestación de marzo do 2014. Naquel momento, desde as MMDD comezábase a dar un proceso que de cristalizar, podería ter dado un salto na loita de clases.

As MMDD introducían no fenómeno do 15 M o que ao 15M faltáballe, a perspectiva de clase. Coas MMDD a clase obreira aparecía na loita; tras a folgas xerais contra as políticas do PSOE e o PP, e o silencio das grandes centrais sindicais, aparecía tras organizacións obreiras non controladas polos partidos do réxime, o 

Estábase conformando unha alternativa social ás organizacións que apuntalaban o réxime desde a clase obreira, CCOO e UXT. Esto asustou, e de que maneira, á todo deus; desde os partidos da esquerda do rexime ate o proprio capital, e a consigna foi clara: hai que desviar ese potencial como fose. Aquí aparece Podemos, con toda a sua carga mediática -Publico, La Sexta-, que convértense nos seus voceiros.

A MM DD foron dinamitadas desde dentro, fomentando as pelexas entre os aparellos que as conformaban, e desde fora, fortalecendo a via electoral a través de Podemos. Había que sacar a loita da rúa, das folgas xerais, das “mareas” sectoriais na educación, na sanidade, etc., e levalas ao pantano das eleccións e o parlamentarismo.

Pablo Iglesias e o núcleo “irradiador” da Complutense, apoiándose numha terminoloxía ambigua, aparentemente radical como “asaltar os ceos”, “imos abrir un proceso constituínte”, máis baleiro de contido social, conseguiron, co apoio de vellos dirixentes da esquerda galega e española, autoenganados polas sucesivas derrotas que sufriran desde a Transición, desviar toda a potencia social acumulada desde o 15M.

Non é responsabilidade exclusiva deste “núcleo” o telo conseguido; contaron coa colaboración activa de organizacións políticas en ruptura aberta co seu pasado marxista revolucionario (Anticapitalistas), e ducias de cadros e ex dirixentes da esquerda revolucionaria (do trotskismo, do maoismo, do anarquismo), aos que o Muro de Berlín caera na cabeza e deixara parvos. Sen eles o “núcleo irradiador” non houbera chegado onde chegou, pois aportaron a experiencia e os coñecementos políticos dos que a xeración protagonista do 15M carecía.

A liquidación das MMDD foi o comezo do fin do 15M, pois ao integrarse nas institucións pola vía de Podemos e a “nova política” rompeu coa sua esencia política aceptando esta democracia, cando o 

A morte do 15 M: por un 15 M obreiro

A entrada de Podemos no goberno co PSOE, baixo as siglas de Unidas Podemos -fagocitando a Esquerda Unida-, é a certificación “notarial” de que o proceso aberto no 2011 morreu. A grande maioría das persoas que protagonizaron as mobilizacións deses anos, ou ben están integrados nas institucións a través das múltiples variantes da “nova política”, Podemos, Mareas, Comúns, etc-, ou ben están en crise aberta, decepcionados e sen perspectiva.

A incapacidade conxénita da “nova política” para dar o salto fronte o réxime e o sistema, e non se integrar nas institucións como fixeron, estivo na teoría política na que baseouse: na concepción de que a clase obreira xa non é suxeito social da transformación; que as raíces sociais da política non existen, que só é unha pelexa “polo discurso e os espazos” na lóxica de Xogo de Tronos, nun “quita ti para poñer-me eu”; e que non é umha guerra entre as clases con proxectos sociais alternativos e opostos polo vértice, imposibles de conciliar.

Indubidablemente o 15 M foi a ruptura de toda unha xeración cos partidos do rexime, e as consecuencias aínda temos que velas; mas sen un fin claro. Foi a intuición de que algo fallaba, mas non se sabía que era o que fallaba, e, sobre todo, non existía na conciencia da poboación umha conciencia clara de que o capitalismo ten un final ao que hai que levantarlle umha alternativa social.

Se sumamos dous e dous, o resultado é evidente: se admitese que “a clase obreira e socialismo” non existen e, poren, non son alternativa de nada, e se ves que o capitalismo ten fallos mais debidos á cobiza individual ou erros na xestión, e non ás causas estruturais do sistema, está claro que non vas moverte dos limites do capitalismo.

O cine político ianqui educa moi ben nesta perspectiva: todas as conspiracións débense á cobiza de individuos, mesmo moi poderosos, que é desmontada por uns medios / detectives / xornalistas, e o final o sistema reconstrúese; porque, no fondo, o sistema “funciona”: “ben está o que ben acaba”. Esta foi a mensaxe que a xeración protagonista do 15 M recibira o longo dos anos 90 e comezos do 2000.

A 10 anos do 15 M xa temos umha perspectiva histórica como para comezar a tirar conclusións, entre outras, porque nestos 10 anos o mundo viviu, e vive, umha verdadeira “revolución” a todos os niveis que a pandemia veu a agudizar ate extremos insospeitables. A conclusión fundamental, ligada ao análise do que acontecera no 2014, é que o principal limite do 15 M foi a falta dumha alternativa social ao capitalismo. O “medio sen fin” que foi hai que transformalo nun “medio con fin”.

Se algo demostrou a pandemia é que clase obreira non só existe, senón que toda a sociedade descansa sobre ela. Quen foi o que neste ano de covid garantiron como puideron a saúde, a alimentación, o transporte das mercadorías necesarias, as comunicacións para atender á xente, etc.? As e os traballadores da saúde, do comercio e alimentación, do transporte, das telecomunicacións ... Os capitalistas, os donos das empresas (grandes, medianas e pequenas) so souberon pedir axudas, ERTEs e subvencións, mentres os e as asalariadas xogaban a saúde nos seus postos de traballo.

E a segunda conclusión é que se non houbera beneficios que garantir como fose (esto é o que significa que “a economía non caia”), se non houbera propiedade privada dos medios de produción e distribución num mercado onde todo comprase ou vendese (desde as mascaras ate as vacinas), a loita contra a pandemia dirixida polos traballadores e traballadoras seria moito máis efectiva, e, sobre todo, estaría mais pendente da resolución das necesidades sociais e non dos beneficios empresariais. E ista defensa “do social” é “socialismo”, e que a defensa “do común” non é outra cousa que “comunismo”.

Desde unha perspectiva histórica, o 15 M cumpriu un papel moi importante: puxo de manifesto o que moitos dicíamos desde facía tempo, que ao réxime do 78 “chámanlle democracia e non o é”. 

Embora, non un partido calquera da clase obreira, senón un partido revolucionario da clase obreira. Na historia houbo moitos partidos obreiros, “comunistas” e “socialistas”, mas a súa burocratización, a súa integración no sistema parlamentario burgués é umha das causas de que o 15 M, cando esplodiu ha 10 anos, rexeitara a organización na clase obreira, pois asociábase “partidos” a “réxime”. E non ían desencamiñados.

Esta é a segunda lección do 15M, fronte os sistema capitalista, fraudulento e en crise, non collen “medios sen fin”, nin medias tintas que fiquen dentro dos seus limites... Hai que ir máis alo, loitando polo “asalto aos ceos” desde as raíces sociais da única clase que pode facelo, a clase obreira. Calquer outro “asalto os ceos” que non parta destas raíces só conduce a pactos co PSOE.

En Galiza no mes de maio de 2021


No hay comentarios:

Publicar un comentario