A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 22 de febrero de 2023

A UN ANO DA "NOVA ERA" DE SCHOLZ

Roberto Laxe

Se o século XIX foi longo, desde 1789 até 1914, o XX, curto, desde 1914 até 1989, o XXI, o chamado “século americano”, foi un suspiro; desde 1989 até o 2022.


Tres días despois da agresión de Rusia a Ucraína, o 27 de febreiro do pasado ano, o novo primeiro ministro alemán, Olaf Scholz, afirmou que o mundo entraba nunha “nova era”. Ao mesmo tempo, anunciaba a creación dun fondo de 100 mil millóns de euros para modernizar o exército alemán, o aumento do orzamento de guerra ao 2% do PIB e a entrega a Ucraína de armamento para resistir a invasión rusa.


A un ano deste anuncio da “nova era” de Scholz, todos os membros europeos da OTAN seguiron o camiño que os EEUU viñan esixindo desde facía anos, o aumento dos gastos militares, o que pon ao mundo nunha carreira de investimentos militares dun nível superior á da guerra fría. Naquel momento a carreira cinguíase a dúas potencias, os EEUU e a URSS, á que os demais asistían como espectadores; hoxe non.