CADA VEZ ATÓPASE MÁIS PRÓXIMA A DERROTA DA OTAN EN UCRAÍNA.
Carlos Dafonte.
Zelenski marchou ufano co seu “Plano para a Vitoria” aos USA e participar na Asemblea Xeneral da ONU, e atopouse que a súa intervención foi seguida por menos representantes que o ano pasado. E protestou diante dos seus xefes, xa que albiscou que posiblemente non premeran o suficiente, pero ninguén lle fixo caso.
A paiasada do seu Plano foi acollida polos medios dos USA, o seu principal valedor, como una lista de intencións pero moi distante do obxectivo da vitoria, o mesmo que aconteceu coa Administración demócrata, cando no momento da presentación desmorónanse a maioría das frontes de combate e as forzas da Federación Rusa avanzan en todos eles.