Carlos Dafonte
A estrutura política
nada ca Constitución de 1978, que lle imprime carácter ó réxime
actual, atopase hoxe en momentos de grande debilidade. Moitas das
formulacións políticas herdadas da ditadura que contén o
documento, se poñen en cuestión por unha parte importante da
sociedade.
Nos momentos da súa
elaboración e aprobación, valorouse como aceptable por parte do
sector da esquerda maioritario que ó non se ter dadas as condicións
para pula-la creba democrática, como consecuencia da existencia ca
súa capacidade intacta do estado fascista o constante “ruído de
sables” procedentes dos cuarteis, e que a clase obreira escolleu o
15 de xuño de 1977, ó PSOE para representala nas institucións, que
era mellor ceder e aceptar unha Constitución chea de eivas, que se
consideraba como un punto de partida, que era certo, ía
determinar o contido posterior de todas as leis que se tiñan que
aprobar, e comezar a loitar polo inicio dun proceso que conducira
cara a un marco democrático máis avanzado que o que a Constitución
representaba. A derrota electoral definitiva da esquerda no ano 82,
permitiu a construción institucional do réxime actual a traveso da
quenda de dous partidos neoliberais, ó servizo da mesma oligarquía
que como sector da clase hexemónica, tamén no franquismo exerceu o
seu poder. Tamén representou a perda de identidade da esquerda e
acepta-la loita institucional como a única posible para
transforma-lo capitalismo.
Tampouco debemos esquecer que o proceso que coñecemos como “transición”, non foi ese período idílico que moit@s queren facer crer a quen non o viviu. As forzas represivas asasinaron a máis de trescentas persoas na rúa e feriron a máis de dous mil, por manifestarse a prol da liberdades democráticas, a amnistía para os presos políticos ou polo dereito de autodeterminación. A iste número de vítimas hai que engadirlle as dos grupos que empregaban a violencia, considerando que así “avanzaría máis rápido” o proceso de poñer fin ó franquismo.
Todo elo contribuíu á
que teñamos hoxe o marco político que temos, cuxo deterioro se debe
a diferentes causas:
En primeiro lugar
xa dixemos que importantes sectores da sociedade poñen en cuestión
unha parte dos contidos da Constitución, como se puxo de
manifesto co movemento que encheu numerosas prazas de cidades do
estado e coñecemos xenericamente como o 15-M. Movemento que
conseguiu xunto ca loita d@s traballador@s
contra as políticas de austeridade puladas pola UE, FMI e Banco
Central Europeo, facer naufragar un dos alicerces fundamentais do
actual réxime, o bipartidismo,
e dicir a alternancia no poder entre o PSOE e PP, os principais
defensores do réxime e construtores do sistema político actual;
eles foron os que desenvolveron mediante eis a actual cConstitución.
Este movemento tivo unha consecuencia inmediata nas primeiras
eleccións despois da súa aparición, unhas Cortes moi fragmentadas,
sen maiorías consolidadas, incapaces de facer fronte ós problemas
reais dos cidadáns, cunha enorme maioría a favor de seguir
aplicando políticas económicas neoliberais, de austeridade, máis
interesadas en preservar os intereses da oligarquía.
En
segundo, é a perda de apoios sociais do cordón umbilical que
une o actual réxime co anterior, a Xefatura do Estado na figura dun
rei, pola súa actitude insensible diante da situación que unha
parte da sociedade vive e a participación de determinados membros da
familia real en negocios e aptitudes corruptas o que levou á
abdicación do monarca e a substitución polo seu fillo.
En
terceiro, sectores de traballador@s
e outros sectores populares sofren nas súas economías a crise
económica, enorme cantidade de parados, salarios máis
baixos, desafiunzamentos, precariedade no traballo, modificación da
Constitución no seu artigo 135 que prioriza o pago da débeda sobre
a prestación de servizos a quen paga impostos, etc, en definitiva,
un estado actuando ó servizo dos máis poderosos e que carga sobre
as costas dos máis febles, a recuperación da crise económica. Este
aspecto central nas vidas da maioría da sociedade, minguou dun xeito
importante os apoios sociais ó réxime.
Tamén
a incapacidade dos diferentes gobernos para dar resposta o coñecido
como problema territorial; a existencia dentro do territorio
do Estado de nacións, Cataluña, Euskadi e Galicia e rexións, o
resto do territorio do Estado que se pode articular como se queira,
pero constitúe algo ó marxe da nacións e o non recoñecemento do
dereito de autodeterminación para as tres primeiras no texto
constitucional, pola forza que o franquismo político e sociolóxico
exerceu para impor o seu concepto da sacrosanta unidade da patria:
unha, grande e libre.
