A crise e as súas
consecuencias de paro, desafiuzamentos, rebaixa de salarios e
pensións, ataque os dereitos sociais, laborais e políticos, etc,
abriu un período no que a xente fala e discute sobre a economía,
sobre as causas da crise, as súas consecuencias, tamén as razóns
de por que afecta máis ó noso país, a determinadas clases e
sectores sociais; as xentes opinan pero forman o seu criterio moitas
veces influenciados polos medios que tentan dar unha versión moi
nesgada do que está a acontecer.

A FINALIZACIÓN DA ETAPA
EXPANSIVA.
Debemos partir dunha
afirmación que hoxe case ninguén discute; a finais da década dos
anos sesenta do século pasado, o modelo de acumulación, que
permitiu unha importante etapa de expansión mundial desde o final da
II ª Guerra Mundial, chega ó seu final cas recesións de 1967 e de
1969-70.