
Obama, que levantara tantas expectativas nos sectores “progresistas” de todo o mundo, demonstra e demonstrou que non tem outro proxecto que a continuidade nas políticas imperialistas dos USA. Esos sectores confiaron em que a sua figura serviria para que o capitalismo mundial recuperase o liderazgo que precisa para sair da crise, despois do desastre da administracion Bush.
A persistência na crise, que entra no seu 5º “ano triunfal”, a retirada de Iraq, deixando um país em ruínas e sem control, o déficit ianqui disparado e a perda de credibilidade interna de Obama, cumha popularidade baixo mínimos e un ascenso das mobilizacions sociais, certifica o signo dos tempos: o imperialismo non tem “liderazgo”, direccion política que lle permita encabezar a recuperacion da taxa de lucros e a saída da crise. Nin a Union Europea, que esta batendo côas suas limitacions obxectivas para se desenvolver como unidade politica real, nin Xapon, estancado desde os anos 90, son quen de resolver a contradiccion.

Neste marco hai que ver todas as guerras como a de Irán, ocultas ou non, e rearmamentos que ao longo do planeta están a producirse. Iran, como todo o Proximo Oriente, é desde ha ducias de anos un dos puntos neuralxicos da situacion politica mundial –“nada nun mar de petróleo”, dixo Bush pai antes de atacar a Iraq na I Guerra do Golfo-, ao que véu engadirse as revolucions árabes e no concreto, a revolucion síria, que como Iran, son aliados estratrexicos de Rusia e de China.
Todas estas contradiccions, xá de por si explosivas, estan atravesadas póla sacudida que estan a sufrir todas as relacions de forza intercapitalistas a consecuencia da crise econômica.
O que significa umha crise

Comecemos pola estructura econômica, e vexamos o que significa umha crise para as relacions de produccion capitalistas.
A queda da taxa de lucro que esta no fondo da crise que detonou no veran do 2007 rompeu o necesesario equilíbrio estructural entre a produccion e a distribucion na que basease o sistema capitalista. “O intercambio de productos do traballo entre as diferentes ramas segun os seus valores, a igualdade social de diferentes tipos de traballo, corresponde ao estado de equilíbrio social da produccion” (I.I. Rubin, Ensaios sobre a Teoria marxista do Valor)
Isto significa nin mais nin menos, que a tendência natural do sistema capitalista é a esse equilibro social, no que as diferentes ramas da produccion, a través do proceso de distribucion, vêm retribuídas os seus investimentos dunha maneira rendibel.
A queda da taxa de lucro rematou com este equilíbrio entre sectores e ramas da produccion, manifestandose na sobreproduccion, mercancias sem vender que se convirten em capital morto, nun lastre para a economia; favorecendo deste xeito o crescimento da especulacion e, por cima de todo, a politica de resgates do capital financeiro (na sua faciana mais publica, os bancos), principais victimas da perda de benefícios da industria e a produccion.
Mas nesta caracterizacion há un concepto que na situacion actual, por presion dos gobernos e os médios, empeñados em desviar a atencion do sistema e os seus reximes, esquecese sistematicamente: o equilíbrio econômico é nomeadamente un “equilíbrio social”. As relacions de produccion e distribucion capitalistas, son relacions “sociais” entre as persoas agrupadas em clases, baixo estados; e as relacions de poder entre estos son parte e determinan esas relacions sociais. Por isso, umha ruptura do equilíbrio economico como a acontecida nesta crise non podia, por menos, que romper o equilíbrio em as clases sociais, expresada na guerra social desatada contra os traballadores e os pobos, e entre as potencias e os estados, expresada nas guerras comerciais, financeiras e monetarias. Seriamos uns economicistas empedernidos se non o analizaramos así.
O capitalismo coñeceu, despois da II Guerra, moitas crises e graves. A do 72-73, coñecida como a do “petróleo”, acabou coa orde econômica da pos guerra, o Acordo de Bretton Woods e estivo na base do todo o acontecido nos anos 80 e comezos do 90: nomeadamente a restauracion do capitalismo nos estados do “socialismo real”. A do 2001, chamada das .com, foi a que provocou as guerras de Iraque e Afganistan, mas nengunha como a que estamos a viver.
As anteriores sacudiron o equilíbrio social mundial, mas non afectaron centralmente ás grandes potencias imperialistas. Na crise que detonou o 2007 todo o mundo esta dacordo em que o equilíbrio rompeu pola cupula, o eslabon débil da cadea foron precisamente as duas grandes potencias econômicas, os EE UU e a Union Europea.
Casualidade histórica, ou simplesmente profunda decadência de ambos os dous bloques imperialistas?
A retirada dos imperialistas de sempre e a irrupcion de China
Se o mundo non estivera na crise que esta, se os USA ou a Union Europea non tiveran os problemas que teñen de queda de lucros, de déficits e debedas desbocadas pola especulacion e un aparello productivo sumamente improductivo, se as clases obreiras ianquis e europeas non tiveran o nivel salarial que teñen (cada vez menos), se a actualidade non fose asi a irrupcion de China seria anecdotica, seria umha nova Arxentina dos anos 30, desenvolvida a base do capital britânico, ou umha España dos 60, onde investiron desde as grandes multinacionais do automobil ate os grandes productores de Hollywood.

