A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 28 de febrero de 2012

GALICIA NA ENCRUCILLADA

Carlos Dafonte



                                                             Galicia entrou na crise sistémica con retraso; o mesmo que lle ocorreu ó estado español. As economías máis febles do sistema capitalista, os elos máis febles da cadea imperialista, entran na crise un tempo máis tarde que os países máis poderosos, pero cos seus efectos multiplicados.
Esta situación fixo pensar hai uns anos, a gobernantes e oposición do estado, vendo que unha grande parte da UE -15 entraba en recesión e aquí se seguía a crecer, que atoparan o “bálsamo de fierabrás”, o remedio anticrise. Para o PP as causas estaban nos oito anos do goberno Aznar e os “grandes logros” en materia económica dese período, que en realidade axudou a asentar-los alicerces do que agora  nos acontece; para o PSOE, os 400 euros por traballador, o Plan E, quitarse a garabata nas oficinas para aforrar aire acondicionado,  regalar bombillas de baixo consumo e minguala velocidade por estradas e autovías e outras simplezas polo estilo, facíanos ser exemplo e dar consellos ó resto da U.E..

domingo, 12 de febrero de 2012

O XUÍZO A GARZÓN E A GAITA DE FRAGA

Roberto Laxe
As diferenzas entre o trato que estan a sufrir estas duas persoas é significativo da realidade do rexime español actual. Mentras o xuiz que quixo investigar os crimes do franquismo senta non banco dos acusados, o ministro de Franco foi despedido por todos como un “democrata”, com funerais de estado.
O rexime español xurdido da Transición é un caso de amnésia colectiva, no que as xeneracions mais xoves teñen bloqueado o acceso o que significou, e significa ainda, o franquismo e os seus herdeiros para o conxunto da poboacion: para eles Franco foi un vello un pouco cascarrabias e autoritario, Fraga un democrata e o rei quen truxo a democracia ao Estado Español, como se fose un agasallo e non o resultado dunha durisima loita popular.