A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 2 de abril de 2017

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO E A "NOVA" POLÍTICA.

Roberto Laxe

Ana Ponton, no discurso final da XVII Asemblea do BNG na Coruña, fixo un chamado a loitar por "un governo nacionalista", num mar de críticas à "nova" política, defendendo o caráter rupturista do programa do BNG. Partindo dum acordo com essas críticas à "nova" política -por certo, falta umha referencia non ao militar de Podemos, senón ás declaracións mais perto de nós, de Villares e a relixión-, está claro que xurdem questiones que fan dubidar do verdadeiro caráter desse "governo nacionalista".

Em primeiro lugar, cal é o balance do BNG do seu passo póla Xunta de Galicia, porque o BNG xa estivo no governo, e semella que nunca o fizera. En segundo lugar, "o governo nacionalista" a que suxeito social refire-se. Na Galiza atual ha ao redor de 1 millón de traballadores e traballadoras, que vivem da venda da su forza de traballo por un salário para pagar as facturas (constitúen o 70% da poboación ativa).En terceiro lugar, un "governo nacionalista" teria como primeira tarefa ir a un proceso de autodeterminación; é dicir, o seu eixo de traballo e de governo sería acadar a soberania nacional. En cuarto lugar, cal sería o papel desse governo nacionalista no desmantelamento do réxime do 78, que é a orixe da maioría dos problemas do pobo traballador galego.
Que o BNG ten un espazo social e político, eso só o negan os que negan que Galiza sexa umha nazón. Como nazón que é, esto expresase en organizacións proprias, e se o BNG non existira, habería outra organización. Mas, é o BNG a organización dese 70% da poboacion activa que vive do seu salario (clase asalariada, clase obreira ou calquera outro sinonimo que se queira poñer)? Aquí comezan as diferenzas.
A experiencia, mesmo os planes mais progresistas desenvolvidos polo BNG / UPG no Bipartido (e o poño a consciencia por que os conselleiros que os levaron adiante foron da UPG, como Suarez Canal), non ía mais alo dos marcos da "modernización burguesa" da Galiza. Foi o plan eólico, foi a exixencia de planes de investimento no rural para dar subvencións, foi o banco de terras, foi a selección galega de futebol ou a paralización frustrada do Gaiás.
Todas elas eran medidas de saúde democrática mínimas, mas dentro dos marcos da explotación capitalista. O plano eólico, estrela de todos eles, non era mais que racionalizar o que o PP fai dun xeito caciquil... Non significaba expropiar e poñer baixo control obreiro e popular a nosa enerxia, senon que era distribuirllo "racionalmente" entre sectores do capital, entre eles algún multinacional como Jove.
O "governo nacionalista" tería esta lóxica? "Racionalizar" a economía galega, dentro dos marcos do sistema capitalista?
Pois amigos do BNG, o voso pesar, neste eido teórico na procura de aliados burgueses, tedes un bo aliado na "nova" política de Iglesias: a sua denúncia da "trama" ten exactamente a mesma lóxica, separar os capitalistas corruptos ligados ao PPSOE, dos capitalistas "honestos", "produtivos", teñan o tamaño que teñan, desde un pequeno empresario, propietario de gando ou dun pequeno barco, e poucos ou case nengun asalariado / a, até Amancio Ortega ou os grandes capitais que non viven das subvencións do estado, senón da explotación dos traballadores / as, galegos e non galegas.
Cal é a diferencia, e nisto o BNG ten a ventaxe, mentras Iglesias diríxese aos capitalistas "honestos" españois, baixo o "patriotismo" español, o "governo nacionalista" do BNG sería cos capitalistas "honestos" galegos, baixo o patriotismo galego; o seu problema é que esos capitalistas "honestos" galegos non existen. Mas desde un punto de vista democrático, non ha ningunha duvida; frente o "patriotismo" opresor, a defensa dos direitos da nazón oprimida.
O BNG é coherente, e por iso ten mais percorrido que as Mares e as "novas" formas políticas, sabe a quen se dirixir; ao pobo galego en xeral, teña a relación de propriedade que teña, propoñendolle un "governo nacionalista". E umha vez superado o desconcerto inicial das derrotas eleitorais, xunto coa incapacidade da "nova" política para superar o seu discurso, ten "cancha" social.
