A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 20 de abril de 2022

MARIUPOL COMO SÍMBOLO.

Carlos Dafonte


Hai uns días cando se comezaba a libra-la batalla nesta cidade, que pertence á zona máis rusófila do Donbass, no ano 2014 falaba ruso o 89,9 por cento dos seus habitantes e proclamou nese mesmo ano a súa autodeterminación cunha enorme maioría de votos a favor despois de que o goberno saído do golpe de estado de 2014, abolira o 23 de febreiro a lei Kivalov-Kolesnichenko, que facía do ruso unha lingua oficial. Dicía que hai uns días, nun faladoiro se estaba a poñer unha pequena reportaxe na que a un soldado ruso se lle acercaban un numero de veciños de Mariupol dos arrabaldos da cidade, e lle daban as grazas por telos liberado dos ucraínos. Unha periodista que participaba no faladoiro, afirmou nun ton moi alterado que era propagando pro-rusa, pois despois do que estaban a facer na cidade, pensaba que ninguén podíalle dar as grazas a un ruso. Cortei, fixen zapping e machei para outro canle; descoñezo se o resto d@s tertulian@s lle deron a razón.

Dubidei que fora periodista, pois unha persoa que o sexa, ten unha responsabilidade enorme como é a de informar e polo que parece para ela, Mariupol non ten historia era algo parecido ó Edén, ás orelas dun mar calmo, o mar de Azov, cuxa paz veu ser destruída polo ataque das forzas armadas rusas estes días. Cando alguén se asoma a un medio de comunicación, ten a obriga de estudar do que se vai falar, cousa que esta periodista non fixo. Gustaríame preguntarlle, que aconteceu en Mariupol despois da súa declaración de autodeterminación de 2014?. Investigou, estudou?, supoño que non fixo nada e agora se presenta nun programa cun determinado número de seguidores a dicir exclusivamente o que a “brigada mediática” da OTAN e a UE queren que diga, pois é o cómodo, danche todo mascado; pero o labor do periodista é outro, digo eu.

Mariupol foi asaltado polas milicias e exército ucraíno e sometida, a súa poboación no 2015 xa estaba “pacificada” a cidade e integrada na Ucraína que nace co golpe de estado e alí se funda o “Batallón Azov” que agrupa a miles e miles de milicianos pronazis, algúns procedentes de ata 20 países; moitos deles os temos sufrido tamén no noso territorio do estado, pois formaban parte dos “ultras” do equipo do Dinamo de Kiev e cando viñan acompañando ó seu equipo, destruían cafeterías e restaurantes, golpeaban a xente que non foran brancos, enfrontábanse cos siareiros do equipo local e facían barbaridades sen conto, tantas que nos democráticos países europeos chegaron a non permiti-lo seu acceso e algunhas veces se ten cerrado o seu campo polas agresións constantes ós siareiros dos outros equipos e ós seus concidadáns que non participaban da súa ideoloxía. 

Pensade agora o que poido acontecer en Mariupol cando eses bárbaros nazis, moi ben armados polo seu goberno, integrados na Guardia Nacional Ucraína nos tempos dos presidente Petró Poroshenko, teñen carta branca para facer o que lles pete; supoño que miles de mortos e desprazados e durante estes anos a humillación constante á enorme maioría rusófila da cidade, diante da indiferenza da “democrática” Unión Europea. 

Eu esperaba como mínimo, que a señora Rosa Díez e os seus asociados, que viñeron a Galicia a protestar polo “ataque” que se lle facía ó castelán, se manifestaran en Kiev polo ataque dun goberno contra unha lingua e una cultura que en importantes zonas do país é moi maioritaria e que multa á grande minoría rusa por falar na súa lingua. Falsa expectativa.

Un dos xefes deste “batallón Azov”, me parece que despois da integración no éxercito ascendeun á categoría de reximento, é Denis Projipenko, lider dos ultras do Dinamo de Kiev durante moitos anos. Dende hai un tempo a parte militar se separou da parte política e fundaron o “Corpo Nacional” cuxo líder en tempos era Andriy Biletsky que nunha entrevista no The Guardian asegurou que o obxectivo da súa organización era “lidera-las razas brancas do mundo nunha cruzada final”. Supoño que os obxectivos desta cruzada será somete-lo resto da especie humana.

É curioso como cambian as cousas, no 2018 o Congreso dos USA prohibiu mediante lei a axuda militar ó “Batallón Azov” debido a súa “ideoloxía de supremacía branca” e agora lles dan armamento. Non o necesitan, están ben financiados, dende hai moitos anos o facía o oligarca xudeu do sector eléctrico Igor Kolomoiski, gobernador da rexión de Dinipropetrovsk, segundo o díario “Ma’aviv” de Israel; alguén dicía que era imposible que o presidente de Ucraína sendo xudeu lles dera acubillo ós nazis, pois non só se lles da acubillo, senón que se lles financia. Pensarán como en Alemaña cando o grande capital e os terratenentes os financiaron, pensando que despois se lles podería “para-los pes”. Pero cando a serpe sae do ovo...

A batalla por Mariupol continúa, cada vez dun xeito máis desfavorable para o “rexemento Azov” que ten a súa se na cidade; segundo recoñece ata o goberno de Ucraína, sectores dos defensores se renden pero o “batallón Azov” segue a combater, coñecen que as barbaridades que cometeron no Donbass non poden ser esquecidas; por outra banda algunhas das fotografías que se amosan da destrución da cidade, parécenme de cidades alemás destruídas na segunda guerra mundial, posiblemente a causa de non crer nada do que me diga ningún dos dous bandos. Son moitos anos de engano.

Ten que haber responsables de non cumpri-los acordos pactados no 2015 coñecidos como “acordos de Minsk 2”; se tivera evitado a guerra, as masacres por ambos lados e a destrución. Non creo que un goberno “titere” como o de Zelensky se tivera atrevido a facelo senón foi co apoio da OTAN e da UE.

Hoxe Mariupol é un símbolo, para a ultradereita ucraína da súa vitoria contra os separatistas do Donbass e para ós rusos da derrota, se o conseguen,  do ultranacionalismo nazi que ten arelas moi importante de dominio na Ucraína actual. 


En Galicia no mes de abril do ano 2022


No hay comentarios:

Publicar un comentario