
As diferenzas entre o trato que estan a sufrir estas duas persoas é significativo da realidade do rexime español actual. Mentras o xuiz que quixo investigar os crimes do franquismo senta non banco dos acusados, o ministro de Franco foi despedido por todos como un “democrata”, com funerais de estado.
O rexime español xurdido da Transición é un caso de amnésia colectiva, no que as xeneracions mais xoves teñen bloqueado o acceso o que significou, e significa ainda, o franquismo e os seus herdeiros para o conxunto da poboacion: para eles Franco foi un vello un pouco cascarrabias e autoritario, Fraga un democrata e o rei quen truxo a democracia ao Estado Español, como se fose un agasallo e non o resultado dunha durisima loita popular.
Para eles o franquismo é auga pasada que non move muiños, e un rexime autoritário, mas non o responsabel, como foi, dun dos xenocidios mais salvaxes da historia recente de Europa, so comparabel o acontecido na Alemaña nazi. A Italia fascista nin de lonxe achegase á brutalidade do franquismo para com a sociedade, coa clase traballadora, os pobos e os oprimidos (a brutalidade dos falanxistas contra as mulleres tem difícil parangon).
O mundo do reves
Imaxinemos, por un instante, que nos Procesos de Nuremberg onde foron xulgados os responsabéis do rexime nazi, se admitira umha querella contra os xuices que fose interposta pólos herdeiros de Hitler e Mussolini.
Imaxinemos que a alcalde de Berlin quixera poñer umha rua ó ministro de Informacion nazi, Goebbels (o ministro de Informacion de Franco nos 60 foi Fraga Iribarne, ainda non era Don Manuel).

O resultado da Transicion Española é que os Fragas/Goebels, os Francos/Hitlers/Mussolinis, e os seus herdeiros controlan os limites que a memória histórica pode pasar, administran a victoria do rexime xurdido trás a Guerra Civil, conseguindo o mundo do reves.
Os defensores da “liberdade” e da “democracia” son aqueles que, non so non loitaron contra a dictadura, senon que partiparon dela e nunca a condenaron. Alem mais, Fraga, como o rei, nunca falaron contra a dictadura, o primeiro seguiu reivindicando a sua participacion nos gobernos franquistas e o segundo nunca xurou lealdade á Constitucion que lle garante os privilexios que tem, mas si xurou lealdade trás a morte de Franco, aos Principios do Movimento Nacional (a Constitucion Franquista).
As consecuencias prácticas
Non é um exercício de nostalxia o recordar o que pasou, porque o que pasou esta moi presente em todos os eidos do presente, e senon que lle pregunten ao mesmo Garzon, que esta a ser xulgado pólos franquistas.
Mas, vaiamos por partes, desde baixo ate a cima da sociedade para ver que este “mundo o invés” tem un obxetivo bem actual.
1.- A lei de amnistia/punto final tem dous aspectos, un, o de librar aos responsabéis da respresion da xustiza, ao equipara-los côas suas victimas. A Amnistia liberou a victima e verdugo, a os torturadores e os detidos, a xuices que serviron baixo o franquismo e os xulgados e enviados a prision pólas leis do rexime.
Por outra banda, ha un aspecto esquecido, e que teria consecuencias directas na economia, foi o de amnistiar os delitos econômicos cometidos no franquismo. O franquismo non só foi un rexime autoritário no político, senon que o autoritarismo permitiu á clase burguesa destruir todas as conquistas da clase traballadora, facendoa retroceder anos.
Tamen, sirviu para que toda umha camada de oportunistas, corruptos e arribistas fixeran verdadeiras fortunas com o contrabando e o expolio das propriedades de todo aquel que fose acusado de simpatizante republicano. As suas propriedades eran embargadas e repartianse entre os alcaldes, os dirixentes da Falanxe e demais organizacions do franquismo, nomeadamente o OPUS DEI, a partir da década dos 60. Asi se fixeron algunhas das fortunas que hoxe son parte da estructura econômica española, xente como Ruiz Mateos, Villar Mir, a familia March, etc., etc., son exemplos desta burguesia ligada estructuralmente o franquismo.
Por ultimo, a Igrexa que santificou a Guerra Civil como Cruzada contra o Comunismo, viu todos os seus privilexios garantidos e aumentados de maneira exponencial (o negocio que moitas ordes relixiosas montaron ao redor da venda de recien nacidos, que está a saltar ás noticias, é parte dese enri quecimento), privilexios que todos os gobernos da “democracia” mantiveron e aumentaron.

