Roberto Laxe
Co pase ao grupo mixto e os anuncios de novas forzas
políticas, como Galiza en Común, a xeira de ANOVA cara setembro e a proposta de
Villares doutra organización, formalizase o que era un feito, a ruptura de En
Marea.
Na rolda de prensa de Villares onde facía um balance da ruptura, e
aínda que pode ter moita razón na deslealdade coa que actuaron desde Podemos
(non era nengumha novidade) e a incoerencia de ANOVA, non vai ate o final na
sua avaliación: Podemos actuou como fixo por motivos políticos, cuns obxectivos
ben claros, sacar a loita da rúa, institucionalizala e laminar calquera opción
que soara rupturista co réxime.
Un balance político é umha aprendizaxe para o futuro: se umha organización que xurde como "espazo rupturista co réxime" convertese en parte de esse réxime -porque ese e non outro é o centro do problema- a sua desaparición é a consecuencia inevitable: está traizoando as súas orixes. E agora temos a uns procurando un encaixe no goberno do PSOE como Podemos, outros defendendo algo que non saca ningumha conclusión política do fracaso destos anos; e uns terceiros navegando entre ambas opcións sen rachar co ADN que provocou esta situación: o electoralismo e o institucionalismo.
Porque este é o fondo do problema. Tanto AGE como despois as
“mareas”, e Podemos a nivel estatal, xurdiron dun dos grandes acontecementos
políticos dos anos da crise, o 15M, cando centos de miles de persoas rompen cos
partidos do réxime, nomeadamente co PSOE, ao calor da revoltas árabes, do
levantamento obreiro e estudantil de Wisconsin, ... da traizón do PSOE cando
lanza a guerra social contra os traballadores / as, asumindo as directivas da
Unión Europea e a Troika.
Entre o 2011 e o 2014 asistimos no estado español a un gran
ascenso da loita social masiva, obreira e popular; con folga xerais,
mobilizacións sectoriais como as “mares” en defensa dos servizos públicos
(sanidade, educación, etc.), a loita contra os desafiuzamentos, que pon contra
as cordas non só á xustiza mas tamén o sector financeiro, etc., etc. Este
ascenso culmina coas Marchas da Dignidade do 22M do 2014, que xunta centos de
miles de persoas en Madrid baixo o lema “pan, traballo, teito e dignidade”.
Pouco despois, o rei JC, acosado pola corrupción, ten que dimitir
(abdicar), abrindo unha crise sen precedentes no réxime do 78: o herdeiro
directo de Franco para garantir o “atado e ben atado”, ten que deixar a
Xefatura do Estado para buscar continuidade a un réxime en horas baixas. A sua
abdicación abre unha nova porta na loita, a esixencia dun referendo “monarquía
ou república”.
Neste momento de crise social e política amplios sectores da
sociedade en loita achan no chamado “mover ficha” de decembro do 2013 unha
canle para expresar o seu desacougo coa situación. O chamado “mover ficha”
transformase nun partido, Podemos, que presentase como a “nova política” que
din recoller ás esixencias do 15M, do “chámanlle democracia e non o é”, etc.,
prometendo loitar por abrir un proceso constituínte que de solución ás
esixencias sociais.
Este fenómeno estatal de Podemos, ten as suas expresións
nacionais; e na Galiza tras as pegadas de AGE, e o longo do 2014 e 2015 xurden
umha morea de reunións, asembleas abertas, etc., cara a constitución de
organismos de “unidade popular”; ate o BNG sumase a esta lóxica. O final
cristaliza en dúas candidaturas, o BNG mantense e En Marea que ven a substituír
a AGE.
Mas todas elas teñen o mesmo ADN, o electoralismo. Fían a forza da
resposta social á sua expresión electoral e institucional, a acadar postos nos
parlamentos, nos concellos, nas deputacións,... como se este fose un novo
comezo; mas esquecendo o fundamental, os parlamentos, os concellos e xa non
digamos ás deputacións, non so son parte do estado burgués en xeral, senón que
son institucións dun réxime, o do 78, herdeiro do franquismo. E como non podía
ser doutra maneira, elas tamén son herdeiras do
franquismo.
