Roberto Laxe
Renunciou o imperialismo á guerra
Hai
que ser moi inxenuo, ou con alto grao de autoengano, para pensar que o imperialismo
renunciou á guerra e vivimos nun mundo en paz. Son incontables as guerras, as
ocupacións militares, os golpes militares (unha forma especifica de guerra
contra o seu propio pobo), etc., que desde o fin da II Guerra déronse. Sería
moi ambicioso facer unha relación de todos eles, pois algúns están no
imaxinario colectivo da humanidade, como a do Vietnam, a de Iraq e Oriente
Próximo, ou as da antiga Iugoslavia. O imperialismo non só non renunciou á
guerra como mecanismo de dominación, senón que non deixou de ser a súa
ferramenta final contra os pobos que, da maneira que for, buscan vías de
independencia.
É
tan obvio que cando se formula esa pregunta en realidade non se refire un a ese
tipo de guerras; senón que o motivo da súa formulación é o de: renunciou o
imperialismo a guerras interimperialistas?