Na politica, como na economia, o vacio non existe. O que un deixa de ocupar, outro, mais débil ou mais forte, ocupao. Os exemplos son inúmeros: os vacios do império español na sua crise foron ocupados por Holanda, Francia e o final por Gran Bretaña, e nos comezos imperialistas dos EE UU (Cuba e Filipinas), que lle deron a puntada final.
Gran Bretaña viu como Alemaña entraba nos ocos que deixaban a sua falência como potencia hexemonica a comezos do século XX, ocos onde entraba tamen a sua vella colônia, os EE UU, e que levaron ao enfrentamento directo entre Alemaña e os USA pola herdanza do império britânico. O final é parte da historia e do presente.
“Todo o que nasce tem que morrer”, esta é umha das máximas do marxismo e a dialectica. Non é un exercício intelectual coñecer cando e como vaise producir, é preciso facer as hipotesis que permitan á clase traballadora enfrentar a ineluctable decadencia do capitalismo, e superar as suas crises com a única orientacion alternativa, a transformacion socialista da sociedade.
A crise dos EE UU e da Union Europea pon as clases traballadoras destas potencias diante da sua gran tarefa histórica, a revolucion nos estados que desde há mais de 200 anos dominan o mundo. A clase obreira tem a súa alternativa histórica, o socialismo; mas a crise como din os economistas burgueses tamen “é o momento das grandes oportunidades” para facer negocio.
A queda da taxa de lucro, a crise que lle segue á desvalorizacion dos capitais, no concreto das empresas mesmo dos países imperialistas, agobiadas pólas debedas e a baixa taxa de lucro, ofrecen a capitais virxenes, recien acumulados e com mercados internos limitados, “grandes oportunidades”. A crise vem a ser como a época das rebaixas trás o frenesi consumista das festas, e aí todos entran á loita.

Se a elo sumasmo-lle a reincorporacion á economia Chinesa dun dos centros financeiros mundiais, Hong Kong, que aportou ao seu aparello productivo o aceite que precisaba, o diñeiro, temos o resultado. Todas estas condicions supoen a irrupcion de China no concierto mundial, que foi como un tratamiento de choque para as grandes potencias. E faino dun xeito tranqüilo, mas sumamente agresivo.
O cerco ao mar de China
Para o 2014 esta anunciada o envio de 2500 marines á base de Darwin no norte de Australia, com todos os pertrechos que acompañan umha forza expedicionária em barcos, avions de combate e armamento.
Esto anuncio foi paralelo ao despregamento do sistema antimisis ianqui em Rota, segun o goberno Zapatero, para previr ataques de Corea do Norte e Iran (como se os ianquis non tiveran aliados perto destos dous países), mas Putin (aliado do China) viu-o como o que é umha ameaza contra Rusia, e despregou sistemas de radares nas fronteiras com Polonia.
Por outra banda, os EE UU teñen chegado a acordos co seu antigo vencedor, Vietnam (historicamente a rivalidade chino-vietnamita tem provocado guerras entre eles, mesmo cando os dous eran estados “socialistas”), co obxectivo máis que evidente que tecer umha rede ao redor de China. A frase de Hillary Clinton trás a visita a vários estados do Sudeste Asiatico, entre eles, Myanmar com fronteira com China, foi triunfal: “EE UU volveu” ó Sudeste Asiatico. A ultima vez que o fixo, a guerra durou 30 anos.
China, pola sua banda, ameazou á multinacional ianqui Exxon para que abandoara as prospecions petrolíferas no Mar de China com unas palabras pouco tranqüilizadoras de que “quizas debesse ser preparado mentalmente para o som dos cañons”.

