Roberto
Laxe
Cando
se critican as políticas dos gobernos do PP, da Unión Europea, ...
é habitual, facer unha relación de cales son, a saber: débeda,
recortes nos servizos, resgates bancarios e privatizacións, reformas
laborais e rebaixas de salarios, ou sexa, empobrecemento xeral da
sociedade. Dáse como un feito coñecido a súa relación,
establecendo como prioritario a débeda, os recortes e as
privatizacións.
Esta
claro que neste momento a resposta social máis contundente ás
políticas dos gobernos veñen polo flanco das loitas contra as
privatizacións, a sanidade á cabeza; é por iso que ante a
sociedade visualícese a relación entre débeda, recortes e rescates
bancarios. Doutra banda, ao longo de todos estes anos vendeuse a
imaxe de que os problemas de déficit e débeda viñan, tamén, dos
salarios e as condicións de traballo dos funcionarios, que sufriron
nas súas carnes os golpes das conxelacións salariais e os recortes.
Agora é o ensino, coas súas folgas contra a Lei Wert, as que
aparecen como o centro das políticas dos gobernos.
A
débeda e o seu pagamento, o desmantelamento do estado do benestar e
os rescates bancarios non só están intimamente ligados, senón
aparecen nidios diante da sociedade -non é difícil facer as sumas e
restas-, por iso, esta centra os seus odios nos bancos. Así, nas
enquisas os empresarios, sobre todo os pequenos e medianos, saen ben
parados, véselles como vítimas igual que á clase traballadora,
mentres que os bancos e as grandes empresas –coñecida como a
“oligarquía financeira”- aparecen como os ogros, o que sen
dúbida é san e progresivo, pois apuntan o corazón do sistema.