A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 14 de diciembre de 2010

O ESTADO LAICO PODE ESPERAR


Côa visita do Papa quedou evidente que o estado español ainda non rompeu co seu pasado de “dominación” da Igrexa católica sobre o Estado. O Goberno central do PSOE, o PP na Galiza así como o Tripartito de Catalunya, non escatimaron diñeiro para recibir ao maior dignatario de tan “respectuosa” institución, a Igrexa católica. Á vez que reducen partidas para educación, sanidade, servizos sociais, etc., baixo a xustificacion de que estamos en crise.
A “tan” esperada visita non estivo falta de protestas por parte da cidadanía que demostrou que é menos beata que o que os seus gobernantes queren facernos ver. Na Galiza como na Catalunya a plataforma “Eu nom te espero” composta por organizacións feministas, de homosexuais  e  lesbianas, distintas organizacións sociais, partidos políticos e sindicatos fixeron unha fronte común e denunciaron non só o diñeiro que supuña para as arcas das administracións senón tamén a ideoloxía que se avala desde estas.
Na Galiza Plataforma repartiu bandeiras co lema “Eu nom te espero” e as xanelas de Santiago estaban cheas delas, sobre todo polo casco antigo. Os días previos fíxose entrega por parte da Plataforma nos Xulgados de Santiago e A Coruña, dunha denuncia contra a Igrexa católica e, en particular, contra o Papa, “como o seu representante” pola “ocultación de distintos casos de pederastia”. En Santiago a manifestación convocada para o día 4 pola Plataforma coa lema “Nos non te esperámos. Galiza laica” que partía da Alameda coa intención de terminar no Toural, foi fortemente reprimida pola Policía Nacional, e saldouse con varios feridos. No comunicado lido ao final denunciouse a hipocrisia do Concello, a Administración autonómica e do Goberno central por aplicar reformas laborais que “xeneralizan o desemprego” e á vez destinan tres millóns de euros do erário público a financiar esta visita.
Tamen expresaron o seu rexeitamento á ocupación policial que houbo en Santiago, até o punto de ir casa por casa a pedir que retirasen das xanelas as bandeiras. O 6, día da visita do Papa, a Plataforma convocou unha concentración na Praza de Galicia como colofón da súa denuncia. A concentración desenvolveuse baixo un marcado cerco policial, foi de novo disolta pola policía e prohibiuse a entrada ao casco antigo.
A Xunta do PP vendeu aos comerciantes e empresarios de Santiago que sería unha boa oportunidade para facer “negocio”, pois a previsión era a visita de 200.000 persoas. As 6.000 cadeiras colocadas na Praza do Obradoiro tardaron en encherse, e o sete emprazamentos nos que se instalaron pantallas xigantes ao longo da cidade, para quen desbordasen o circuíto papal, estaban case vacios. Ao final o pobo galego demonstrou que a Igrexa non lle soluciona os seus problemas, como son o traballo, o paro e os baixos salarios. Santiago estaba deserta, a non ser polos 6.000 efectivos de policías que había na rúa, xornalistas, curas, algúns fregueses e está claro, algún peregrino.
En Barcelona a Plataforma “Eu nom te espero” tamén convocou unha manifestación para o 4 de novembro na Praza Sant Jaume contra a visita do Papa, baixo a lema “En defensa do Laicismo”. Criticaron que para os gastos de seguridade “dun acto privado” como a consagración da Sacra Familia, “utilícense fondos públicos e resaltaron a pluralidade en Cataluña de opcións morais e de consciencia relixiosa e denunciar que ningunha organización pode monopolizar o espazo público.
O goberno tripartito de Cataluña tiña un gasto entre 500.000 e 600.000 euros, sen contar cos gastos de seguridade e do centro de prensa.
Tampouco en Barcelona a visita tivo a repercusión que a administración esperaba. Os datos non menten, o metro rexistrou algo máis que un domingo normal.