Poñer as esperanzas de “cambio” numhas institucións deseñadas para
o contrario, e poñer a mobilización e organización independente da poboación
traballadora en función do numero de cargos públicos, era facerlle un fraco
favor ás necesidades sociais. O único que podía resultar era o debilitamento da
mobilización e organización social independente do estado, fose a que fose a
institución, e o fortalecemento das forzas políticas da direita, incluído o
PSOE. Co que poucos contaban era que ese fortalecemento dera vida a un partido
tan reaccionario como VOX.
O réxime do 78 vai da Xefatura do Estado ate o ultimo concello, e
del fan parte os partidos institucionais, os sindicatos maioritarios, etc.; era
todo este entramado institucional o que dun xeito confuso rexeitábase no 15M do
2011, baixo o lema “chámanlle democracia e non o é”; non entender isto é a
chave que levou ao fracaso da “nova política”, que rematou reintegrando a forza
social desatada ese ano dentro dos cadros do réxime. Agora vemos a Podemos
suplicar un pacto co goberno do PSOE, cando o 15 M as rúas cansáronse de
berrar, “PSOE-PP, a mesma merda é”.
Non é a primeira vez que un proceso de loita social masiva remata
no charco do electoralismo; a Transición española é o máximo exemplo de como a
foza social da clase obreira, dos estudantes, das mulleres, da veciñanza,...
foi levada ao pantano das eleccións no 77. E todas as aspiracións de ruptura co
réxime de Franco ficaron no que hoxe vívemos, un réxime administrado polos
herdeiros de Franco, con Felipe VI a cabeza.
A participación nunhas eleccións nunca poden ser un fin en si
mesmo, senón que son parte dumha loita moito máis profunda, a que enfronta as
formas políticas, os réximes dos que o capital dotase para mellor explotar e
oprimir, que no estado español chamase “réxime do 78”. Non ter en conta esta
relación de que as eleccións son parte da loita política e non o inves, leva
inexorablemente a claudicar ás institucións do estado.
Ben, o debate concreto é de como encarar o futuro é, un, como tras
o desastre destos anos de experiencia institucional reconstruímos o espírito
que deu orixe a AGE, o bloque rupturista co réxime do 78, e o que derivase
disto diante do 25 de Xullo e as eleccións galegas do ano que ven: non
deberíase recoller a idea dumha candidatura rupturista co rexime? En Marea
morreu, é hora de lanzarse á construción dum movemento baixo esa proposta
rupturista.
Mas o 15 M tiña outro contido, mais social e tamén confuso, que
foi traizoado por aqueles que desde a “nova política” arrogáronse o papel dos
seus voceiros. O 15 M non so berrou contra o réxime do 78 e os seus partidos,
senón contra o carácter da crise, cando levantouse as palabras de orde, “non
son as persoas, é o sistema”, ou “abaixo a ditadura dos mercados”.
Con estas propostas, aínda que sen moita claridade, apuntábase que
o simple recambio nas persoas que xestionan o sistema non chegaba; que había
que ir mais aló. As forzas políticas que como en En Marea simplificaron os
lemas, defenderon que coa substitución dos corruptos por persoas honradas,
chegaría o “cambio” ou ben trabucáronse ou ben traizoaron as loitas; o
resultado foi o mesmo, todo ficou dentro dos marcos das institucións cun
retroceso na mobilización social e os seus obxectivos.
Para o futuro faise imprescindible, diante dos ataque se veñen
–non ha mais que ver compón a nova dirección política da UE, umha neoliberal
alemá do Partido Popular Europeo, a ex do FMI, Lagarde e o ministro de asuntos
exteriores, J Borrell-, novos recortes, novas reconversións industriais, mais
limitacións nos direitos democráticos, hai que poñer no centro das loitas dos
direitos laborais, sociais e políticos.
Mas, aprendamos do pasado: as institucións do réxime do 78, como a
Unión Europea, non serven para enfrentar estos ataques e non son reformábeis
desde dentro, calquera política que levante a menor ilusión en que é posible un
“cambio” sen loitar contra as súas estruturas políticas, so conduce á
desmobilización social e, de últimas, ao reforzamento do inimigo de clase e os
seus partidos.
Galiza, no mes de xullo do 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario