Carlos Dafonte
Todo o proceso que levou
ás votacións para nomear un Presidente do Goberno, na persoa de
Pedro Sánchez, e como tod@s coñecemos
resultou fallido en segunda volta o 25 de xullo, está marcado por
dous elementos que concorren no mesmo.
En primeiro lugar o
Psoe, viuse dende o primeiro momento despois das eleccións do 28 de
abril, quere o goberno pero desfacéndose de Unidas Podemos (UP) e ó
mesmo tempo consolidarse como o que non é, como un partido de
esquerdas para volver a revitalizar, poñer de novo en pé, un dos
alicerces do bipartidismo.
E en segundo, non
molestar, non enfrontarse, segui-lo devezos dos grupos económicos e
das institucións, que non verían con “bos ollos” un goberno con
Unidas Podemos, que teña capacidade para cambiar algunha premisa do
existente, aínda que fora pouco importante, no entramado
socio-económico-laboral do réxime; ademais nun momento en que é
probable unha nova recesión a nivel mundial, e que ise goberno ten
que levar adiante o Plano de Estabilidade presentado na Unión
Europea polo Psoe, despois das eleccións de abril e con toda
posibilidade pactado cos poderes económicos. Curiosamente no proceso
electoral non se falou nin debateu sobre o mesmo.
Os medios de comunicación, os importantes, os que son propiedade de grandes multinacionais, os que crean opinión, o tiveron moi claro desde o primeiro momento e así o transmitiron á xente que lles fai caso que é moita, o goberno do Psoe, con UP dentro, ó marxe de isa formación, ou como goberno de cooperación, etc, vai ser un goberno de esquerdas, polo tanto a conclusión é fácil, non facilita-lo goberno do Psoe, será unha traizón ós postulados da esquerda e ós votantes da mesma e no fondo estar a facer unha pinza cos partidos da dereita.
E
isa premisa asentouse na sociedade e como consecuencia, quen sempre
vai cargar cas culpas de que no haxa “goberno de esquerdas”, haxa
que ir a novas eleccións, etc, vai ser Unidas Podemos, que ademais
para que non haxa dubidas de onde se sitúa, o Psoe deixou claro
dende o primeiro momento, que a formación liderada por Pablo
Iglesias, era o seu “socio preferente”. Unha mintira máis se
analizamos cun pouco de seriedade as políticas que levou adiante o
Psoe nos seus máis de 20 anos no goberno e os apoios e acordos cos
que chegou co PP cando este o facía ou cos nacionalistas de
dereitas. O do socio preferente foi unha añagaza máis pra facerse
pasar polo que non é, actuar como unha araña que lle chupa o sangue
a mosca que captura na súa tea. Unidas Podemos non foi capaz de
desmonta-lo argumentario, tecido polo Psoe e os medios, e polo tanto
dende o meu punto de vista sae de todo este proceso á defensiva e en
peores condicións que ó comezo do mesmo.
É
certo que manobrou con certa axilidade enfrontándose ás primeiras
propostas dun “goberno socialista”, vaia broma, e dun “goberno
de cooperación” sen presenza no mesmo e obrigoulle ó Psoe a
acepta-lo que UP formulou dende o primeiro momento, un “goberno de
coalición” e ata sorteou ben o atranco do veto á participación
de Páblo Iglesias no mesmo.
O
que UP coñece é que un goberno do Psoe cun programa pactado pero
sen presencia de UP, é un brindís ó sol, o partido que goberna vai
facer o que lle veña en gana, esquecéndose dos compromisos; estar
dentro é unha maneira de controlar e en certa medida obrigar a levar
a cabo algo do pactado.
Pero
U P non foi quen de desenmascarar as propostas do Psoe formulando as
bases do que debía se-lo programa dun goberno de progreso, un
goberno de esquerdas debe ter como obxectivo estratéxico a
superación da explotación capitalista, na maior parte dos eidos que
máis interese teñen para @s traballdor@s
e non deixarse engaiolar no reparto dos ministerios e outros postos
da administración. Non aparecen no debate, as necesidades a
resolver, só o reparto de postos e así é moi difícil convencer a
ninguén que a proposta do Psoe volve a ser enganosa, pois ofrece
postos que non van contar cos orzamentos necesarios para resolver
problemas.
Vexamos
o segundo dos aspectos que mediatizaba todo o proceso, os intereses
da oligarquía española, que seríamos moi inxenuos de pensar que
non están a pesar, e dun xeito moi forte sobre todo o proceso. E é
lóxico e normal nunha sociedade onde existen clases sociais e os
intereses entre a burguesía ou sectores da mesma e sectores dos
traballadores non se poñen de acordo, deciden as institucións do
estado, este non é un instrumento neutral, atópase ó servizo de
determinados sectores hexemónicos da sociedade.
As
mensaxes que lle chegaron ó Psoe publicamente foron inequívocos, o
Banco de Santander, a patronal varias veces, dicindo que non querían
a UP nun goberno nin influíndo sobre o mesmo; non sería trabucado,
que sen facerse públicas as opinións de sectores económicos,
políticos e institucionais, as presións foran tamén importantes.
Pero
o Psoe tampouco necesita moitas presións, coñece perfectamente o
que debe facer, como en Libia, Venezuela, na Grecia rebelde de hai
uns anos...; non defrauda-lo imperialismo liderado polos USA e á
oligarquía europea e iso faino moi ben, ten boa práctica despois de
tantos anos de goberno e si hai que cambiar artigos da constitución
como o 135, pois faise e tan tranquilos, ser de “esquerdas” ten
estas vantaxes, a xente progresista que o vota pensa que si asi
actúa, como dixo González xa hai uns anos referíndose o que il
facía, “é a único xeito de actuar e ademais é de esquerdas”.
IU
e o BNG, en Madrid apoiaron en numerosas ocasiones os Orzamentos
antisociais de Zapatero e non conseguiron nin unha migalla do que se
acordara con cada un deles; polo tanto dende fora do Goberno se pode
acordar todo o que se queira, que despois o Psoe fará o que teña
acordado co verdadeiro poder.
A
situación merece manifestacións na rúa exixindo un programa
determinado, pactado dende abaixo, dende a sociedade organizada, pero
quen reduce toda a súa actividade á loita institucional, non ten a
organización adecuada para mobilizar, discutir, acordar, pactar
primeiro, e sacar a centos de miles ás rúas, despois.
Nesta
disxuntiva é moi difícil, e gostaríame trabucarme, que UP ou cede,
ou se enfronta a un proceso electoral onde non creo poda mante-los
resultados que tivo o 28 de abril. Dos erros tamén se aprende.
En
Galicia no mes de xullo de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario