A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 23 de noviembre de 2015

SOBRE OS ATENTADOS DE PARÍS



Carlos Dafonte

Os políticos das principais potencias do mundo, ó servizo das súas oligarquías, din despois dos brutais atentados de París, declararlle a guerra ó Estado Islámico.
Ou é un caso de estupidez, de confusión, de ofuscación ou son uns cínicos; eles, os de agora, os seus antecesores nos cargos que ocupan, e os antecesores dos seus antecesores, o imperialismo para dicilo con claridade, hai moito tempo que teñen declarada a guerra ós pobos do mundo. O que cambiou é que hoxe hai organizacións capaces de leva-lo terror as cidades dos centros imperialistas, como resposta ás agresións a países que eles consideran irmáns por ser musulmáns.

lunes, 16 de noviembre de 2015

QUE FEIJOO NON SE EQUIVOQUE: QUEIRA OU NON GALIZA NAZÓN.



Roberto Laxe

Feijoo, tentando barrer para a súa casa, ironizou coa presenza do ex Xefe do Estado Maior na listaxe de Podemos -se non me equivoco, non falamos dun xeneral de a pé, senón o terceiro na cadea de mando do exercito no seu momento: primeiro, o rei, segundo, o ministro de defensa, terceiro, o Xefe do Estado Maior- , dicindo "benvidos a España", referíndose, obviamente, a ANOVA e a Beiras, no concreto.
Feijoo fai ben en sacar a relucir as incongruencias da organización que, cando se constituíu AGE, situou o problema político no centro: Beiras foi o primeiro político institucional que recoñeceu a situación de "emerxencia social e nacional", e chamou á ruptura co réxime do 78. Para iso, e utilizando a Castelao e Bóveda, fronte ás criticas que lle fixeron desde o BNG, argumentou que nunha situación de "emerxencia", eles tamén pactaron coa Fronte Popular do Estado Español.

jueves, 5 de noviembre de 2015

PODEMOS COMO PROBLEMA E NON COMO SOLUCIÓN



Roberto Laxe
Agora entendo ese agasallo de Xogo de Tronos ao rei Felipe VI, en realidade estaban dandolle un consello: "quitemos a Rajoy" que é o eixo do mal, incapaz de garantir a unidade de España (Errejon dixit), e poñamos a representantes da "nova" política, como nós, como Ciudadanos ("se seguimos así, presentámosnos xuntos", Iglesias dixit no programa de "debate" con Albert Rivera en Salvados, confirmado polas cinco condicións de Podemos para a rexeración democrática, que son asinables por Ciudadanos), ou o "novo" PSOE de Pedro Sánchez (para iso quitaron á imaxe rancia de Rubalcaba). Xogo de Tronos, quítate ti para que entre eu... E o final, a política é igual: garantir a unidade e estabilidade de España, dentro da OTAN ("non tocaremos os pactos das bases militares", representante de Podemos por Sevilla dixit) e a UE (o obxectivo non é romper coa UE, é a súa reforma, Iglesias dixit).