Carlos Dafonte
A sorpresa do pacto de goberno
O que non se conseguiu en varios meses,
concretouse, pouco, nun documento que abre múltiples interrogantes e que
permitirá un goberno formado polo Psoe e Unidas Podemos si se acadan os apoios
necesarios, aínda que sexa en segunda volta no Congreso dos Deputados; si, o
Psoe de hai poucos días que convocou eleccións, pois había firmes razóns para
non fiarse de Unidas Podemos e das que o separaban moitas cuestións
programáticas, como eran a cuestión territorial, unha grande parte do programa
económico e o tema da fiscalidade ou a Unión Europea, despois do batacazo
electoral do partido que apoia a Pedro Sánchez, todo se soluciona, en menos de
48 horas e o que antes non era posible agora o é; pero todo hai que dicilo, con
menos apoios que antes.
Por moito que queiramos tapalo, só hai un partido triunfante, o neofranquista Vox que dobra os seus resultados, avanza dun xeito insospeitado; representa unha ameaza para a propia democracia burguesa? E para o réxime?; coido que non, pode axudar para que o Pp, ca fin evita-la perda de votos pola súa extrema dereita, considere que debe facer máis reaccionario o seu discurso e as súas propostas e máis virulenta a súa oposición.
O Pp avanzou pero dado
a desfeita de Ciudadanos, deben pensar en profundidade que foi o que levou a
unha parte moi importante dos votantes deste, a facelo polo neofranquismo
rexeitando facelo por eles; posiblemente, aínda que non creo que o fagan, deben
chegar á conclusión que manter un discurso aznarista, dedicarse a propor
solucións populistas e de forza ós problemas cotiás, negándose no tema catalán
desde hai moitos anos a buscar solucións dialogadas, utilizando unha linguaxe
que nin o Fraga dos primeiros tempos de democracia utilizaría, fixo posible que
ese pensamento reaccionario se abrira paso, se asentara na sociedade e no
momento de votar, diante da ausencia de argumentos políticos e nun “caldo de
cultivo” de enfrontamentos insultantes, pois se vota ó que máis barbaridades
di, o que indica os problemas ideolóxicos, políticos e sociais que padecen unha
parte da sociedade do estado.
A esta situación
contribuíu dun xeito moi imporante Ciudadanos, non esquezamos aquelo da “banda
de Sánchez” na que participaban “asasinos e os que queren romper España” e que
cunha campaña na súa contra nos medios, había que reforzar os dous polos do
bipartidismo, non puido manter os seus votantes e pode atoparse en vías de
desaparición ou integración no PP. Substituír a Rivera por Arrimadas non creo
que sexa unha solución, cando esta foi xunto con Rivera, a punta de lanza desa
campaña de despropósitos, que non só foi na linguaxe, senón no constante cambio
de programa e de rumbo político: de pactar un programa co Psoe que dicían
“progresista” e reclama-lo apoio de Podemos ó mesmo, a facelo con Vox para
conseguir poltronas institucionais.
Un posible goberno máis débil do que se puido formar hai meses.
Non so pola razón de
que agora Psoe e Unidas Podemos suman menos, senón porque despois da sentenza
do Supremo contra os dirixentes políticos e sociais de Cataluña, a baixada da
Esquerda Republicana, a suba de JxC, a presenza da Cup e eleccións para o
Parlamént o ano próximo, as dificultades para que ERC apoie, son maiores que
hai uns meses.
É certo que se pode contar cos tres
Deputados de Más País, pero tamén o é, que esta operación pulada polo Psoe
saíulle mal, restoulle sete Deputados a Unidas Podemos, que serían menos de non
presentarse, aínda que xa sei que posiblemente votos de Más País, de non
presentarse podían ir á abstención.
Estes últimos días, aparece unha teoría que
relata unha conspiración dentro do partido que de ser certa aínda faría máis
feble o posible goberno de coalición; a que argumenta que as presas en asina-lo
programa de 10 puntos, foi resultado de que o Pp e Ciudadanos para dar un apoio
ó Psoe, exixían que tiña ser outro candidato que substituíra a Pedro Sánchez, e
todo indica que o substituto sería García Page; de ser certa esta teoría,
dentro do Psoe había e poden seguir existindo, resistencias a este goberno e ó
propio Sánchez, o que posiblemente non garanta que todos os deputados do Psoe
voten polo mesmo.
As razóns para non apoiar un Goberno Psoe-Unidas Podemos
Sei que a miña é unha postura moi
minoritaria e que en amplos sectores da sociedade considérase que o pacto e o
goberno que poda concretarse vai ser, como mínimo, beneficioso para frea-la
extrema dereita; pero é unha teoría que non comparto; un goberno que pode ser
acusado, sen razón algunha de roxo, de desenpolva-lo espírito cainita da guerra
civil e de ter proxectos de instaurar “chekas” por todo o país, de querer
“romper España”, é dicir recorrendo ó medo, ó enfrontamento civil, e xa sabemos
que tamén haberá medo a todo o que non é coñecido, pode permitir que os berros
da extrema dereita teñan máis aceptación entre inxentes masas de desinformad@s
e xentes fartas da situación política actual, que un Goberno apoiado, como se
considerase, polo Pp e Ciudadanos.
