A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 23 de abril de 2016

UNHA DOBRE PERSPECTIVA ELECTORAL NUN PROCESO DE "REVOLUCIÓN PASIVA".



Carlos Dafonte

Coido que non se vai producir milagre algún e como vaticinei neste mesmo blog, ó día seguinte  que o xefe do estado encargara a Pedro Sánchez tentar formar goberno, estamos diante dun novo proceso electoral; dous para @s galeg@s que neste ano celebraremos as que deben renova-lo Parlamento e si é posible desaloxa-lo PP da Xunta de Galicia.
O acontecido dende as eleccións xerais ata hoxe, ilustra a situación de crise que padece o sistema político e a economía, que puxo por primeira vez dende o ano 78 en cuestión a hexemonía social da oligarquía e por conseguinte o propio réxime. Pero tamén quedou amosado que si feble políticamente é o réxime, as forzas que dicían querelo cambiar, tampouco son moi fortes.

martes, 19 de abril de 2016

UNHA PANTASMA PERCORRE A UNIÓN EUROPEA, É A PANTASMA DA SÚA EXPLOSIÓN. A PROPOSTA DO PLAN B, AO RESCATE DA UNIÓN EUROPEA.



Roberto Laxe

É evidente que é un recurso fácil parafrasear a Marx e Engels, pero ás veces a realidade pono en bandexa; alen máis, até outra cita de ambos autores podería servir como instrumento lóxico para entender o que está a suceder: “a historia repítese, a primeira como drama, a segunda como farsa”. A mesma comparación entre a “pantasma” do Manifesto Comunista e a “pantasma” actual confírmanolo.
A crise económica está exacerbando a vella rivalidade entre as potencias europeas fomentando o chovinismo nacional e a xenofobia, como pon de manifesto o resultado do referendo Holandés para a incorporación de Ucraína e, sobre todo o Brexit, o referendo para a saída de Gran Bretaña da Unión. Baixo os golpes dunha crise social galopante, e coa agudización das contradicións de clase, ante os ataques contra os traballadores e as traballadoras europeas, a Unión Europea esta afundíndose na Illa de Lesbos e o campo de concentración de Idomeni, coa aplicación do acordo con Turquía para a deportación das persoas refuxiadas, vulnerando os “valores democráticos” que din inspirar a súa existencia.

viernes, 8 de abril de 2016

A NECESIDADE DA CONSTRUCIÓN DO PARTIDO DA CLASE TRABALLADORA





 Carlos Dafonte
Quero lembrar para empezar, un pensamento que Trotski expresou no ano 1937, en pleno ascenso del nazi-fascismo, exiliado da URSS, perseguido, e a poucos anos do seu alevoso asasinato: “As épocas reaccionarias, como a que estamos a vivir, non so desintegran e enfeblecen á clase obreira e a súa vangarda, senón que tamén rebaixan o nivel ideolóxico xeral do movemento e retrotraen o pensamento político a etapas xa superadas. Nestas circunstancias, a tarefa máis importante da vangarda é non deixarse arrastrar polo fluxo regresivo, senón nadar contra a corrente. Si a relación de forzas desfavorables lle impide manter as posicións conquistadas, polo menos debe aferrarse as súas posicións ideolóxicas, porque estas expresan as custosas experiencias do pasado. Os imbéciles cualificarán esta política de “sectaria”. En realidade é o único xeito de preparar un novo e enorme avance cando se produza o seguinte ascenso da marea histórica”.
Dende o meu punto de vista, e penso coincido con certos sectores da vangarda política anticapitalista, nestes momentos no que o peso do pensamento reaccionario é moi forte, o labor fundamental é a construción do partido d@s traballador@s asalariados, que ten que ir unido, que é resultado, da defensa das posicións ideolóxicas ás que nunca debemos renunciar.