A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 28 de enero de 2012

CARA A UN MUNDO MULTIPOLAR. HÁ TAMBORES DE GUERRA?











Roberto Laxe

Obama, que levantara tantas expectativas nos sectores “progresistas” de todo o mundo, demonstra e demonstrou que non tem outro proxecto que a continuidade nas políticas imperialistas dos USA. Esos sectores confiaron em que a sua figura serviria para que o capitalismo mundial recuperase o liderazgo que precisa para sair da crise, despois do desastre da administracion Bush.

viernes, 20 de enero de 2012

NA MORTE DE FRAGA





Carlos Dafonte

Para os da miña xeración, os que estamos na sexta década, Fraga e franquismo están intimamente unidos. Non houbo ademais, nos anos transcorridos desde que morreu o ditador, nada que Fraga fixera que nos axudara a cambiar de opinión.
Escoitando agora, unha vez morto, algunhas valoracións que se fan sobre a súa persoa, a súa actividade política e demais aspectos da súa vida por parte de políticos, periodistas e xentes da rúa, algunhas de carácter laudatorio, non me queda máis que pensar na fraxilidade que ten a memoria humana ou a incapacidade, o medo de moit@s a saír do rebaño, a singularizarse, a ir contracorrente. ¿Ou se trata dunha campaña perfectamente orquestrada para, unha vez máis, falsificar a nosa historia pasada?

lunes, 16 de enero de 2012

NOVO GOBERNO, NOVAS AGRESIÓNS CONTRA OS TRABALLADORES

Carlos Dafonte

Leváronse a cabo o debate de investidura e a creación do goberno do PP,. nun momento difícil para @s traballador@s do estado, posto que todo indica que nos atopamos no comezo dunha nova etapa recesiva, dentro do contexto de crise, froito das políticas de austeridade levadas a cabo polo presidente Rodríguez e esixidas pola U.E; políticas que frean o consumo interno e o investimento público. A entrada de novo en recesión vai significar máis paro e polo tanto maior sufrimento para a clase traballadora.
No debate non se resolveu ningún dos baleiros deixados na campaña electoral, que foron moitos, respecto, non as intencións do PP, tod@s as coñecemos por moito que as agachen, senón ós prazos nos que as van levar adiante.

viernes, 13 de enero de 2012

TUNES, SIRIA, LIBIA. ENTREVISTA CON SANTIAGO ALBA RICO



Corrente Vermella: Coa caída de Ben Ali e o recente proceso electoral consideras que se pechou o proceso revolucionario en Tunes?
Santiago Alba Rico: Ao contrario. A caída de Ben Alí abriu o proceso revolucionario, que tivo os seus dous momentos fundamentais nas dúas ocupacións da Qasba (a finais de xaneiro e a finais de febreiro). A segunda levou ao recoñecemento dalgunhas das reivindicacións políticas das mobilizacións populares -entre elas as eleccións para unha Constituínte- pero dalgún modo transformou polo seu propio éxito, o curso das protestas. O impulso popular espontáneo entrou parcialmente así no molde dunha politización convencional guiada por un sistema de partidos; e digo parcialmente porque as demandas sociais e económicas mantivéronse insatisfeitas e unha boa parte do malestar organizado durante o levantamento quedou fóra das urnas. A abstención do 23 de outubro -en torno ao 40%- hai que relacionala con sectores xuvenís que sentiron traizoada a revolución e seguen pensando en emigrar a Italia e con sectores radicais que viviron como un gran fracaso a incapacidade da esquerda para presentar unha candidatura unitaria (tras a disolución da Fronte 14 de Xaneiro). Non se poden menosprezar os logros, pero a vitoria política da segunda Qasba foi acompañada de dúas derrotas decisivas en termos rupturistas: a do ministerio do Interior, cuxo aparello segue intacto, e a dos tribunais, que permanecen sen cambios. Perdeuse unha oportunidade de ir máis lonxe, pero boa parte das causas da revolución seguen vivas e a acumulación de forzas e de conciencia foi moi grande.