"Pensamos que o tema da seguridade marítima pode ser discutido no cume do EAS, e neste contexto o Mar de China será un motivo de evidente preocupación", dixo á prensa o conselleiro adxunto de seguridade nacional de Obama Ben Rhodes a bordo do Air Force One, mentras o seu xefe, Obama, afirmaba na mesma viaxe que, China, "co seu crecemento crecen as responsabilidades. É importante para eles xogar coas regras no camiño".
Se a elo engadimoslles que os aliados firmes dos USA como o seu vello inimigo Vietnam, alen das semicolonias históricas Filipinas e Taiwan que manteñen unha disputa con China sobre a soberanía das illas do mar da Chinesa meridional, ricas en hidrocarburos, as condicions para un choque entre China e os EE UU no Mar de China estan dados.
Que se dean ou non, vai depender da correlacion de forzas internas dentro dos países, é dicer, a resistência das clases traballadoras a ir á guerra, mas, sobre todo, da forza que adquira a crise, mesmo dentro de China.
A economia chinesa, a desencadeante
Mais alo de quen de o primeiro paso, é evidente que a masa critica para desencadear a forza militar esta a crescer.
A acumulacion de capital da burguesia chinesa podese cuantificar: perto de tres billons de dólares nas súas reservas.
A decadência e crise dos EE UU, a desvalorizacion do dólar, co retroceso no papel central que ate o de agora tivo, alen da crise de crecimento que vai sufrir, inevitablemente, a economia chinesa, da que xá esta dando os primeiros sintomas, van agudizar as tensions entre ambas potencias.
A politica dominante atual do goberno chinês é “ortodoxamente” keynesiana; frente ás primeiras tendências de freo o seu crecimento o goberno aprobou desde o 2008 un ambicioso plan de obras publicas que tem xerado 20 millons de postos de traballo, absorvendo o desemprego provocado pola queda das exportacions.
Por outra banda, o control que o goberno manten sobre a banca, estatalizada, permitelle manter uns tipos de interesse baixos para fomentar o consumo dumha clase media cuantificada en 300 millons de persoas, que veñen a sustituir as perdas da baixada das exportacions.
Mas a indústria chinesa, a pesada que mantiveron em mans do estado ao servizo da acumulacion primitiva do capital, e a lixeira, para o consumo privado, co nível alcanzado ate o de agora precisa dum aporte de matérias primas, e principalmente combustibles, do que carecen,... salvo no Mar de China.
A apertura o exterior da economia chinesa esta tocando o seu fin, a crise vaille por na obriga de fortalecer as tendências autárquicas da economia, de proteccionismo como xá estan a facer retirando as subvencions á industria do automobil extranxeira, para potenciar a sua industria local. Coa excepcion da importacion de tecnoloxias “verdes”.

