A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 28 de junio de 2023

PANORAMA POLÍTICO DESPOIS DA BATALLA ELECTORAL DO 28 DE MAIO DE 2023

Carlos Dafonte.


Dous aspectos salientables.

O máis salientable que acontece despois dos resultados do 28 de maio é o avance institucional e ideolóxico dos neofranquistas de VOX, e a súa consolidación grazas ao apoio dun PP, o de Feijoo “o moderado”, incapaz de seguir a liña argumental de Pablo Casado exposta dun xeito nidio na súa intervención con motivo da moción de censura presentada por Abascal, contra o goberno de coalición presidido por Pedro Sánchez no mes de outubro de 2020.

Este PP de Feijoo acepta como propias as tesis dos neofranquistas e os sitúa con forza e poder nas institucións, esquecendo o devandito discurso no que o PP lle dixo entre outras cousas a VOX e Abascal, “Cuanto peor para España, mejor para usted”, “Piensa usted que los españoles desde las manos de Sánchez se van a arrojar a las suyas?” y continuou “Usted solo ofrece fractura, derrotas y enfados y lo que es peor, ofrece a la izquierda una garantía de victoria perpétua” e baixando ao nivel persoal lle espetou a Abascal, “esta moción no la hace contra el Gobierno, sino contra el partido que le ha dado trabajo durante 15 años”, e chegou case ao final do seu discurso a dicir “Se trata de decidir, VOX o España” e xa ao final dúas perlas máis “Los españoles no van a entregarse a la ruptura que usted ofrece” e “No podemos aceptar un proyecto de ruptura”.

martes, 13 de junio de 2023

A REALIDADE E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN


Roberto Laxe

Noticia de La Voz de Galicia, segundo á axencia EFE, de "as claves" do cume do G7, coa presenza de Zelenski, que non representa a ningunha das 7 nacións occidentais máis ricas, pero está a actuar como o seu ariete e portavoz das posicións máis duras.


1.- "China era un dos focos deste cume", e segue, "o ton foi conciliador e o texto nin sequera mencionou expresamente a Pequín cando se referiu ao tema da «coerción económica» nun intento por compracer a Francia e Alemaña, segundo revelou este domingo o presidente francés, Emmanuel Macron".


martes, 6 de junio de 2023

A ESENCIA NEOLIBERAL DA UNIÓN EUROPEA: O TRATADO DE MAASTRICHT E OS LÍMITES DA XESTIÓN PROGRESISTA.

Roberto Laxe

Para cando nos falen de políticas “progresistas” desde as institucións coma se puidesen ser esencialmente distintas á xestión conservadora, lembremos os límites que establece o Art. 104 do Tratado de Maastricht, verdadeira Constitución Europea, dado o fracaso que obtiveron cando tentaron a aprobación da Constitución Europea fai uns 20 anos:


"Queda prohibida a autorización de descubertos ou a concesión de calquera outro tipo de créditos polo Banco Central Europeo e polos bancos centrais dos Estados membros, denominados en diante “bancos centrais nacionais”, en favor de institucións ou organismos comunitarios, Gobernos centrais, autoridades rexionais ou locais, ou outras autoridades públicas, organismos de Dereito público ou empresas públicas dos Estados membros, así como a adquisición directa aos mesmos de instrumentos de débeda polo BCE ou os bancos centrais nacionais."