Carlos
Dafonte
Día
1º de maio.
1886.
A celebración do primeiro de maio está ligada a loita polas oito
horas nos EEUU. En outubro de 1884, no congreso celebrado en Chicago
da American Federation of Labor (A.F.L.), prodúcese un cambio de
táctica; pásase de presiona-lo poder político para que lexisle a
favor das 8 horas diarias de traballo, lexislación que os patróns
non cumprían nos casos de existir, a comezar a preme-las patronais.
Apróbase
unha resolución, convocando para que a partires do 1º de maio de
1886, case dous anos máis tarde, todas as organizacións obreiras
fixaran a xornada laboral nas 8 horas. A resolución aprobada no
congreso perdeuse, pero coñécese a aprobada polo Comité Executivo
permanente a proposta de Gabriel Edmonston, que compartía a idea de
levar a cabo o 1º de maio de 1886 unha grande mobilización obreira
polas oito horas.
As
razóns pola que se escolleu esta data non esta clara; se dan
numerosas explicacións, desde que esa é a data da gran folga dos
traballadores da seda en 1531 en Lucca, Italia, ata que é a posta en
marcha do ensaio dos seguidores de Owen de New Harmony. A explicación
máis racional é que o 1º de maio nos EEUU coincidía co comezo do
ano de traballo para a contratación de servizos.
