A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 23 de octubre de 2009

DESPOIS DO 18 DE OUTUBRO, ¿QUÉ PERSPECTIVAS PARA A DEFENSA DO GALEGO?

Roberto Laxe

Non é exaxerado dicer que foi a maior manifestacion trás a do 1 D contra o atentado de Prestige. A política linguicida da Xunta do PP foi respostada na rua.
Mais alo do carácter dos convocantes e os seus obxectivos iniciais, que non era outros que ter un eixo político que disciplinara ás fileiras do BNG e o seu em torno, roto tras a derrota electoral, o certo é que a manifestacion do 18 foi um êxito rotundo.
A convocatória da Plataforma partia dun feito certo: o ataque da Xunta do PP ao galego é demoledor. O seu obxectivo é a vella “doma e castracion” do pobo galego, nunha da súas principais sinais de identidade, a lingua. E para isso conta co apoio expreso e aberto dos sectores da burguesia mais poderosos, a afincada em Coruña e Vigo.
Mas a convocatória foi feita nunhas condicions políticas e econômicas moi precisas. A crise econômica é a que esta trás o ataque ao galego, a Xunta do PP fai recurtes de gastos em todo aquelo que para o sector da burguesia á que representan é “inútil”, a educacion publica, a saúde publica, o transporte colectivo... E, como non, o idioma. Para eles, o galego é tan inútil como ter unha educacion publica, non tem rendabilidade econômica directa para á burguesia, e pólo tanto, sobra. E se, ademais, liquidan unha sinal de identidade do pobo traballador galego, mellor que mellor.
Para eles so existen dous idiomas, um o español, o idioma dominante no Estado, dous, inglês, o idioma dominante no mundo. Nos seus negócios, porque disto se trata cando falamos de idiomas, non colle o galego, e por isso sobra.
Este é o ataque ao galego. Mas, resulta que a Xunta do PP foi um goberno que chegou non por méritos próprios, senon por deméritos dos outros. De feito, ninguen esperaba, nin eles, que tiveran que gobernar. A elo há que sumar que desde que tomar o goberno só teñen um obxectivo, desmantelar as poucas cousas progresivas que existian ou que fixo o Bipartido (com todos os limites, as galescolas, o centro de I+D+i, que ameaza com a perda de 150 postos de traballo, os limites á construccion no rural, e poucas cousas mais), e lanzar unha política totalmente neoliberal na educacion coa supresion da gratuidade dos libros sustituida pola política pro burguesa das subvecions, ou as peonadas nas operacions quirurxicas na saúde.
Mas isso si, mantendo os programas políticos centrais dos dous gobernos, Gaiás/Cidade da Cultura, Porto Exterior da Coruña e AVE.
Para recuperar os benefícios da patronal, teñen moita presa por desmantelar o pouco estado do bem estar que existia na Galiza, e isso non fai mais que acumular masa crítica contra eles. O que Fraga “consiguiu” em 17 anos, enfrontarse a amplos sectores da poboacion galega, Feijoo leva camiño de conseguilo em menos de catro.
E em tudo isto, salta o caso Gurtel. Sabemos que a base social do PP non é das mais influenciabéis pola corrupcion, de feito, moitos deles son corruptos a pequena escala - viven das esmolas da administracion que controlan, como os pequenos concellos, as diputacions, etc.- Mas, tamen é publico, que a corrupcion xera ódio nas clases traballadoras. O rexime do Pentapartito em Italia caeu, entre outras, porque estaba corrupto ata a medula. Tan corrupto como que algun dos seus máximos exponente, Bettino Craxi, tivo que sair exiliado a Tunez.
Mas isto no quer dicer que a corrupcion por si mesma derrube um goberno; só se ista se convirte nun catalizador da mobilizacion das masas populares, podese acadar. Mas, a denuncia da corrupcion é unha das mellores ferramentas para denunciar o verdadeiro caracter, podre, do capitalismo.
Poren, a pouco que as masas comecen a mobilizarse, as ratas comezaran a abandoar o barco (o deputado do PP catalan enviando um SMS decindo, “iste (partido (o PP) é unha merda)”, ou Crespo respostando a Fraga de que pode cantar moito).
A Xunta do PP é um goberno moi débil, moito mais débil que o de ZP a nivel estatal (iste conta co apoio das cupulas sindicais e a gran banca), pois apoiase nunhas estructuras que dependen da subvecion e dun sector economico em crise total, a especulacion inmobiliaria; e fronte a el van acumulandose os agraviados pólos seus ataques ás conquistas sociais.
Salvalle a debilidade da oposicion.
Temos que apostar, claramente, por impulsar a mobilizacion social contra iste goberno, e a manifestacion do 18 foi das primeiras nas que amplos sectores da poboacion aproveitaron para descarregar a “mala ostia” que comeza a acumularse.
Por este motivo, a posicion tem que ser moi clara; fronte o contido despolitizado que lle queren dar (cultural/sentimental, como se Afonso X tivera razon cando dixo que o galego non era um idioma para a administracion, mas si para a cultura), há que dicer que o ataque ao galego é um ataque ao principal direito democrático dun pobo, expresarse no seu idioma, e parte dun proxecto burgués e ultracentralista, que quere convertir ao pobo traballador galego no que sempre foi “imigrante na sua terra”, ou forzalo á emigracion.
Que a defensa só tem unha perspectiva, a de a loita pólos direitos nacionais da Galiza fronte a centralismo español, e que a defensa do galego insirese nessa perspectiva, a da soberania nacional. Deixando claro que ista non é posible em alianza com ningun sector da burguesia, por moi “galeguista” que hoxe pretenda ser, senon baixo a independência política da clase traballadora e os seus aliados no pobo.
Ningun burguês esta, hoxe, pola soberania nacional da Galiza, senon por mellorar a sua situacion na negociacion co estado, e nos negócios co norte de Portugal, e por isso, a súa proposta non é Na Galiza em Galego. Como moito defenden o Bilinguismo Harmonico de Fraga, mesmo o BNG, que é a Normalizacion da Lingua dos 80, e isso tamen é a morte do idioma, pois o galego, a diferenza co português - de feito o galego non deixa de ser um português falado baixo a presion de séculos do español-, non tem um estado nacional que lle protexa dos médios de comunicacion, da presion da burguesia española e do seu idioma.
Por isso, a defensa do galego é parte fundamental do direito a autodeterminacion, lle da um contido concreto. Poren, o problema do galego é um problema político e non cultural, pois enfrenta um dos aspectos da política da burguesia española: concentrar e centralizar o estado, as institucions, a cultura e a comunciacion (o idioma), a redor do capital dominante, o español.
Temos concluir que o obxectivo tem que ser: se queremos manter a riqueza dos idiomas, temos que rematar co domínio da burguesia, é dicer, construindo o socialismo, Do mesmo xeito que a barbárie ecoloxica só se pode solucionar côa derrota dos causantes, a acumulacion de capitais pólos capitalistas, a barbárie cultural contra o idioma só pode ser solucionada rematando cós que só vem na língua unha ferramenta para facer negócios e non para a comunicacion entre as persoas.
Calquer outra perspectiva so significa acompañar ao galego na sua lenta agonia.

Galiza, 20 de outubro do 2009