Hoxe China é primeiro inversor em America Latina e, sobre todo, em Africa, onde é o primeiro comprador de terras para a explotacion agrícola (tem que alimentar umha poboacion de 1.300 millons de persoas) e sobre todo na procura de matérias primas. Mas tamen inviste em estados imperialistas en crise, comprando debeda publica europea, de Grecia, Portugal o España, comprando empresas publicas gregas ou portuguesas (EDP, a xestion do porto do Pireo, Atenas).
A expansion chinesa basease non tanto em que hoxe sexa unha nova potencia imperialista, senon na retirada dos “vellos” imperialistas, em crise aberta. É ista combinacion a que pode dar como resultado na aparicion dunha nova potencia imperialista que dispute, como esta facer xá, os mercados mais perto dele, e despois o mercado mundial ás que hoxe dominan.
A resolucion desta contradiccion so pode ter umha perspectiva, a guerra. O poder esta na “punta do fusil”; e se isto é valido para a loita de clases, que non será para os capitalistas, que levan facendo guerras polo domínio do mundo desde que son capitalistas.
De feito, tanto é a asi, que o domínio dos EE UU hoxe tem duas patas chaves, umha, o dólar, é dicer a moeda refuxio e na que se fan todos os intercâmbios comerciais internacionais, o que lle permite absorver, sem traballar, umha meirande parte da mais valia xerada no mundo; e duas a sua superioridade militar incontestable. A decadência dos EE UU é freada “pola punta do fusil” dos marines.
A punta do fusil ate 1939 estivo nas mans da Gran Bretaña; entre 1939 e 1941 em Alemaña, e a partir do 45 nos EE UU. So un non marxista pode pesar que o domínio militar dos USA non tem final, cando desde a guerra de Vietnam non teñen gañado nengunha guerra?
Alem mais, cando este domínio militar é o que esta socavando as bases da sua potencia econômica. Foi Trotski que dixo que as guerras non as gañaban os exércitos, senon e econômia. E hoxe os EE UU non teñen umha economia, é dicer umha industria axeitada para enfrentar umha guerra de alto nível como a que sería contra China.
De feito, ate os datos da volta da indústria ianqui deslocalizada, que esta a voltar o seu país é outro sintoma da sua decadência. Mentras China abrese o mundo, os USA retroceden e voltan á sua terra. Hai que ser um metafísico empedernido para soster que esta volta é umha demostracion da forza do imperialismo ianqui frente a expansion chinesa.
A vindeira guerra com un caracter internaciona mais alo de quen detone, non vai ser provocada pólos ianquis, senon por China, pois a burguesia chinesa vai precisar de novos mercados para dar o salto definitivo da acumulacion primitiva de capital á reproduccion ampliada, dun capitalismo nacional em fase expansiva cara umha potencia imperialista. Hitler traduciu esta necesidade na frase, Alemaña precisa “espacio vital”, e chocou com Polonia, Austria, Francia, Checoeslvaquia, e, o final, com Gran Bretaña e os EEUU.
China esta a chocar cós seus veciños, Vietnam, Taiwan (a Alsacia e Lorena chinesa?), etc., ate cando o choque so vai ser comercial, e cando teremos que pensar “no son dos cañons”.
Para elo esta a rearmarse - como todos os seus veciños-, incrementando un 20% os orzamentos militares, esta a mellorar tecnoloxicamente o seu exercito e a sua Armada (base fundamental para o control dos mares, que desde que o Estado Español descubrira America, é a esencia do poderio dun estado imperialista), para elo conta co Acordo de Shangai com Rusia, Brasil, India e agora Sudafrica.
Non se pode saber cando chocara, mas si o porquê: cando a sua economia, a súa burguesia, precise impor pola forza das armas o que agora esta a conseguir pólas suas reservas de divisas, que lle permite chegar a acordos com potencias imperialistas e semicolonias, e choque frontalmente cós que ate o de agora dominan o mundo, os EE UU, Xapon e a Union Europea.
O alcance da guerra non pode ser determinado a priori, mas é indubidadel que as condicions de crise do sistema capitalista, retroceso das vellas potencias, especialmente a hexemonica e a aparición de potencias emerxentes fortemente armadas - lembremos que umha das herdanzas dos estados “socialistas” é o armamento nuclear de China e Rusia-, abren as portas de par em par á enfrentamentos que só conducirían á barbárie.
A clase traballadora mundial ten que comezar a prepararse para umha saída non pacifica da crise, denunciando o imperialismo, o seu caracter agresivo e, sobre todo, que o capitalismo basea todas as suas relacions sociais na forza militar. Non perdendo de vista as contradiccions, e non defendendo teorias acartuchadas, que podem levar á claudicacion a un dos sectores implicados na guerra. Un enfrentamento entre os USA e China non é un enfrentamento entre umha potencia imperialista e umha semicolonia, senon que é un enfrentamento entre o “rei” actual e o seu “sucesor”, entre o que é dominante agora, e quen quere ser o hexemonico (ainda que hoxe por hoxe non o pretenda). Ubicarse no campo dos “democratas” ianquis frente a dictadura chinesa é tan reaccionario como ubicarse coa “semicolonia” chinesa contra os imperialistas ianquis.
A Alemaña derrotada da I Guerra Mundial tivo que pagar, trás o Tratado de Versalles, umhas compensacions de guerra que os nazis aproveitaron para a demagoxia nacionalista e “antiimperialista”. Mas non eran umha reinvidicacions “antiimperialistas”, senon as exixencias dumha burguesia derrotada, que fixo suas a pequena burguesia arruinada, que queria a sua parte na torta do mercado mundial. China non berra contra o imperialismo, como poderia facelo mesmo a dictadura arxentina pólas Malvinas (asi fose un berro hipócrita), senon que é expresion do seu expansionismo, porque precisa a sua cota de mercado onde investir os 3 billons de dolares que tem acumulados, e que hoxe por hoxe, e no seu banco central non rinden lucros. Quere a sua parte na torta do mercado mundial.
A clase traballadora tem que levantar a sua politica independente, cara a única alternativa que pode impedir a guerra, a loita polo socialismo, enfrentando tanto as manobras agresivas e militaristas do imperialismo ianqui, como o expansionismo chinês, a compra e expropiacion de campesinos e tribus africanas, a superexplotacion das riquezas naturais deste continente, etc.

Galiza, 22 de xaneiro do 201
No hay comentarios:
Publicar un comentario