A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 21 de diciembre de 2020

O VOTO E A DEFENSA DAS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS

Roberto Laxe

“Non se valora unha cousa ata que se perde” (do refraneiro popular)

As cartas dirixidas por decenas de militares retirados ao rei e á UE, xunto coa ameaza dalgúns de que hai que fusilar a “26 millóns de persoas”, para “salvar España”, debería provocar un verdadeiro terremoto social. Porque non son unha saída de ton as ideas de ex altos cargos do exército que non fai moito tiñan mando sobre unidades militares, xunto co silencio do que é o seu Xefe, o rei; son unha ameaza en toda regra ás liberdades democráticas que contan con portavoces políticos (Vox).

Pois ben, ese terremoto social non se produciu; as organizacións que son parte deses “26 millóns”, é dicir, as da clase obreira e os pobos do estado, salvo excepcións, miraron para outro lado coma se non fóra con eles. E nada máis lonxe da realidade; a universalización das liberdades democráticas son unha conquista dos pobos que lle arrincou á burguesía, tras moitos anos de loita e sufrimento.

jueves, 10 de diciembre de 2020

UNHA TENSA SITUACIÓN POLÍTICO-SOCIAL Ó REDOR DA APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS.


Carlos Dafonte.


O Goberno central conseguiu a aprobación dos Orzamentos Xerais no Congreso dos Deputados para o ano que ven, nos que se incorporarán as axudas que imos recibir da Unións Europea, como elemento motor dese cambio de política que se ten producido: da política de austeridade que se mantivo perante estes anos, a unha política de gasto público, neokeynesiana, con obxectivos concretos como son entre outros, modificar o noso sistema produtivo.

En principio parece unha boa noticia, após de estar xestionando estes anos os orzamentos prorrogados elaborados en tempos do PP, con algunhas modificacións. Orzamentos que non facían fronte a “nova situación”, a pandemia, que afecta a todos os aspectos da vida d@s traballador@s e tamén o tecido empresarial, dende a pequena e media empresa ata a grande e ó número considerable dos coñecidos como autónomos.