A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 17 de marzo de 2014

AS CONTRADICIÓNS INTERIMPERIALISTAS E A LOITA DE CLASES

Roberto Laxe

O outro dia, en El Pais, publicaron un artigo que se titulaba, tras a crise de Ucraína, "O mundo sen lideranza". Hoxe, nun telefilme dos Simpson, facían unha caracterización da situación política mundial moi peculiar: un comentarista de TV estaba transmitindo un partido de Beisbol e o bateador lanza a pelota fora do campo, e o tipo din. "e fixo desaparecer a bola, como desaparece o noso papel (dos EE UU) no mundo". É unha esaxeración, mas é como perciben os ianquis a súa decadencia, "desaparecen" do mundo.
Esta claro que non "desaparecen", mas o que é claro é que o papel dos EE UU no mundo esta indo polo sumidoiro. Os países, cada vez mais van pola súa conta como demostra a recente votación na UNASUR ou na OEA contra as mobilizacións reaccionarias en Venezuela, deixando sós aos EE UU e a Panamá; cousa impensable non fai tanto tempo.

Diante deste retroceso é lóxico que os ianquis reaccionen e queiran retomar a iniciativa a nivel mundial. Ningún imperio deixou o seu papel na historia se non foi tras unha longa decadencia, e tras derrotas militares que o levaron o desastre (non so me refiro a imperios capitalistas). Mas as veces tendemos a confundir "imperialismo" como fase do capitalismo, con "imperialismo" política do capitalismo, dun capitalismo concreto (neste caso os ianquis).
Para Lenin o imperialismo non é a política dun estado capitalista en concreto, senón que é unha fase do capitalismo; a que senta as bases para a transición o socialismo. Se fose a política dun capitalismo en concreto, a lóxica política dinnos que é posible chegar a un acordo coas forzas burguesas non imperialistas. Así foi nos tempos de Marx e Engels, cando apoiaron ao burgués Lincoln contra os escravistas pro británicos do sul.
Mas desde finais do século XIX y comezos do XX, a economía mundial xa non é capitalista do "laissez faire", onde os estados avanzados servían de exemplo aos atrasados, como pensaban Marx e Engels; senón é capitalismo imperialista dominado polo capital financeiro, é dicir, unha fase concreta do capitalismo que atinxe todo o mundo, desde os mais avanzados ate os mais atrasados, e a revolución adquire un carácter desigual e combinado; os pobos "avanzados" xa non son o espello para os "atrasados", senón que estes poden saltar, queimar, etapas (teoría da revolución permanente). Todos caen nas poutas do imperialismo capitalista, uns como potencias dominantes, e outros como pobos oprimidos. O imperialismo non é unha política, senón que é a estrutura do capitalismo. O capital financeiro, na concepción leninista a fusión do capital industrial, o bancario e o comercial nunha forma superior, os truts, as multinacionais, domina en todas as nacións do mundo, nas dominantes e as dominadas... a diferencia é que as primeiras explotan ás segundas.
Por iso, as contradicións interimperialistas ha que entendelas como unha loita "permanente" este as potencias para dominar o mercado mundial, fonte de riqueza directa; neste sentido, o saqueo das materias primas é secundario para imperialismo capitalista, pois o ser capitalista a riqueza non a extrae das materias primas -iso era nos imperios non capitalistas-, senón da explotación da clase obreira, da plusvalía (é moi normal esta confusión froito dun descoñecemento, consciente ou non, da estrutura da acumulación de capital, e da que nin Rosa Luxemburgo escapou). A potencia imperialista dominante, polo control político e militar do mercado mundial, acapara unha parte da plusvalía xerada a nivel mundial. O exemplo hoxe son os EE UU, que polo dominio que aínda manteñen do mercado mundial polo dólar (e os marines), acaparan sen despeitearse o 6% do PIB mundial; o que lles permitiu ate o de agora esquivar as consecuencias mais nefastas das crises do capitalismo, exportándoas.
O dólar é a ferramenta pola que os EEUU espolian o mundo, facendo todas as manobras que precisen para mantelo: guerras comerciais, financeiras, monetarias, bloqueos ou directamente ocupacións militares. Non é o petróleo, non é o coltan, non é o litio... é o dólar o que controla o mundo. E o dólar, hoxe, esta posto contra as cordas pola debilidade do estado que o fabrica, que xa non ofrece garantías de pagamento da débeda; o susto foi planetario cando por unha liorta interna entre Obama e o Tea Party, o estado suspendeu pagamentos; isto levou a todos os tenedores de débeda ianqui, chineses e xaponeses á cabeza, á buscar substitutos.

E aquí entran os BRICS, e nomeadamente China e Rusia

Os marxistas as veces somos dun dogmático, e poren antimarxistas que mata. Lenin dixo o mundo é imperialista, o "mundo xa esta repartido", e con iso vamos a misa (nunca mellor dito). Pero esquecemos que Lenin continuaba no mesmo texto, "so collen novas reparticións". Porque cando escribiu os EE UU eran a China da época, e os EE UU do momento eran a Gran Bretaña; e que cando se refería a "esta repartido", falaba especialmente de Gran Bretaña, Francia e Alemaña, e as potencias europeas. Os USA só entraron na escena mundial cando estes tres se destruíron a canonazo limpo na I Guerra. Xapón fíxoo uns anos despois, en 1941, aínda que en 1905 xa anunciaran a súa candidatura.
Mesmo Alemaña chegou tarde o reparto do mundo feito entre franceses e británicos (o ferrocarril africano que para os primeiros ía de este a leste, e para os segundos de norte a sul, é o máximo exemplo dese reparto). Tan tarde chegou que tivo que montar dúas guerras para se facer un oco no mercado mundial.
Aquí entra un concepto que os marxistas tendemos a esquecer e que explica esta dinámica aos "novas reparticións" de Lenin: a acumulación orixinaria de capital.
Tendemos a ver a acumulación orixinaria de capital como se fose un "big bang", o "pecado orixinal" do capital; que se deu no século XVI e XVIII en Gran Bretaña coa piratería, as reformas agrarias e a revolución industrial, e xa non é posible unha outra acumulación orixinaria. E iso é estático, pois non explicaría porque Gran Bretaña e con ela Francia, perderan o dominio do mundo fronte a ianquis, alemás ou xaponeses.
A acumulación orixinaria de capital se deu en todos os países do mundo, a diferentes ritmos, con diferente calado e profundidade, e en diferentes momentos históricos. Gran Bretaña foi a primeira (ben, Flandres para ser mais precisos), Francia despois. O longo do século XIX estes dominaron o mundo e Alemaña era unha das nacións mais atrasadas de Europa, que tiveron que pasar o seu proceso de acumulación orixinaria de capital. Vexamos como Engels o describe no prefacio a 2ª  edición sobre o problema da Vivenda;

"Alemaña apareció tarde en el mercado mundial. Nuestra gran industria surgió en la década del cuarenta y recibió su primer impulso de la revolución de 1848; no pudo desarrollarse plenamente más que cuando las revoluciones de 1866 y 1870 hubieron barrido de su camino por lo menos los peores obstáculos políticos. Pero encontró un mercado mundial en gran parte ocupado. Los artículos de gran consumo venían de Inglaterra, y los artículos de lujo de buen gusto, de Francia. Alemania no podía vencer a los primeros por el precio, ni a los segundos por la calidad. No le quedaba más remedio, de momento, que seguir el camino trillado de la producción alemana y colarse en el mercado mundial con artículos demasiado insignificantes para los ingleses y demasiado malos para los franceses. La práctica alemana predilecta de la estafa, que consiste en mandar primero muestras buenas y después mercancías malas, fue rápida y duramente reprimida en el mercado mundial, y quedó casi abandonada; por otra parte, la competencia de la superproducción llevó poco a poco, incluso a los sólidos ingleses, por el camino resbaladizo del empeoramiento de la calidad y favoreció así a los alemanes, quienes en este orden no admiten competencia. Así fue cómo, por fin, llegamos a poseer una gran industria y a representar un papel en el mercado mundial. Pero nuestra gran industria trabaja casi exclusivamente para el mercado interior (a excepción de la industria del hierro, cuya producción excede en mucho las necesidades del país). El grueso de nuestra exportación se compone de una cantidad infinita de pequeños artículos, producidos en su mayoría por la industria a domicilio rural y para los cuales la gran industria suministra, todo lo más, los productos semimanufacturados”

Noutro momento din que a industrialización alemá ven da man da masiva inversión francesa, que "regaron Alemaña de francos"´.
Hoxe falaríamos de Alemaña como unha semicolonia francesa... (tamén Rusia estaba regada de francos franceses). Xapón recén espertaba do soño do feudalismo e a base dos canonazos ianquis (a opera Madama Butterfly como metáfora do que acontecía con Xapón), abrían as suas portas á economía occidental e liquidaba dun plumazo ese pasado matando a 40 mil samurais, e os USA, tras a guerra de secesión, daban os seus primeiros pasos contra países en aberta decadencia (España e a guerra de Cuba e Filipinas), mas sen se atrever con as duas grandes potencias, Gran Bretaña e Francia. Todos eles estaban facendo a comezos do século XX o que esas dúas fixeran un seculo antes, a acumulación orixinaria de capital. Mas só foi cando estas dúas demostraron a súa debilidade e decadencia, desatouse a guerra, dúas nun curto período de tempo..
Hoxe China (Rusia doutra maneira) esta percorrendo o mesmo camiño. A decadencia do capitalismo euro norteamericano e o estancamento do xaponés, abre as portas a unha expansión sen precedentes de novas potencias na pelexa por "novas reparticións" do mercado mundial.
China fixo a súa acumulación orixinaria de capital sobre varias patas tras a derrota do movemento de masas en Tiananmenn: un, os capitais multinacionais na procura de man de obra barata para produtos "semimanufaturados", dous, unha inmensa poboación rural empobrecida, carne de industrialización, tres, a achega de capital fresco coa incorporación de Hong Kong a China, catro, a planificación burocrática e ditatorial da economía por parte do PCCh, e cinco, a existencia dun sector da industria pesada estatal que permitiu o desenvolvemento e a acumulación do capital nos sectores mais competitivos a nivel do mercado mundial, onde as grandes potencias renunciaran a traballar. Isto redundou nunha acumulación de capital billonaria (as reservas son de 4 billóns de euros, catro veces o PIB español) que hoxe busca sectores onde a inversión sexa rendible.
Se elo ven acompañado dun retroceso dos imperialismos euro ianquis, a lóxica é imparable.
Rusia pola súa banda tamén viviu, e vive, un proceso de acumulación orixinaria de capital propio. A mafia rusa tras a implosión da URSS cumpriu o mesmo cometido que os corsarios ingleses do século XVI y XVII, rapinar todas as riquezas que precisaran, a partir dunha mano de obra moi cualificada e moi barata. O capital alemá entrou a saco na economía rusa, mas os burgueses ex burócratas de Rusia mantiveron o control das grandes empresas de materias primas, petróleo, gas, e sobre todo, da industria do armamento herdada da URSS (é o segundo vendedor de armas tras os USA). Sobre esta base, produciuse  unha acumulación orixinaria de capital que hoxe, como no caso chines, esta á procura de sectores onde ser rendible.
Estes procesos serían impensables nos anos 50, 60 e 70, porque o dominio do mercado mundial polos USA e os seus aliados era esmagador. Mas desde os anos 80 o retroceso destes é palpable, e salvo o intervalo dos 90 tras a queda do muro de Berlín, é inevitable. A tendencia decrecente da taxa de lucro actúa principalmente sobre as potencias que chegaron a un nivel de produtividade alto, porque como sabemos, a taxa de lucro é inversamente proporcional á taxa de produtividade/explotación, por iso tende a súa caida.
