Roberto Laxe
A manifestación dese
medo social é que teñen un calado social importante os discursos, sobreactuados
en moitas ocasións, da extrema dereita, marcando incluso a axenda política das
organizacións da esquerda.
Desde o estalido da
crise no 2007, e a consecuencia dela, os procesos sociais e económicos, as
"placas tectônicas" da sociedade movéronse a unha velocidade de
vertixe; emigracións masivas, países destruídos por guerras, destrución de
conquistas sociais, etc. Mentres, os avances tecnolóxicos no campo da xenética
e todas as súas derivacións tanto nos seres humanos como na natureza, da
biotecnoloxía e a nanotecnologia, a industria do grafeno, ... abren unhas
perspectivas sociais tremendamente esperanzadoras.
As condicións para superar a maioría das secuelas que atenazaron á sociedade humana ao longo dos séculos, están dadas. Se a sociedade non dependese do beneficio privado, esas secuelas desaparecerían en poucos anos... Pero non, a fame mantense, reaparecen enfermidades en países como Italia, que as erradicaron (o sarampión, por exemplo), o cambio climático ameaza á humanidade de sumirnos en mundos apocalípticos.
Mentres sucede todo
isto, en multitude de países do mundo, comezando por potencias non marxinais
como EE UU ou Italia, ou países dependentes de gran calibre, como Brasil, gañan
opcións políticas que lembran a Groucho Marx no Oeste, cando ao berro de
"máis madeira, é a guerra", destrúe o tren que levaba. Que lle sucede
a amplos sectores sociais, incluídos os máis pobres, para que só vexan a
"Grouchos" (con perdón, el recoñecía abertamente que era un pallaso)
para polos á fronte dos seus países?.
A vertixe pola rapidez á
que se suceden os acontecementos produce medo, porque a sociedade descoñece de
onde vai; é máis, sospeita que todos eses avances sociais en mans dos de
sempre, só xeran problemas. A falta de alternativa social de conxunto ao
capitalismo, motor desa velocidade de cruceiro imposta á sociedade, é a causa
deste medo social que alimenta os discursos da extrema dereita.
As cadeas de TV, os filmes,
o vídeo xogos están cheos de mensaxes pos apocalípticos, de sociedades futuras
onde a alternativa é a extrapolación dos males do capitalismo a extremos de
barbarie, como os Xogos da Fame, Diverxente ou os mundos cheos de zombies. Os
medios de comunicación de masas, verdadeiros ditadores actuais ao servizo da
perpetuación do sistema, dan outra opción, para que non se diga que non son
expresión da liberdade: o medievalismo, a volta a principios dos que o Quixote
fixo mofa e befa xa hai séculos, a "honra, a gloria, o espírito
caballeresco" e o seu contraparte, as conspiracións e a irracionalidad que
dominou a Idade Media. Xogos de Tronos ou O Señor dos Aneis, son as súas dúas
manifestacións máis coñecidas.
"A especialización
conduce á barbarie", dixo Ortega e Gasset; e a hiperespecialización que
ten o capitalismo actual, que consegue que xenios da informática e das
ciencias, crean nesas teorías irracionais, como son os zombies ou o
medievalismo, trasládase á sociedade dunha maneira perversa. A desaparición dunha
alternativa social ao capitalismo coa súa restauración nos chamados países do
"socialismo real" (a URSS á cabeza), e o “descubrimento” de que tras
o Muro de Berlín non había socialismo, abre as portas a miles de mundos
alternativos, a que cada un na súa cabeza constrúa o seu propio mundo, desde o
da Terra Media até Aldebarán. Ao final só hai escepticismo unido a unha gran
ignorancia histórica, que ten como resultado o acientificismo que domina o
pensamento do común dos mortais.
Conseguiron que ante os acontecementos
da realidade a sociedade senta un medo cerval, e só teña como recurso o
escapismo en mundos virtuais dominados por ideoloxías medievais,
acientificas,... que cuestionan a realidade como verdade obxectiva. Ao non
existir unha verdade obxectiva a conquistar, a comprender e estudar, senón que
todo "depende do cristal con que se mire", o individuo
convértese no centro do mundo. Unir medo ao futuro, analfabetismo funcional que
é a hiperespecialización imposta no coñecemento e escepticismo fronte a
alternativa social ao capitalismo, é demoledor e permite que os
"grouchos" asuman un papel que non lles corresponde na sociedade.
Conseguiron destruír na
sociedade calquera afirmación dunha alternativa social ao capitalismo; e neste
"conseguiron" hai que pór en primeiro lugar aos pos modernos e pos
marxistas (quen non lembra a Pablo Igrexas regalandole Xogo de Tronos ao rei
Felipe?), posto que eles falaron desde as filas da esquerda. Que Aznar, Trump
ou Bolsonaro sexan o que son, o son; non se lles pode pedir outra cousa. Pero
os que falan en nome de... destrúan os "grandes relatos" alternativos
ao capitalismo, e o que é máis grave, cuestionen a existencia dunha realidade
obxectiva, introducindo na sociedade o virus do escepticismo; non como un cuestionamiento
das verdades subxectivas, base do pensamento científico, senón para destruír
eses relatos alternativos ao capitalismo.
A "fusión" de
escepticismo e ignorancia da historia dos pobos, o seu cuestionamiento absurdo
en nome dun "relativismo" que non é tal, só abre as portas a vómitos
ideolóxicos como os de Vox, Bolsonaro, Trump ou Salvini. O medo que produce a
vertixe da sociedade, ligado á destrución consciente dunha alternativa ao
capitalismo está na base da expansión da extrema dereita en amplos sectores
sociais.
Para combater ese medo
social, hai que dar unha alternativa liberadora á sociedade, e reconstruír o
relato de que a crise capitalista ten outra saída que non sexa a barbarie dos
Xogos da Fame ou os zombies, ou a volta a un pasado baseado na irracionalidad e
acientificismo de Xogos de Tronos ou O Señor dos Aneis. Que fronte ao
capitalismo e a súa tendencia á barbarie, a sociedade ten a alternativa do
socialismo; da revolución socialista que acabe con todas as secuelas do
capitalismo e as sociedades de clase (os medievalistas esquecen que nesa época
ás mulleres non se lles recoñecía ter alma), desde o machismo até a catástrofe
anunciada do cambio climático.
En
Galiza no mes de xaneiro de 2019.
No hay comentarios:
Publicar un comentario