Os exemplos recentes da nacionalizacion dos bens da familia Bem Ali em Tunez são paradigmáticos do que a Amnistia española evitou; que a familia Franco e toda a sua corte perdera os bens roubados ao pobo. Na Galiza existe un dos exemplos máximos desta realidade, o Pazo de Meirás, propriedade da familia da escritora Emilia Pardo Bazan, entregado á familia Franco pola contribucion “voluntaria” dun dia de salário dos funcionários do estado na Coruña, e nunca devolto nin os seus proprietários orixinais ou ao pobo galego. Segue sendo unha residência da familia Franco.
2.- O aparello do xudicial. Adoitase dicer que hoxe temos liberdades democráticas e que isso fai do estado español actual esencialmente diferente á dictadura; que estamos homologados o resto de Europa.
É certo. Hoxe se poden facer cousas que nos tempos do franquismo daria cós osos na prision. Mas... quen garante estos direitos? Que os administra? Acaso non semellan mais umha concesion que umha conquista real?.
O xuizo a Garzon é o maximo expoente desta realidade: a Falanxe, o partido que debería estar no banco dos acusados por ser a organizacion que deu a base politica e ideoloxica o franquismo (foi o seu partido nazionalsocialista), é quen tem sentado ao xuiz Garzon por querer investigalos.
O aparello do estado franquista/falanxista baseabase nun principio ideoloxico “supra clasista”. Segun eles as clases sociais estaban superadas, definiánse “nin capitalistas nin comunistas, nacional sindicalistas”. Toda a estructura social do estado estaba em funcion desta teoria, e así construiron o que se deu em chamar o “sindicato vertical”, onde convivían a clase traballadora, os seus representantes os enlaces sindicais, e a clase capitalista, e toda umha morea de institucions destinadas ao pacto social, á “conciliacion” dos intereses de ambos, em funcion dun bem superior, “a nacion española”, “única e indivisible”.
Desde os organismos de Conciliacion previa aos xuizos na Maxistratura de Traballo, que era un tribunal especial para asuntos laborais, todo era feito a través do Sindicato Vertical. Os funcionários e sobre todo os xuices desta maxistratura eran falanxistas.
Cando se produce a transicion toda esta estructura “especial” para asuntos laborais mantense. So legalizanse por fora as organizacions sindicias e patronais, mas a loxica da concertacion social, da resolucion dos conflictos a través da conciliacion, e sobre todo o control dos ex falanxistas sobre esta jurisdiccion especial. Em fin, a loxica da superacion dos conflictos de clase por un bem superior, a “nacion”, segue a ser a dominante, borrando as fronteiras das clases sociais.
Mas non foi so na xurisdiccion laboral onde se mantiveron as estructuras separadas. O franquismo tiña outra xuridiccion especial, a da orde publica, co seu tribunal especial o TOP (Tribunal de Orden Publico) onde se levaban os xuizos por motivos políticos.
Os Pactos da Transicion, vulnerando um dos princípios básicos da xustiza burguesa, o da unidade xurisdiccional –non existen tribunais especiais, esa é umha das sinais de identidade dunha dictadura, onde existen tribunais militares, relixiosos, ideoloxicos, etc.-, mantivo tamen a xurisdiccion especial para delitos políticos, e a Audiencia Nacional continua a laboura represiva dos vellos Tribunais de Orde Publico.
3.- A dignidade das famílias e as victimas. Cando os franquistas, e mesmo os “democratas” de toda a vida, queren xustificar o non levantar os cadáveres dos mortos da represion sacan o argumento de que mortos “houbo nos dous bandos”, e que os do chamado “bando nacional”, tamen teñen direito á sua memória. É umha mentira e, ademais, un insulto ás victimas de “bando republicano”.

Os do “bando nacional” estan dignamente recoñecidos, mentras negan o recoñemento, mesmo o enterro digno dos mortos republicanos. A sua venganza chega ate que as victimas do terrorismo teñen mais recoñecemento que as victimas do franquismo.
As consecuencias prácticas é que hoxe calquera politica que se queira levantar a prol dos traballadores e as traballadoras, dos pobos, non só bate directamente com o goberno de quenda, senon cunhas estructuras econômicas, políticas e ideoloxicas que son fillas directas do franquismo, que dan homoxeneidade ao goberno de quenda e o bipartidismo. Alguen entenderia un goberno dos traballadores baixo as institucions xudiciais, políticas e econômicas que veñen do franquismo?.

