A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 5 de marzo de 2026

OS USA NON ACEPTAN DEIXAR DE SER O HEXEMÓN E ACTÚAN PARA IMPEDILO (IV)

Que é previsible no futuro?

Depende en grande medida de varios acontecementos posibles; en primeiro lugar das intencións dos USA e Israel respecto a Irán, pero hoxe 28 de febreiro todo ficou claro, atacaron a Irán conxuntamente, agora co obxectivo dun cambio de réxime. Xa non hai a desculpa do programa nuclear ou, despois do fracaso do intento de golpe con persoas infiltradas, que aproveitaron manifestacións pacíficas de hai dous meses, hai a posibilidade de que os dous agresores sacaran conclusións erradas deses feitos e os levaron a pensar que un ataque sobre o cumio político e relixioso do réxime, eliminando parte da súa cabeza, precipitaría a situación e o réxime caería. 

Aínda que se o pensas ben, moita esperanza os agresores non teñen, pois non presentan alternativa algunha, sólida, fiable, como non sexa a monárquica na figura do fillo do Sha, o ditador que sumiu Irán en 27 anos de saqueo das súas riquezas e nunha das etapas máis negras da súa historia.


Unha vez máis, os USA e quen manda neles, Israel, utilizan o comezo das xuntanzas previas ás negociacións para consumar o ataque, deixando claro unha vez máis, en xuño do ano pasado aconteceu o mesmo, que a que di ser a grande potencia planetaria non é de fiar e polo tanto non pode ser o líder mundial, pois a un país que xogue este papel se lle debe esixir ser previsible e críbel, cumprir estritamente co dereito internacional e a carta da ONU, condicións que os USA levan moitos anos conculcando. Quen vai confiar hoxe en día no que digan os USA?. Se a diplomacia, enterate Kaja Kallas, e conseguir que dúas partes que non están de acordo, que incluso son inimigos, teñan a posibilidade de poñerse de acordo, hai que recoñecer que os USA, apoiados pola UE e Reino Unido, práctica a diplomacia do engano con fins militares.


Podémonos preguntar que obxectivos estratéxicos tentan acadar os USA con esta acción ou a pregunta debe ser que obxectivos estratéxicos ten Israel?. Supoño que facer desaparecer a República Islámica, dividir o seu territorio, aseguran que xa teñen os sionistas, constitucións para azeríes, kurdos e baluchis que integran o territorio actual, para cando o desmembramento sexa un feito, e que Irán deixe de ser unha potencia rexional en expansión. 


Marco Rubio, Secretario de Estado dos USA saíu a explicar que coñecendo que Israel atacaría Irán e que Irán os atacaría a eles, por iso entraron en guerra; é dicir o lóxico e pensar que sendo agresor evitarían a agresión, pero a realidade é que lle deron a Irán todos os argumentos para agredilos e non evitaron a agresión, polo que ese argumento non ten base algunha. Para a comunidade internacional eles son agresores e non os agredidos. E iso conta.


As consecuencias do acto de guerra poden ser graves, pois Jamenei era unha figura moi importante dentro do chiismo e posiblemente nos países que conten con grupos importantes de esa tendencia, pode haber repercusións que sen chegar a producirse cambios políticos estruturais, pode crear conflitos coa presenza de tropas e bases dos USA e países da UE, así como as representacións diplomáticas..


Por outra banda o asasinado Jamenei non era partidario da aplicación da enerxía nuclear á fabricación da bomba; o seu substituto, pensará o mesmo ou o caso de Korea do Norte vai ser o exemplo a seguir?. Deixaron ao país en paz cando conseguiu a bomba atómica


Si a nivel internacional os USA levan deturpando o seu crédito, a nivel interno cada vez me dan máis a razón, pois son dos que penso que é unha ditadura e neste caso, creban coa propia Constitución e entran en guerra sen consultar aos representantes elixidos polo pobo, únicos que poden declarar a guerra, nin consultar á ONU. Esta situación totalmente ilegal, comeza a crear problemas a demócratas e algún republicano, pois consideran se lles secuestran os seus dereitos constitucionais.


Nestes tres ou catro días de guerra, se confirma o que xa aconteceu na guerra da “ducia de días” do mes de xuño do ano pasado, que Israel e moi vulnerable cando ten que enfrontarse a unha potencia do seu nivel. Polo tanto non entendo as razóns de atacar a Irán, como non sexa pensar que decapitando o cumio do estado e unha moi mala lectura do acontecido a principios de ano, farían caer ao réxime. Posiblemente como no mes de xuño do ano pasado a loxística manda e en poucos días non van ter con que seguir atacando. Irán atacou e destruíu a maioría das bases norteamericanas en Kuwait, Omán, Barhein, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Erbil en Iraq, Incirlik en Turquía, etc, bases que cada unha tiña unha función determinada nesta agresión ao estado e territorio Iraní, así como os portos a onde chegarían as armas que esgotaran. Como van estes estados a reaccionar cando asuman que os USA non van defendelos?. Posiblemente haberá,  pasado un tempo, unha reestruturación política na zona. Novas alianzas.


A base norteamericana de Incirlik en Turquía, foi atacada e segundo parece ficou inservible, Turquía é un país da OTAN, descoñezo protesta algunha do goberno, inclínome máis por destacar a postura ambigua de Erdogán en moitos procesos próximos e que posiblemente estivera tratado este acto con Irán. O que teme Turquía é o apoio dos USA aos kurdos, que de caer o actual réxime persa darían pasos cara a súa independencia o que sería un atractivo para os millóns de kurdos de Turquía. 


Por último atópase o problema moi importante do posible peche por parte de Irán do estreito de Ormuz, por onde pasa o 20 % do petróleo producido, un de cada cinco barrís,  e polo tanto as repercusións que vai ter este feito sobre a economía mundial. Pero non é so petróleo, toda a zona xera unha cantidade enorme de negocios de todo tipo que esta guerra está a paralizar e que teñen repercusións sobre a economía planetaria. Así mesmo a maior refinería mundial a de Ras Tanura en Arabia Saudita foi atacada, fálase dun ataque de “falsa bandeira”, hai a posibilidade de que non foran os iranios, e Arabia pechouna.


Especulase tamén coa posibilidade, o di o ex subsecretario con Colin Powell Douglas McGregor nunha recente entrevista, do peche do canal de Suez polo por parte dos iranios, que poden facelo pois co seu armamento poden dominar o Mar Vermello,  que de ser certo e producirse, aumentaría o colapso económico. Este mesmo norteamericano afirmou que o arsenal iraniano constaría aproximadamente de 45.000 drons, mísiles, etc, algúns de tecnoloxía tan sofisticada que é para os norteamericanos imposible derrubar e eles contan con aproximadamente con 4.000. Un alto militar na reserva español nun programa de TV afirmou que os persas tiñan un arsenal de 3.000. Quen está no certo?. En disposición de lanzar os estadounidenses na zona non teñen máis de 700, despois teñen que ir a repostar e agora afastados do territorio do conflito. 


 Polo tanto as perspectivas non son boas, a guerra penso non a vai gañar ninguén e os países que poden premer para que haxa un acordo e poñer fin ás hostilidades, son ao meu parecer China e os BRICS. Pero o tempo dirá. 

Dúas preguntas sobrevoan este gravísimo incidente, seguirán os USA mantendo o seu poder militar na zona? Aceptarán os países que antes lles permitían bases, portos etc, reconstruír esas infraestruturas que poñen en perigo a súa existencia? Poderá Israel seguir a xogar o papel de matón de “barrio”, se o poder militar dos USA é máis débil? Hai xeito de impedir que Irán fabrique a bomba?


Galicia no mes de marzo de 2026