Mas esta proposta non abonda para a clase traballadora, que a pesar do afianzamento do BNG, segue sen contar cumha forza política que exprese dun xeito independente as suas necesidades.
A "nova" política, ainda recollendo un aspecto importante para a construcción desa forza, a perspectiva non "nacionalista" dela (un partido non ten porque reproducir a sociedade que quere construir, son cousas distintas), renuncia a facelo, porque diríxese á mais españolista das clases medias. Se o BNG ten as súas raízes nesas clases medias, a "nova" política tamén, só que desde perspectivas opostas.
A "nova" política renúncia expresamente a organizar á clase traballadora, e maniféstase como un aparello electoral na que a viaxe é de umha soa dirección: a loita esta en función da política parlamentar e non ao invés. Mas o BNG, tampouco rompe con esta dinámica unidirecciónal; a loita social esta en función das eleccións... son os períodos electorais e non os da loita de clases os que marcan a súa vida, e os seus obxectivos.
E por último, o BNG din que é rupturista, mais rupturista que a "nova" política... Obxectivamente é certo: un goberno coherentemetne nacionalista que teña como obxectivo fundemental a loita pola soberanía nacional da Galiza (esto é o que significa "nacionalista", loita pola soberanía nacional), ten que ter claro que só pode conseguilo rompendo abertamente co Rexime do 78, quen no admite a menor reforma da estructura centralista do estado. E o BNG non anuncia este camiño, só reafirmase no seu caracter "nacionalista" sen poñer no centro que iso leva á ruptura co réxime, "si ou si".
A "nova" política non vai por aí. O seu rupturismo é subxectivo, din selo mas nos feitos son todo o contrário, como se pode comprobar a cotío.
Cal é, enton, a perspectiva. Forzas como o BNG, expresando os interese interclasistas da pequena burguesía galega (por cima da confrontación "esquerdas vs direitas" está a nazón galega), ou as Mareas (antes o PSOE e IU), expresando os interese das clases medias asalariadas galegas (funcionarias, sectores da clase obreira, etc.), teñen lóxica... mas deixan orfos os interese e as necesidades da clase obreira galega, dese millón de traballadores e traballadoras que todos os días van a fábrica, á oficina, ó comercio, ó barco de pesca, á gandeiría, ó monte,... a traballar por un salario.
(Non por ingreso non salarial, porque o BNG, para xustificar o seu interclasismo nacionalista, tende a pervertir os concetos; un salario é un ingreso pola venda da forza de traballo, o que teñen os gandeiros/pequenos armadores/empresarios é pola venda do froito dese traballo, faga un persoalmente, sexa feito por asalariados / as (que os teñen).
Pois ben, cal é a perspectiva... Que todas as forzas políticas que sitúan-se na politica "interclasista" van sufrir crisis (o PCE e o PSOE son o exemplo máis clamoroso), no momento no que a loita de clases se agudice, e a clase traballadora poña as súas reivindicacións no centro. Por exemplo, a CIG ten levado os seus delegados / as concentracións dos gandeiros; estarían estos dispostos a apoiar aos traballadores / as na súa loita contra as reformas laborais, cando moitos gandeiros son beneficiarios desas reformas laborais, que lles permite contratar a baixo prezo traballadores / as.
O BNG pode prometer un "governo nacionalista", mas ten que ter claro, un, que se é coherente na esixencia da soberanía nacional vai chocar de fronte co Réxime do 78, e iso non se pode deixar nun segundo plano, pois estaría enganando á poboación; dous, que ese "governo nacionalista", no momento que tomara decisións como a derrogación das reformas laborais, na defensa das condicións da clase traballadora, chocará de fronte con alguns dos que queren o seu apoio, os burgueses (propietarios de buques, terras, comercios ou negocios en xeral) que lle podan soster, pois como propietarios beneficianse dos baixos salarios e a precariedade.
A perspectiva ten que ser que a clase obreira, ou ben constrúe a sua propria organización, independente do estado e independente de calquer sector social propietario de medios de producción e distribución (teñan o tamaño que teña), ou vai á loita de clases atado ao carro do inimigo.

En Galiza no mes de abril de 2017


No hay comentarios:

Publicar un comentario