Quen son os responsabéis desta historia o reves
Que as forzas políticas que veñen do franquismo non condenen o rexime que lles da orixe, é loxico; que forzas que, presentandose como democratas, como o PP tampouco o fagan, tamen é loxico. O PP, a sua esencia, é a de ser o verdadeiro administrador do rexime herdado da dictadura.
Cando a mobilizacion da clase traballadora e o pobo fai entrar em crise ao franquismo, nun cadro internancional de ascenso revolucionário (em 1975 os ianquis abandonan Vietnam, em Portugual vivese umha verdadeira revolucion e em Grecia rematan coa dictadura dos coronéis e botan fora o irman da raiña Sofia, o rei Constantino), a burguesia española dividese em duas opcions para encarar a transicion.
Umha, representada por Adolfo Suarez (ultimo Segredario Xeral da Falanxe), que construe a UCD como a maneira mais “liberal” de encarar a transicion. Outra Fraga Iribarne e os “Sete Magnificos”, todos eles figuras do franquismo,... que construen a Alianza Popular, representando os sectores más duros da dictadura que co correr do tempo tranformase no PP.
É a corrente de Adolfo Suarez a que encabeza a Transicion, e consigue pactar côas forzas da oposicion, agrupadas na PlataJunta democrática, e nomeadamente co PCE e as CCOO, que eran as principais forzas políticas e sociais da oposicion o franquismo.
O PCE pacta, e impon, sucesivamente os Pactos da Moncloa no eido econômico, e os Pactos Constitucionais co recoñecemento da monarquia na xerarquia do rexime e na cuestion das nacionalidades a estructura do estado, freando a exixencia do direito á autodeterminacion. Posteriormente, e trás o 23F, introducirase um retroceso maior coa LOAPA, á que o PCE oponse.
O culmen desta politica que chamaban de “reconciliacion nacional” foi a lei de Amnistia/punto final, côas consecuencias que analizaronse mais arriba. A “reconciliacion” fixeronna as victimas, os traballadores e as traballadoras, os pobos e os oprimidos, com os seus direitos, a sua dignidade esquecida por todos. O PP, a direita, non so non reconciliou com ninguen, senon que considera o PSOE como un parasito o que hai que soportar para que faga o traballo suxo

Garzon non é un santo, baixo a sua xurisdiccion vulneraronse os direitos de todo un pobo, o vasco. Baixo a “teoría” de “todo é ETA” e a Lei de Partidos, ilegalizaronse organizacions, fundacions culturais, rádios e xornais, detiveron activistas políticos e sociais; o seu papel foi ser a punta de Lanza do rexime que hoxe sentao como acusado. Mas Garzon, frente á maioria do aparello xudicial español e como demonstrou no procesamento a Pinochet e a apertura dos xuizos pola Memoria Historica, tem umha independência que asusta aos franquistas e os seus herdeiros ou albaceas testamentários.
Isto tem que dar pistas do futuro represivo onde queren chegar. O PP no goberno, coa crise que se vive na Europa, vai necesitar dun aparello represivo, xudicial e policial, disciplinado, sem “xuices estrela” que podan cuestionar as medidas franquistas que vai a adoptar.
Este é outro dos elementos que a esquerda actual, ancorada na estabilidade, nos pactos da Transicion do pasado recente, non entende. A defensa de Garzon non é incondicional e non se pode separar da denuncia do rexime monárquico, das bases legais que lle dan forma como a lei de amnistia, da ruptura coa constitucion que se construiu a partir dela.
Os franquistas, o TS herdeiro da dictadura, as suas organizacions como a Falanxe non teñen ningun direito a xulgar a ninguen, son eles os que teñen que respostar diante da poboacion por ter feito ou xustificar un rexime que provocou centos de miles de mortos, exiliados e represaliados. Em todo caso, a Garzon quen lle tem que pedir responsabilidades son aqueles que sufriron a represion nas suas carnes, o pobo basco, os activistas e as organizacions disoltas polo “xuiz estrela”, e que despois demostraronse falsas acusacions como o caso de Egunkaria.
A defensa das liberdades democráticas em perigro exixen poñer a cada que non seu sitio, A Garzon e a Fraga, e sobre todo ter claro cal é o inimigo.
Galiza, febreiro de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario