A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 18 de marzo de 2025

VEÑEN OS RUSOS!!!!!

Carlos Dafonte.

Unha vergoñenta campaña manipuladora

A histeria entre os dirixentes da oligarquía europea, tanto os agrupados na U.E como na OTAN, veñen ser os mesmos, é manifesta e ficticia e tenta enganar aos traballadores europeos. Por unha razón: USA dí non estar disposta a seguir gastando o que gasta na defensa europea e esixe aos seus socios que os orzamentos militares suban dun xeito importante. E os vasalos europeos lanzanse a unha carreira armamentista valorada en 800.000 millóns de euros para construír unha defensa conxunta; cos USA ou sen eles?. De aumentar os orzamentos de defensa, os USA seguirán con nós, e as súas bases non serán desmanteladas, polo tanto esa suposta ameaza rusa esváese. Ou é que despois de gastar os 800.000 millóns imos pedirlles que pechen as súas bases en Europa?

Ao servizo desa peregrina idea de que os rusos van a invadir e van destruír o “xardín borrelliano”, a enorme maioría de prensa e medios de comunicación de toda caste, levan tempo e así van seguir durante moito máis, con campañas manipuladoras da opinión pública para tentar convencernos de que o “oso ruso” ten esas intencións. 

viernes, 14 de marzo de 2025

A PROPOSTA DECOLONIAL, O IMPERIALISMO CAPITALISTA E A TEORÍA DA REVOLUCIÓN PERMANENTE (I)


Roberto Laxe

Tese 11 Sobre Feuerbach de K Marx

Os filósofos non fixeron máis que interpretar de diversos modos o mundo, pero do que se trata é de transformalo.

O decolonialismo unha concepción estática da historia

A proposta “decolonial”, que é unha escola de pensamento xurdida en América Latina, co obxectivo de romper coas xerarquías do coñecemento e das formas de estar no mundo eurocéntricas, sitúase nunha fase do coñecemento previo ás Teses sobre Feuerbach. 

Levan tres decenios tentando explicarse, “interpretando” a realidade para, aparentemente, situarse entre o capitalismo e o socialismo creando unha “nova teoría” (outra máis!) que “non pode responder os supostos da modernidade capitalista e colonialista dos 500 anos. Non pode partir dos postulados burgueses, pero tampouco dos do socialismo real (coa súa imposible planificación perfecta, co círculo cadrado do centralismo democrático, coa irresponsabilidade ecolóxica, coa burocratización dos seus cadros, co dogmatismo vangardista da súa teoría e estratexia, etc.)”.

sábado, 1 de marzo de 2025

A "ADMINISTRACIÓN TRUMP" COMEZA A SÚ ANDAINA.

Carlos Dafonte.


Trump e a súa equipa tentan facerlle unha “enmemnda á totalidade” a determinadas políticas que a administración demócrata implantou e que dificultan o futuro enfrontamento coa potencia que lle disputa a hexemonía planetaria, China; non para exercela como os USA a exerceron dende o final da IIª Guerra Mundial, senón para que a partir da perda da hexemonía dos USA non haxa unha potencia hexemónica no planeta e avanzar cara a multipolaridade. Tamén amosa como veremos máis adiante, o cinismo dos USA neste caso, da guerra en Ucraina.

Nos tempos da administración de Obama, a cegueira política propiciou o acordo estratéxico entre China e Rusia, cuxas relacións non eran moi boas, acordo que a administración Biden seguindo na mesma dinámica, fixo cada vez máis forte. 

Agora, cando van tres anos de “operación especial” en moitos faladoiros esquecen o contexto no que se produciu e parece que foi resultado dunha mala noite de Vladimir Putin e non existir razón algunha para levala adiante.