A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 18 de febrero de 2020

ELECCIÓNS EN GALICIA NUN NOVO PANORAMA POLÍTICO CO QUE SE TENTA ESTABILIZA-LO RÉXIME



Carlos Dafonte.

            Xa estamos metidos nun novo proceso electoral, situación que nunca debe desagradar a un demócrata; votar, expresar unha opinión, ben facéndoo por unha das opcións políticas presentadas, ou en branco, ata nulo é importante; o que nos debe desagradar e habería de poñer remedio, se estivese en mans da maioría social, é que as promesas feitas en períodos pre electorais e campañas, despois non se cumpran sen que nada lles aconteza a quen engana o electorado; tamén que determinados partidos e organizacións saian con vantaxe na “carreira electoral” pola razón de recibir determinados apoios dos medios de comunicación que outras organización non reciben, os propietarios dos mesmos, case sempre o capital, está disposto a axudalos non só a nivel informativo, crear opinión favorable, senón a prestarlle os cartos necesarios para que poidan desenvolver os procesos electorais en condicións máis favorables.
            Se pode loitar contra esta inxusta situación? Moi difícil nunha democracia organizada polo capital, o servizo dos seus intereses e que ten como obxectivo, dentro duns canles que parezan de liberdade, que gañen nos procesos electorais quen lles da a seguridade de que todo vai seguir de acordo a determinadas liñas políticas, económicas e sociais, trazadas de antemán. Que garantan o beneficio, a explotación da forza de traballo e manter controlada a aquela opinión que se podan constituír nunha masa crítica importante para potenciar un cambio.

lunes, 3 de febrero de 2020

Leve subida do salario mínimo: un acordo para estabiliazar ao réxime

Roberto Laxe
O pacto entre goberno, patronal e cúpulas de CCOO e UXT para subir o SMI a 950€ ten un profundo significado político, máis aló que eses 950 estean moi lonxe dos 1.200 que desde hai anos esixe a esquerda (non o PSOE, que falando en propiedade non é esquerda): busca un bálsamo á profunda desigualdade social que a crise está a deixar.
Mirándose no espello de Chile e Francia, o capital español e as súas institucións directas (o goberno) e indirectas (as cúpulas sindicais) tentan retomar o camiño que nos ´70 deulles moi bo resultado, o consenso e o pacto, para desactivar as posibles consecuencias desa desigualdade. Por iso, todos os medios alardean da volta a esa forma de facer política; coma se CCOO e UXT o abandonasen nalgún momento.