Roberto Laxe
O cinismo do goberno da EE UU é dun calibre difícil de cuantificar. Di o asesor en Seguridade Nacional de Trump, J Bolton, oschineses "teñen que mirar con moito coidado os pasos que toman porque as persoas en EE.UU. lembran a praza de Tiananmén [...] lembran a imaxe do home parado fronte á liña de tanques".
Haberá que lembrarlles ao goberno do sr Trump todos os "Tiananmém" que eles provocaron desde que son a potencia hexemónica a nivel mundial nos anos 40; haberá que lembrarlles aos seus aliados, os imperialistas europeos, os seus "Tiananmén", desde o domingo sanguento de Irlanda até os masacres en Alxeria?
Non teñen ningún dereito estes imperialistas occidentais a lembrarlle a ninguén como se defenden os dereitos humanos nun país; o seu pasado descualifícalles como avais de absolutamente nada. O sr Bolton debería lavarse a boca antes de falar de defensa dos dereitos humanos.
Pero
Pero falemos do que sucede en Hong Kong, das mobilizacións sociais que se están producindo contra a aplicación dunha lei, de extradición, segundo a cal os residentes no antigo enclave colonial británico poderían ser extraditados a China continental.
O motivo das mobilizacións son en principio democráticas, posto que se supón que a xustiza de Hong Kong é máis independente que a da de China continental, e por tanto, ser extraditado suporía unha perda en dereitos democráticos. Certo, a xustiza chinesa pertence a un réxime de partido único, na que a independencia xudicial deixa moito que desexar.
Hong Kong, tras a derrota da clase obreira e o pobo chinés en Tiananmén, foi fundamental na restauración do capitalismo en China: por el entraban os investimentos estranxeiros que industrializaron China nos 90 e até agora (o 60% dos investimentos seguen entrando por Hong Kong).Hong Kong, nos feitos seguía sendo un enclave colonial do imperialismo dentro do territorio chinés; da mesma maneira que o Ulster converteuse en formalmente “irlandesa” tras os acordos de Stormont.
O imperialismo británico, experto como poucos para resolver diplomaticamente conflitos agudos, como o da unidade nacional chinesa ou o da unidade nacional irlandesa; cede parte da soberanía para garantir o fundamental, o enclave financeiro. A “dobre soberania” en Hong Kong permitíalle manter a porta aberta aos investimentos das multinacionais, mentres creaba a ficción dun “Hong Kong” chinés: os chineses coa lei de extradición só dicían unha cousa, Hong Kong é chinés.
Esta ficción é o que está a estalar. Hong Kong é tan chinés como o Ulster irlandés. É o que teñen as crises económicas e políticas como a actual, desmontan as ficcións que o imperialismo crea. O “brexit” demostra que os acordos de Stormont falseaban a realidade, posto que agora que Gran Bretaña vaise da Unión Europea, volven as fronteiras a Irlanda, que desapareceran formalmente polo acordo de Shengen e a Unión Europea. Unha vez que Gran Bretaña xa non está nese acordo, Irlanda volve ser dous.
Exactamente igual acontece con Hong Kong, os acordos da “dobre soberania” ocultaban a realidade, a bolsa deHong Kong seguía sendo a porta pola que as multinacionais occidentais entraban en China. Agora que China é a segunda potencia económica do mundo, e ameaza a hexemonía anglo saxoa (a EE UU e Gran Bretaña) do mercado mundial, esta ficción salta polo ar. O capitalismo chinés, no marco da guerra comercial desatada a nivel mundial, busca co control de Hong Kong, das súas finanzas, fortalecerse fronte ao bloque imperialista occidental. Este é o sentido último da lei de extradición; no canto de loitar abertamentepola unidade nacional chinesa, mantén a ficción da “dobre soberania”.
A agudización das contradicións entre ambos os bloques, coa guerra comercial desatada entre eles e a decadencia da até agora potencia dominante, a EE UU; é o que está no fondo desta crise.
Doutra banda, China ten todo o dereito do mundo arecuperar a súa unidade nacional, primeiro fronte ao imperialismo británico e a súa praza financeira en Hong Kong, e segundo fronte á illa de Taiwan, separada de China tamén polo imperialismo no seu conxunto, como freo á revolución en 1949, e agora ante oexpansionismo chinés.
Tanto o imperialismo ocidental como o imperialismo emerxente chinés van utilizar ambas as reivindicacións democráticas ao seu servizo. De aí as palabras do sr Bolton. A clase obreira non pode caer nas trampas que desde ambos os sectores vánselle a pór, ten que levantar o seu propio programa, fronte ao imperialismo anglosaxón decrépito, como fronte ao puxante chinés.
Por iso debe rexeitar contundentemente as esixencias dun sector dos manifestantes de “volver á situación previa” á dobresoberanía, que non é outra cousa que entregar de novo Hong Kong a Gran Bretaña; doutra banda, debe rexeitar as inxerencias chinesas e o envío de tropas para axudar na represión: o novo capitalismo chinés non é alternativa de nada, senón de máis explotación.
A unidade nacional chinesa á que renuncia a burguesía, debe basearse no programa da loita polo socialismo, non o “mercado socialista” chinés como o chaman desde o PCCh, que oculta o seu capitalismo, senón polo socialismo dos traballadores / as. Só nestemarco as reivindicacións democráticas contra a lei de extradición, como a unidade nacional, terán un sentido de unidade da clase obreira, no continente como no enclave financeiro.
O defecto das reivindicacións democráticas é xusto, que son utilizables polaburguesía para enfrontar aos pobos. Parafraseando a un kantiano, “as túas liberdades terminan onde empezan as minas”, e como dicía Marx, “entre dous dereitos iguais, quen decide é a forza”; o final revolucionario na loita entre dous dereitos formais, o dopobo de Hong Kong a unha xustiza xusta, e o de pobo chinés á unidade nacional, só pode vir da súa superación programática cuns obxectivos que os integre, a loita contra o capitalismo, o chinés e o británico, e polo socialismo.
Faríase un fraco favor á causa da clase obreira mundial que por dous dereitos democráticos, o pobo chinés convertésese en cómplice do seu capitalismo, adornado cunha bandeira vermella e un suposto antiimperialismo, para oprimir a un sector dese mesmo pobo, os habitantes de Hong Kong.Isto non outro é o que defenden os restos do stalinismo e do chamado “castro chavismo”, e que só expresan con palabras de esquerda a dependencia dos gobernos venezolano e cubano do capitalismo chinés.
O sr Bolton é, xunto con Xi, os dous peores inimigosda clase obreira yanki, chinesa, ... e dos pobos do mundo. A sua “guerra comercial” só redundará en retrocesos históricos, non só fóra das súas nacións, senón para os seus propios pobos, como os estadounidenses xa están a comprobar día a día coas políticasdo seu xefe Trump.
No hay comentarios:
Publicar un comentario