Por
último aínda que se poden seguir a citar outros aspectos
acontecidos no Estado Español, o tema da corrupción que non
é puntual, senón que se ten convertido en estrutural, e aínda que
noutros partidos tamén teñen casos, foi e é moi relevante no PP e
no PSOE, que ademais manobran, partindo de que foron eles os que se
reparten os membros do Consello de Poder Xudicial, Tribunal Supremo,
Audiencia Nacional e Tribunal Constitucional e fixeron a maioría das
leis e reformas dos Códigos para que os seus cargos públicos,
saian ben librados cando se sentan diante dos tribunais acusados de
ter cometido determinados delitos.
Polo
tanto é necesario abrir un proceso convocando a Cortes
Constituíntes, as que a elaboraron no ano 78 non foron convocadas
como tales, para modificar aspectos substanciais da constitución
vixente, e no pulo dese proceso, deben xogar un importante papel os
Concellos é onde a traveso do mesmo, se convertan en órganos que
afonden na democratización e xoguen un papel distinto ó que hoxe o
bipartidismo os ten convertido.
Para
pular ese proceso necesario, as propostas de Concellos que se van
renovar en maio deste ano deben ser distintas das que se albisca se
van facer; dende os Concellos renovados que se constituirán nos
próximos meses, se as direccións políticas das forzas progresistas
e de esquerdas, non tiveran caído no institucionalismo máis
pedestre e burdo, se podería seguir traballando para un cambio do
réxime actual, para a súa modernización e adecualos ás
necesidades d@s traballador@s
É
nos Concellos, onde se teñen cometido unha parte moi importante dos
casos de corrupción. Pola razón de que a Constitución non garante
nin a transparencia, nin a participación veciñal nin a información.
E as leis vixentes reforzan a figura do Alcalde en detrimento do
Pleno, e a favor do partido maioritario que na maioría dos casos
converteu á Comisión de Goberno, nun campo exclusivo do
partidismo.
Por
outra banda as leis e regulamentos aprobados relaxaron moito o
control dos funcionarios, Secretaría e Intervención, así como o
xeito de seren elixidos para desempeña-lo cargo; que se atopa en
función das preferencias dos partidos con maioría, que ademais cas
leis vixentes recortan as súas funcións de control.
Esta
situación pódese ver agravada polo intento reiterados dos partidos
maioritarios de que o partido que acade a Alcaldía debe se-lo máis
votado aínda que os números non permitan unha acción de goberno, o
que con toda seguridade vai desembocar no reforzamento aínda maior
da figura do Alcalde en detrimento dos órganos colectivos.
Participación,
control dos elixidos, capacidade para revoga-los por parte do
vecindário, elección democrática dos pedáneos onde sigan a
existir, Orzamentos Participatívos, referendos municipais, e toda
outra serie de medidas deben ser aprobadas para acercar máis a
institución municipal @s traballador@s.
O
réxime, segundo se agrava a súa crise, tanto política, económica
ou institucional, o que indica perda de consenso na sociedade, non
recibe por parte das organizacións que din manter posicións
críticas e de transformación do mesmo, unha resposta política
contundente dende as candidaturas municipais, cando se repite
constantemente que son as institucións máis próximas @s
traballador@s e polo tanto as máis
capaces para facer pedagoxía, por isa mesma proximidade co votante e
co veciño.
Todas
as organizacións que din amosar discrepancias co réxime, e incluso
as que formulan a súa substitución, son incapaces de presentar un
programa político que vaia neste senso, ademais de presentar o seu
“modelo de cidade” ou de Concello, algo moi manido e repetido
ata a saciedade.
Si o
réxime actual ca monarquía a fronte, recorta liberdade e levaron os
Concellos ó que hoxe son, debían presentar como alternativa para
conseguir maiores cotas de liberdade, a república, como
xeito de supera-la actual situación; non nos enganemos, é moi
difícil afondar na democracia, co réxime actual, que non vai
desanda-lo camiño recorrido ata o de agora, de recortes de todo
tipo. As perspectivas a nivel mundial así o indican e en todo caso
as medidas contra @s traballador@s
cada vez van ser maiores.
Pero
tamén me pregunto, como aqueles partidos que se consideran
nacionalistas e partidarios da autodeterminación, non formulas estas
ideas nas próximas municipais?
Estaría
ben, que as candidaturas presentadas non só en Galicia, no resto do
estado, se distinguiran as que teñen un carácter republicano das
que non o teñen. Sería un avance moi importante e iniciador dun
longo camiño que vai ser necesario percorrer.
En
Galicia no mes de abril de 2019.
No hay comentarios:
Publicar un comentario