Carlos Dafonte
A celebración estes días pasados do “ Cumio dos Países do Mediterráneo” en
Barcelona, para falar entre outras cuestións do terrorismo practicado por
algunhas organizacións de musulmáns radicais nos territorios onde se fixeron
fortes e o perigo que para as sociedades de Europa representan, serve de marco
para facer toda unha serie de consideracións sobre o problema.
En primeiro lugar, a contradición que se desprende de determinadas
políticas de países e organizacións europeas no espazo da ribeira sur do
Mediterráneo e Oriente Próximo e Medio, que hoxe se xuntan en Barcelona para
combater algo, cando son as súas propias actuacións as que provocan o problema
que despois din combater. En segundo, a
inexistencia dunha análise fonda, dunha autocrítica, sobre os erros cometidos
en moitas das actuacións dos imperialistas europeos representados pola UE, que levaron ó pulo do que hoxe se quere
erradicar en zonas onde, estaba perfectamente controlado, por exemplo Iraq,
Siria e Libia.