Ademais do anterior,
en primeiro lugar pola razón de que xa o deixaron moi claro na roda de
prensa celebrada ás horas seguintes por separado das persoas asinantes, que se
vai desenvolver nos límites establecidos pola Constitución e a Unión Europea; e
non esquezamos, aínda que sería cuestión de discutilo a fondo, un problema como
o territorial que sacude hoxe a toda a sociedade, cos límites actuais, que non
permiten avanzar cara a un Estado Federal nin consideran aceptar o dereito de
autodeterminación de Galicia, Cataluña e o País Vasco, que despois se pode
exercer ou non, non vai ter moita solución.
En segundo,
porque se lle vai exixir como si tivera maioría absoluta, toda unha serie de
reformas económicas, sociais e políticas que nin o propio Psoe atópase disposto a levar adiante. Polo tanto
se vai a cargar sobre as costas de Unidas Podemos unha grande parte da
responsabilidade do que non se leve a cabo, en momentos nos que a oposición vai
ser moi poderosa e os apoios dubidosos, por atoparse en mans de partidos
nacionalistas e unha serie de partidos “conseguidores”, que cando haxa que
actuar de acordo o Plano de Estabilidade presentado polo Psoe en Bruxelas,
engadíndolle os recortes exixidos pola UE, veremos canto duran estes apoios. E
no caso de fracasar o Goberno, non será posible que a esquerda recolla os
apoios derivados do fracaso e a extrema dereita se vai atopar cun voto froito
do desencanto.
En terceiro por
ser un freo á mobilización social, imprescindible para avanzar en calquera tipo
de reformas, e nestes anos de paz social e polo tanto de avance do pensamento
reaccionario, a perspectiva de mobilización social ten perdido moito peso na
acción política e avanzado na conciencia da xente, que só desde as institucións
se poden conseguir os cambios. Nunca se cambiou nada sen a actividade d@s
traballador@s na rúa. No 2019 se van repetir aqueles argumentos que se daban a
partir de 1982, de que agora “xa están os nosos” no Goberno. Pero a situación é
moi distinta. Agora non se conta como naqueles anos, nin con un PCE, derrotado a
nivel electoral, pero aínda organizado, cunha “extrema esquerda” moi crítica e
cunhas Comisións Obreiras, por aquel entón moi combativas que aínda eran un
sindicato de carácter político social. Hoxe a maioría do sindicalismo con certo
peso converteuse en aparellos burocratizados e de servizos. En moi pouco tempo
despois da vitoria do Psoe, se levou a cabo a primeira folga xeral.
En cuarto por
considerar que a reorganización da esquerda, que segundo a miña opinión, debía
ter como elemento central a Unidas Podemos, e en Galicia xunto co sectores do
nacionalismo, vai sufrir un atranco importante.
Por último, nunha
conversa de hai uns días, me reprocharon que eu, que sempre dicía,
parafraseando a Lenin, a importancia de te-lo poder, agora que se podía
configurar un Goberno Psoe-UP, situábame en contra; pois si, por unha razón
fundamental, non se pode confundir “ter o poder” con formar un goberno débil,
sen moito poder como vai se-lo caso.
En Galicia no mes de Novembro de 2019
Gobernar non é ter o poder real. O que goberna, como os parlamentos, aprovan o que outros redactan segun a correlación de forzas. A maioria dos parlamentarios como dos gobernantes son membros dunha clase social moi concreta, qeu tendese a simplificar no IBEX 35, mas é moito máis ampla, a CEOE e a CEPYME; é decir, os grandes truts finaceiros e multinacionais (Ibex 35), a gran burguesia (CEOE) e a pequena e mediana empresa (CEPYME), ademáis da Igrexa; son os seus represtantes como abogados, economistas e outros técnicos.... Son eles os que redactan as leis que os parlamentos aprovan e os gobernos executan.
ResponderEliminarPor iso, é moi perigroso para a clase traballadora confundir "poder" con "goberno". O seu poder non reside en confiar en gobernos que non van romper as regras impostas polos verdadeiros detentadores do poder, senon na sua actuación independente, na loita na rúa, utilizando todos os mecanismos que teñan na sua man, .... mas sen confiar nunca nas institucions do inimigo.
Foi Anxo Quintana, nun alarde de "marxismo", quen recoñeceu cando chegou a Xunta Bipartita, que chegaran "o goberno mas non tiñan o poder". O mesmo Varoufakis, cando comenzou as negociaciós coa UE e a Troika, comentara que o ministro de finanzas Aleman lle dixera a titulo persoal: "sei que tedes razón, mas imos machacarvos"... O Deustche Bank e o capital aleman precisaba de diñeiro para tapar os seus buracos, e ese diñeiro ía vir, entre outros, do pobo grego; tiveran ou non razón Syriza. O conto de Syriza xa sabemos como rematou, claudicando, vendendose á UE, e agora goberna a direita burguesa de sempre.
E todo porque a clase traballadora e o pobo grego confiaron en Syriza, como gran alternativa de cambio que estaba no goberno. E non esquezamos que Syriza non tiña como xefe de goberno a PS, senon que eles eran os xefes do goberno.
Cando vexamos as barbas do veciño cortar.....