Carlos Dafonte.

No exercicio espurio de sumar escanos, algunhas direccións de programa
tanto de televisións privadas como públicas, chegaron a sumar o PSOE, Podemos,
IU, PNV, Bildu, Esquerra Republicana, Democracia e Llibertat e Coalición
Canaria, para a formación dunha maioría parlamentaria que denominaban de
“esquerdas”, cando a realidade que interesa é outra, e nunha primeira
aproximación, dende o punto de vista dos traballadores asalariados, que son a
grande maioría da sociedade, deben analizar se o retroceso do bipartidismo e a
aparición de novos partidos na escena política, vai significar tamén un
retroceso das políticas que se coñecen co nome xenérico de neoliberais que son
as que agreden ás maiorías sociais, pero sobre todo o fan a quen ten que vender
a súa forza de traballo por un salario.