A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 26 de marzo de 2021

A "XUDICIALIZACIÓN" DA POLÍTICA

Eusebio López

Aínda que non é un fenómeno exclusivamente español, senón que o atopamos en moitos outros estados, como o caso brasileiro e o enjuiciamiento do expresidente Lula, é no estado español onde a política está a ser sistematicamente substituída pola súa resolución vía xudicial, a súa “xudicialización”.

“A política é a guerra con palavras” dixo o filósofo grego; e as palabras dos discursos políticos convértense en armas de guerra cando se traducen a leis que aplican os “soldados” do poder xudicial, os xuíces e fiscais. Porque non falamos de meros consellos de actuación persoal, senón de sentenzas que afectan duramente ás persoas e as súas vidas enviándoos aos cárceres, desahuciándolos, despedíndoos ou multándoos.

jueves, 18 de marzo de 2021

Ó "NEOFRANQUISMO" HAI QUE PARALO AGORA. DESPOIS PODE SER TARDE.

Carlos Dafonte

    Poño por diante que critiquei a entrada no Goberno de Unidas Podemos, así está escrito neste blogue e agora sigo a pensar que si daquela, Psoe e Pp tiveran levado a cabo a “grande coalición”, así é como se lle chama en Alemaña ó pacto de Merkel cos “socialdemócratas” e si UP dende a sociedade e ca representación institucional que acadou, tivera xogado o papel que non xogou por atoparse no Goberno, como é traballar co movemento cidadá e toda unha serie de organizacións de esquerdas que nin se presentan ás elección e si o fan non acadan representantes, posiblemente se tivesen acadado resultados moi parecidos ós acadados dende o goberno, pero cunha diferencia, teríamos unha sociedade máis mobilizada e o neofranquismo non tería o campo aberto para ser parte da alternativa ó “Goberno social comunista bolivariano”, como acontece por exemplo en Madrid, onde dende o goberno da comunidade se tenta ser oposición ó Goberno do estado.

Digo o anterior sempre dentro do “de omnibus dubitando” que tantas veces repetía Marx. Non creo que a situación fose moi diferente da actual; o cambio radical non é que a Ministra de Traballo se entenda cos sindicatos e patronal, eso acontece dende hai moitos anos, o que resulta ser unha novidade é que o neofranquismo, sempre existiu e se lle denominaba “franquismo sociolóxico”, hai un tempo se organizou, se presenta ás eleccións, ten un importante grupo nas Cortes e noutros parlamentos autonómicos, onde se goberna o Pp con C's, é pola razón de que eles o permiten e “corrixiron” o “centrismo” de estes dous partidos, ata levar ó segundo case á súa desaparición e ó Pp a aceptar unha parte do seu discurso, e deixar a Pablo Casado como o grande derrotado despois do seu discurso de outubro nas Cortes, con motivo da moción de censura presentada por Vox contra Pedro Sánchez..

viernes, 12 de marzo de 2021

A DEREITA CONSERVADORA SEGUE A BRANQUEA-LO NEOFRANQUISMO.

Carlos Dafonte.

O Psoe se lanza a unha operación de pactos con Ciudadanos, que se traducen en determinadas mocións de censura, Murcia, Madrid e Castela León; proceso que pode ter varios significados; en primeiro lugar advertir ó seu aliado no Goberno de que o mellor é non seguir amosando as diferencias, lóxicas nun goberno de coalición sobre temas de calado, e se está a iniciar un proceso de reacomodo de Ciudadanos que o vai rescatar da foto da praza de Colón, para situalo no centro dereita e ese proceso pode ter resultado en votos para o Psoe, que levará a C's a súa desaparición, ou a unha nova capacidade para pactar no medio prazo prescindindo de Unidas Podemos; en segundo lugar mingua-la forza do PP a nivel autonómico, creándolle problemas cos seus socios, que pode ter como resultado a quebra da súa alianza con Ciudadanos o que pode levar a votantes de C's a votar Pp; en terceiro, deixa-lo Pp orfo de apoios como non sexa o de Vox para futuros gobernos autonómicos e municipais, que despois do discurso de Casado na moción de censura que Vox presentou contra o goberno, quebrando as pontes que tiña cos neofranquistas e reivindicando ó seu partido como o centro dereita, as relacións entre ambos partidos non se atopan no seu mellor momento, aínda que os políticos na dereita, como o que lles une é o capital, as súas diferencias son fáciles de amañar; basta con que quen os financie lles de un “toque de atención”.

miércoles, 3 de marzo de 2021

ÁS VOLTAS CO 23 F: CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA OU DO RÉXIME

Roberto Laxe

Todos os anos por estas datas de febreiro os medios de comunicación énchense de artigos, de opinións e reportaxes sobre o 23F, onde o mantra maioritario é o de que grazas ao “rei á fuga”, evitouse unha nova ditadura e consolidouse a democracia.


Dado que os documentos do 23 F que poderían desmentir, ou confirmar, esa interpretación son secretos até o dia do xuízo final, caben todas as interpretacións posibles; desde a oficial da consolidación da democracia até a que sostén unha xornalista non acusable de rupturista, Pilar Urbano, quen, citando a Suárez, opina que “o rei foi a alma” do 23F. Dito en prata, que o rei promocionou un autogolpe para consolidarse no poder.