A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 22 de septiembre de 2026

A ONDA POLÍTICA REACCIONARIA

Carlos Dafonte.

Na terminoloxía marxista, cando falamos de temporalidade, se distinguen épocas, etapas, situacións e conxunturas. 

Coido que hoxe o máis acertado é caracterizar o momento actual como a etapa da crise capitalista que nos conduce a unha situación especifica que vivimos en cada país e a nivel planetario, que reciben despois dun análise  dende a perspectiva de clase, varias determinacións: Situación contrarrevolucionaria, reaccionaria, estable, prerrevolucionaria e revolucionaria. 

Debemos ter claro que ningunha das tres últimas concorda co que estamos a vivir, tampouco a primeira, pois de ser así estaríamos nunha etapa de importantes cambios estruturais levados adiante pola clase traballadora, como por exemplo a posibilidade de tomar o poder, ou os medios de produción xa nas mans da sociedade, e a burguesía e os seus aliados impoñendo o fascismo como método para poñer fin a esa situación.

Aínda que o fascismo comece en moitos lugares a “asomar a súa cacholiña”, aínda non temos chegado, polo menos no estado español a esa situación; polo tanto creo que a nivel dunha parte do planeta e no propio territorio, se debemos caracterizar un rasgo fundamental da situación política na que vivimos, é a de vivir mergullados nunha onda reaccionaria que é necesario  comprender as circunstancias que a producen.