Como hai séculos, coa situación da muller, a igrexa no seu ton
Como puidemos comprobar por moito que non quixésemos ver as televisións ou ler os xornais, o máximo representante dunha Igrexa, a Católica, Benedito XVI deixou ben “alto” o listón da súa institución con palabras como: “A muller debe realizarse no fogar...” España vive unha laicidade, un anticlericalismo e un secularismo como o dos anos 30”. A igrexa  rexeita a liberdade sexual, os matrimonios gais,  afirma que a natalidade dignifica, e que  a familia patriarcal é o  fin de toda muller. Ademais é  unha institución que mantén dentro das súas fileiras a pedófilos, e que apoiou e aínda non condenou os crimes do franquismo.
Palabras- as do papa- que doutra banda non nos poden sorprender, porque a xerarquía eclesiástica, respondendo os intereses das clases posuidoras, converte a relixión nunha base ideolóxica para o sostemento do estado, lexitima a existencia dunha clase posuidora entre a que se atopa ela mesma e condena á muller a unha posición inferior á do home, axudando a desenvolver o sistema capitalista e a sociedade patriarcal. A posición de inferioridade da muller no sistema de clases, evidentemente non é só o resultado do avance da relixión senón da conformación do estado e a propiedade privada.
A Igrexa católica segue reivindicando a inferioridade da muller respecto ao home e defende con uñas e dentes a familia patriarcal. Proíbe o uso de medios anticonceptivos e oponse con todo o seu aparello ao divorcio e á lei do aborto, cuestións irrenunciables para feministas que defendemos que o amor ten que ser libre.

Como é evidente o estado laico pode esperar
A visita do Papa pagámola entre todas e todos, os insultos aos laicos, as ideas retrogradas sobre a familia e a muller, etc..  Os meses previos, “España” lembraba a épocas pasadas, coma se o tempo non transcorrese, porque se algo quedou “atado e ben atado” na Transición, é a subordinación do estado e a sociedade ao poder dunha confesión relixiosa, que é unha dos acenos de identidade do réxime borbónico.
A relixión é un asunto meramente individual, e aí ten que quedar. O Estado ten que garantir a neutralidade ideolóxica e relixiosa no funcionamento das institucións, centros e servizos públicos, incluídos os concertados que dependen do estado, das Comunidades Autónomas ou dos Entes Locais.
O Estado non quere desfacerse do seu cordón umbilical e demóstrao a existencia de crucifixos nos colexios públicos, a clase de relixión, as subvencións que reciben os colexios privados onde se fomenta o fundamentalismo católico, a exención de pagar impostos polo seu patrimonio e unha longa historia de prebendas a favor da Igrexa católica.
A relixión desempeñou e segue desempeñando, unha función conservadora de enorme incidencia na vida humana, e non só no campo estritamente ideolóxico, senón tamén no quefacer cotiá, na esfera das relacións recíprocas, na política e na economía.
Nas postrimerías do século XX, despois de anos de loita pola emancipación da muller, unha onda de fundamentalismo relixioso abateuse sobre o mundo á vez que os impulsos laico, modernizador e socialista íanse a pique. A vitoria dos clérigos en Irán, a volta dos talibán en Afganistán, a persistencia do réxime wahhabí en Arabia Saudita, o encumbramiento dos grupos fundamentalistas radicais de Exipto e Alxeria e a defensa posmoderna do relativismo parecían sepultar unha vez máis as esperanzas das mulleres.
As feministas habémosnos/habémonos de opor firmemente a ese bloque que fai a igrexa con esa oligarquía reaccionaria en contra da liberación da muller. Igualmente debemos opormos ao adoctrinamiento que queren impor en todos os ámbitos fóra dos lugares de culto e que deriva directamente na opresión moral de toda a clase traballadora e ao financiamento de calquera culto relixioso.
As feministas cremos que para loitar contra este sistema hai que acabar tamén coa ideoloxía e as institucións que o sosteñen, por isto nosa posición será sempre o combate á relixión tanto á súa doutrina como ás súas institucións. Con todo a relixión non se desmonta simplemente mostrando a falsidade das prédicas que difunden. A relixión é un mecanismo opresor que se apoia nun conxunto de institucións que forman unha xerarquía eclesiástica e que cumpren o seu papel como apoio do estado e do sistema patriarcal.
A emancipación das mulleres será unha utopía se non vai acompañada da loita contra toda relixión, que sostén e perpetúa a esclavización das mulleres.
Mulleres Vermellas
Novembro 2010


No hay comentarios:

Publicar un comentario