Agora achamos unha realidade con moitos elementos que deron orixe á I guerra mundial: as potencias dominantes están en retroceso -isto non quere dicir que abandonen o teatro mundial pacificamente, van pelexar ate o final-, e ha actores novos na escena que procuran un novo reparto da torta do mercado mundial. As guerras financeiras, monetarias, e acontecementos como o de Ucraína inscríbese nese cadro: as masas populares levántanse contra as políticas burguesas, neo ou social liberais todas elas (sexan aplicadas por Maduro o Capriles, por Gadaffi ou Mubarack, por Ben Ali ou al Assad, por Yanukovihc ou Timoshenco, por Putin ou Merkel), e as potencias interveñen, non para favorecer ás masas, senón para debilitar o inimigo ou competidor. Por iso é mais necesario que nunca a construción dunha organización independente de calquera alternativa burguesa, se adorne esta coa bandeira que se adorne.
Neste sentido resulta surrealista ver a vellos "comunistas" saír á rúa a apoiar a política do burgués Putin, ou escoitar ou ler a xente da esquerda no Estado Español confundir á Rusia actual coa URSS. Estes comunistas -que de comunistas teñen pouco, só a bandeira, como os chineses- non entenden que baixo as armas rusas non vai o socialismo, que baixo Putin vai un saqueo de igual nivel que o que podan levar os marines e a VI Frota. De feito, China ten incrementado o seu orzamento militar un 12% (o crecemento do PIB que teñen previsto é do 7.5%) e Rusia esta chegando a acordos para instalar bases militares en Cuba, Venezuela, Nicaragua... e algún pais africano. A guerra é a política por outros medios, dixo von Clausewitz, e esta expansión militar é parte do expansionismo político e económico desas dúas potencias "emerxentes".
Creo lembrar un magnifico film de Pontecorvo, con Marlon Brando saíndose, no que conta unha historia moi actual: Marlon Brando fai de axente británico que arma e apoia aos escravos en loita contra a opresión ... para tentar que esa loita non chegue o eu final (o discurso de Brando diante dos aristócratas explicándolles que a loita que comezara contra a opresión colonial pode transformarse nunha loita contra eles, e que por iso ten que actuar, é todo un documento do que é unha revolución), e para que Gran Bretaña substitúa a España (a censura franquista fixo que a potencia colonial fose Portugal) no dominio.
Daquela a ninguén se lle ocorreu dicir: non apoio a loita anticolonial porque ha un axente imperialista... Nos anos 70 a ninguén se lle ocorrería recorrer ás teorías da conspiración que Hollywood puxo de moda nos 90; senón que se recorría á loita de clases como método de análise, e a criba dos acontecementos era: favorecen ou non á revolución, non si ha conspiradores dentro dos movementos; desde sempre houbo provocadores e conspiradores, desde os invasores españois apoiando a tribos mexicanas contra a opresión azteca ate Ho Chi Ming pactando cos USA fronte a Xapón!... Os USA armando á URSS fronte á Alemaña nazi, ou aos partisanos franceses e italianos. Vaia novidade esa de que os imperialistas interveñen nos conflitos sociais,
Pois ben, froito dunha teoría da conspiración nefasta, que convirte as loitas dos pobos en manobras do imperialismo, onde queda o comezo do Manifesto Comunista no que a loita de clases "é o motor da historia"?
Ha unha outra esquerda que non cae na teoría da conspiración, mas non supera o esquematismo nos análise: os USA son hexemónicos, todos os demais son axentes deles, e Rusia e China son semicolonias dependentes. O final, este esquema lévalle a perder de vista, desde o punto de vista contrario, a necesidade de resaltar a independencia de clase pois calquera enfrontamento intercapitalista non existe, e os pobos actúan sempre movidos por motivos "xustos"; non ha manipulación porque, quen se vai enfrontar aos USA? Ó non ver as contradicións interimperialistas, fican cegos diante das manobras interimperialistas.

Galiza, no mes de marzo de 2014




No hay comentarios:

Publicar un comentario